BO NADAL PARA TODOS!!!

pequesreboreda

Despedimos o primeiro trimestre desexándovos unha felices festas a todos!!! Pasade uns bos días de descanso, disfrutade da fantasía, e, sobre todo, contaxiádevos da ilusión e alegría dos pequenos. Non esquezades que non hai que perderse no consumismo o que eles precisan por riba de todas as cousas e a vos e a vosa atención.

FELICES FESTAS E GRAZAS POR TODO O VIVIDO XUNTOS NO 2016, ESPERO QUE NO 2017 SIGAMOS COMPARTINDO CENTOS DE AVENTURAS!!!

diciembre 24, 2016 | Leave a comment  

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

pequesreboreda

Estamos de vacacións, chega o tempo da ilusión. Os Apolos estivemos moi ocupados estes días preparando elementos de decoración de nadal. E fixémola con moitísima ilusión.
Aquí tedes un resumo!

diciembre 22, 2016 | Leave a comment  

APOLOS E XIRASOIS PLANTAMOS CEBOLAS

pequesreboreda

E antes de marchar de vacacións inda fomos plantar a nosa horta. Nesta ocasión unhas estupendas cebolas. Fixemos equipos para organizarnos mellor, uns facían buratos, outros botaban abono, outros metían as cebolas no burato e os último grupo tapaba.

Fixéronno moi ben, son uns auténticos especialistas!!!

diciembre 21, 2016 | Leave a comment  

CONSTRUIMOS UN ROBOT SOLAR

pequesreboreda

Xa temos o escornabot montado e mentres programo o arduino puxémonos mans a obra con outro “xoguetiño” que nos acaba de chegar da China. Trátase dun robot que anda con enerxía solar pero… Mellor que volo conten os Apolos

Chegou o robot solar e na hora dos recunchos chegaron os primeiros equipos con ganas de construilo.
O primeiro equipo tivo que desmoldar todas as pezas, cousa que nos levou bastante tempo, aproveitamos para organizalas por cores para que fosen máis sinxelas de buscar. E, traballa que traballa, nesta primeira semana fomos capaces de facer a cabeza e o corpo.
A min déixanme coa boca aberta!!!

diciembre 19, 2016 | Leave a comment  

A NOSA BATCOVA É UN RECUNCHO MÁIS DE XOGO

pequesreboreda

Aproveitando o tema dos superheroes o equipo de Infantil pensamos en crear un recuncho de xogo relacionado co proxecto onde puideramos xogar todos. O mellor sitio que atopamos foi a entrada da biblio así que cos cartóns que nos trouxo a mamá de Carla e Ainoa, o inxenio e boa man da profe Rosa e de Tere a xefa de estudos e, por suposto, a colaboración das familias dos Apolos que nos mandaron unha chea de cousas para xogar inaguramos este recuncho.
Fixemos dous equipos para non amontoarnos e fomos xogar. Aproveitamos para poñer as capas, completamos o traxe cos antifaces, coloreamos os libros de Lady Bug, xogamos co martelo de Thor, usamos os brazaletes e espadas, xogamos coas cartas dos superheroes, tentamos facer puzles, puxemos sellos de Spiderman… En fin, un non parar!!
QUERO DARVOS SINCERAMENTE AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN, SEN VOS NON SERÍA POSIBLE. SODES FANTÁSTICOS!!!

diciembre 16, 2016 | Leave a comment  

LINGUA E BOLBORETAS

pequesreboreda

A lingua das Bolboretas» é un relato realmente fermoso (e película despois) de Manuel Rivas que nos conta a relación dun neno co seu maestro, nun momento complicado da historia española.
E sin relación algunha, máis que polos protagonistas, estos grandísimos «Supercientíficos», que non só son «Super» nas Ciencias, fixeron este incrible traballo colaborativo sobre as bolboretas en resposta ao desafío que lles propuña o libro de «Lengua» e a súa Titora, a profe Tere.
Extraordinario!

diciembre 15, 2016 | Leave a comment  

FACEMOS KRIPTONITA:ÉXITOS E FRACASOS

pequesreboreda

Estes días estivemos liados resolvendo as preguntas que nos propuso Margarida, a mascota da biblio, no seu blog. Pero, ademais das preguntas había un reto, facer kriptonita. Así que os Apolos puxémonos mans a obra. Despois de ver o que sabiamos deste metal fixemos unha primeira proba seguindo o vídeo que publicou Margarida e logo creamos a nosa propia.

Aquí tedes a nosa primeira incrusión pero, nos vindeiros días, contarémosvos máis.
É verdade que algúns intentos de kriptonita quedaron en boas intencións pero tamén fixemos outros con grande éxito. Xa vedes que levamos uns días super atarefados. Iso si mirade a cara deles cando triunfámonos, non ten prezo!!!
O mellor de todo foi cando chegou á hora de contestar a pregunta da biblioteca… Non vos adianto máis. Mirade, mirade!!!

Xa vistes que estamos tentando facer kriptonita. Primeiro fixemos a idea que vimos no blog da biblioteca adaptándoo a nosa realidade e foi ben pero cando nos puxemos a experimentar nos sos a cousa non foi tan ben. Fixemos un par de intentos usando materiais diversos pero… nin kriptonita, nin nada.

diciembre 14, 2016 | Leave a comment  

PLANTANDO NO INVERNADOIRO

pequesreboreda

Cada semana e cando o tempo nos deixa, os choquetes imos por grupiños a coidar da nosa horta. Nesta ocasión decidimos plantar dentro do invernadoiro porque non sabemos que pasou pero os bichiños deixáronnos sen verdura. Fai unhas semanas que visitamos a horta por primeira vez e plantamos verdura, allos e… aos poucos días non había nin rastro da verdura, polo que nesta ocasión cambiamos de estratexia. Plantamos dentro do invernadoiro a ver así os bichiños non dan con ela. Mirade que ben traballan estes pequenos agricultores nos seus primeiros días na horta!

diciembre 13, 2016 | Leave a comment  

ULTIMOS ANIVERSARIOS DO ANO

pequesreboreda

Antes de rematar o ano e antes de chegar as vacacións do Nadal, fixemos unha única festa de aniversarios, xuntando aos do mes de novembro e os do mes de decembro. Decoramos as coroas e merendamos ricos biscoitos. Ahí vos deixamos recordiños destes momentos.

diciembre 12, 2016 | Leave a comment  

AVENTURAS INVERNAIS DE IREA E FAMILIA

pequesreboreda

Irea cando vai a Vieiros fai un montón de cousas interesantes e sempre quere compartilas cos seus compis. Nesta ocasión recibíu un e-mail cheo de fotos de como se vive alí a chegada do inverno. Grazas a estes pequenos aventureiros e aventureiras estamos a recorrer moitos recunchos con encanto dentro da nosa contorna, descubrimos divertidas formas de disfrutar dos nosos momentos de lecer. A presentación e explicación das presentacións fotográficas axudan ao choquetes, e sobre todo aos máis tímidos, a contarnos cousiñas. Sempre é máis doado facelo desde cousas moi cercanas a nós, porque son cousas moi importantes para eles e sempre lles gusta compartilas cos seus compis e esquecen que están a falar en público e que son o centro de atención de todas as miradas. Cada día facelo mellor!

Noraboa Irea!!!

diciembre 7, 2016 | Leave a comment  

Next Page →