OS FROITOS DO OUTONO: SOLUCIÓNS

pequesreboreda

LEMBRADES O XOGO DOS FROITOS DO OUTONO?
froitas

Aquí tedes a solución:

O caquí e xaponés.

Os tamarillos de América Latina.

As mandarinas, granadas e as noces son de Asia

Iso sí a uva branca albariña é galega!!

noviembre 30, 2016 | Leave a comment  

WEBQUEST DOS ECOSISTEMAS

pequesreboreda

A profe Amparo preséntamos esta webquest para traballar os ecosistemas na aula. Os nosos alumnos de 5ºA xa están lendo, aprendendo e traballando. E vos daremos conta dos seus avances nas vindeiras semanas. Mentres tanto…

Animádevos a probar?

webquest

noviembre 29, 2016 | Leave a comment  

FROITOS DO OUTONO: XOGO DOS ALUMNOS DE 5º

pequesreboreda

Unha vez máis en experimentando coa ciencia temos unha nova pregunta para pescudar.

Podería parecer que o outono, coa caída da folla e o murchar das árbores, fora unha estación onde non tiveramos froita de tempada. Nada máis lonxe da realidade. Son moitas as froitas típicas destas datas: Castañas, noces, avelás, améndoas, uvas, cabazas, feixoas, peras, granadas, mandarinas, figos, membrillos, caqui, tamarillos, …. Froitos secos uns e carnosos os outros.

Pero, …

Son todos eles típicos ou autóctonos das nosas terras?
 
Saberíades dicirnos cal é a procedencia de algúns deles?
froitas
noviembre 28, 2016 | Leave a comment  

VISÍTAMOS O COMITÉ ORGANIZADOR

pequesreboreda

Un ano máis apareceu Alejandro no noso cole e aproveitamos para compartir con el todo o que estamos facendo. Ensinámoslle a horta dos pequenos, falamos do proxecto dos superheroes, dos incendios en Ventosela que nos teñen moi preocupados, do proxecto dos animais que están levando a cabo os de 6º e tamén estivo na aula tocando as plantas sensitivas.
Un pracer compartir un anaco do noso tempo con el. E agora, a seguir traballando!!!

VISITA VOZ NATURA

noviembre 24, 2016 | Leave a comment  

O ESCORNABOT CASE LISTO!!

pequesreboreda

Os Apolos levan semanas atarefados construindo o noso robot. Van tres días a semana ao recuncho os que queren así que os avances son lentos. Aquí tedes un resumo de coma vai a cousa.
Mirade a reacción de David ao final do vídeo, so por iso xa valeu a pena todo o proxecto!!!

noviembre 23, 2016 | Leave a comment  

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

pequesreboreda

Hoxe celebramos o día dos bosques autóctonos pero, que é un bosque autóctono?
Trátase dun bosque con determinadas características biolóxicas onde as especies que se dan pertencen a ese ecosistema e non foron atacadas por outras especies introducidas nese espazo.
Por desgraza, hoxe en día, na nosa terra cada vez temos menos espazos onde se den están características porque os incendios e as repoboacións descontroladas fan que se planten especies que medran rápido e que responden máis a intereses económicos que as propias necesidades do medio. Un dos casos máis reseñables na nosa comunidade é plantación indiscriminada de eucaliptos, árbore foránea que medra con moita rapidez, absorbe a auga que precisan as especies autóctonas e empobrecen o espazo no que se planta.

Por se iso non fose pouco, os incendios encárganse de rematar con gran parte do noso bosque autóctono. Este verán sufrimos os incendios ao lado do noso cole en Ventosela, O Viso, Soutomaior… Por iso as nosas accións do día o monte están encamiñadas a recuperar a zona de xeito responsable.
incendios ventosela

Este ano que temos coma proxecto de centro os superheroes debemos plantearnos que podemos facer nós coma Superheroes ambientais para preservar os nosos bosques.

noviembre 23, 2016 | Leave a comment  

A BATCOVA DA BIBLIOTECA

pequesreboreda

Unindo un pouco o noso proxecto dos superhéroes e as celebracións destes días, na entrada da biblioteca do cole fixemos una batcova moi oscura e sinistra. Os choquetes quixeron contribuir un pouco nesa decoración e fixeron as terribles arañas que danzan se parar do teito da cova xunto a uns simpáticos morcegos. Resultou ser un recunchiño moi especial para contar historias de medo ou para xogar aos superhéroes. Ao longo do curso a cova irá cambiando e xa vos seguiremos mantendo informados. Agora vos deixamos imaxes dese traballo.

noviembre 21, 2016 | Leave a comment  

SAMAÍN E MAGOSTO

pequesreboreda

Este ano no cole decidimos xuntar as festas do Samaín e do Magosto porque son duas celebracións moi próximas e pareceunos boa idea xuntalas. En Infantil os profes xuntámonos e decidimos organizar a mañá para que os peques disfrutasen o máximo posible. Organizamos catro talleres: na aula do profe Esteban un taller de cociña terrorífica facendo arañas con galletas e chupachups e cabazas con mandarinas, na clase da profe Rosa un taller creativo para decorar os cestos das castañas e convertelos en monstruos, na clase da profe Aída maquillaxe e construcción de títeres de medo-dedo e na batcova unha sesión de contos de medo feita por min.
Fixemos catro equipos con nen@s de todas as aulas para que fosen xuntos aos talleres, xuntámonos no salón de actos e puxemos a cada neno un gomets dunha cor para que soubesen a que equipo pertencían.

Os grupos estaban en cada taller 30 minutos e despois cambiaban ao seguinte, de xeito que todos os nen@s, ao longo da mañá ían pasando por todos os talleres.

Chegamos a queima de medos no patio. Logo merendamos rosquillas que nos agasallou a ANPA e despois de rematar os talleres comemos as castañas.
Os peques pasárono xenial e foi un día moi divertido e especial!

noviembre 16, 2016 | Leave a comment  

DEDOS DE MONSTRUO

pequesreboreda

Inda que este ano estamos moi ocupados cos robots non podiamos deixar de lado todo o que aprendemos o ano pasado de cociña así que, aproveitando a celebración do Samaín, fomos A cociña para facer uns deliciosos dedos de monstruos, verdes, viscosos, con unllas longas e ensanguentadas… vamos, unha delicia!!!

QUEREDES UN POUCO?

 

noviembre 15, 2016 | Leave a comment  

DENDE EXPERIMENTANDO COA CIENCIA: » A SUPERLÚA»

pequesreboreda

Pois si, polo visto hoxe hai unha SUPERLÚA, a máis grande e brillante rexistrada nos últimos 70 anos.
E POR QUE ACONTECE ESTO?
Pois, parece ser, segundo as estimacións da NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e do Espacio dos EEUU), que as lúas cheas destes outubro, novembro e decembro teñen lugar cando a lúa está no seu «perixeo»(punto máis preto de aproximación na súa órbita ao redor da Terra).

Nesta posición o noso satélite aparecerá un 14% máis grande e un 30% máis brillante no ceo.

Este 14 de novembro espérase que a lúa chegue ao máximo da súa fase completa durante a tarde, sobre as 13:52 h., pero aparecerá chea ao observador no día antes e despois do evento.
Por se hai nubes, chove, … e non se pode ver o ceo, aquí vos deixamos un enlace para poder ver a Superlúa en directo: SKY-LIVE.TV

Gracias aos alumnos de 5º e o seu blog por informarnos tan ben!!
noviembre 14, 2016 | Leave a comment  

Next Page →