O ESCORNABOT

pequesreboreda

A semana pasada chegou un paquete ao noso recuncho dos robots. Unha caixa pequena e branca con moitas pezas: motores, parafusos… Parece que hai un robot pero sen montar.

É moi raro, non parece un robot.
Ademais temos unhas instruccións e ferramentas así que, despois de investigar o material comezamos a construír.
Esta semana foi de proba pero xa veredes coma melloramos o proceso.

O vídeo está bastante movido, empezamos un par deles no recuncho pero acabaron alí case todos e non me deixaban sitio para gravar!!!

octubre 30, 2016 | Leave a comment  

A MANTIS

pequesreboreda

Aquí tedes un resumo dalgunhas das cousas que investigaron os alumnos de 5º:

Se queredes saber máis, tedes toda a información en

 http://experimentandocoaciencia.blogspot.com.es/2016/10/mantis-sabemos-mais.html

octubre 27, 2016 | Leave a comment  

OOTECA DE MANTIS

pequesreboreda

Lembrades o reto que tiñamos de experimentandocoaciencia, pois aquí tedes a resposta:

É un capullo de mantis.

 

Nun días vos contaremos máis cousas da mantis, pero primeiro investigade un pouco.

octubre 25, 2016 | Leave a comment  

PALABRAS DE CARAMELO

pequesreboreda

Os alumnos de 6º estamos a ler «Palabras de Caramelo«, de Gonzalo Moure.  E para entender mellor a contorna onde se desenvolve a historia atopamos este fantástico vídeo de Aleix Saló onde se explica o conflicto do Sahara Occidental.

Para nos foi moi ilustrativo, esperamos que tamén vos serva para entender mellor o mundo que nos rodea e coma a historia inflúe na nosa propia evolución e posibilidades de vida.

octubre 24, 2016 | Leave a comment  

VISITA AO MEIRANDE E A ILLA DE SAN SIMÓN

pequesreboreda

O pasado martes, os meus compañeiros e máis eu baixamos a pé a Redondela. O motivo era realizar unha visita ao museo Meirande e a illa de San Simón, agasallo que recibimos por gañar o I Concurso de Teatro Radiofónico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Como non estamos acostumados a andar tanto, ao chegar ao peirao de Cesantes descansamos e comemos algo para recuperar forzas. De seguido chegou o barco que nos ía levar a nosa primeira parada: Meirande. Para nós non era algo novo xa que estiveramos alí noutra ocasión, pero ainda así resultounos moi interesante. Ensináronnos unha réplica da sala do capitán, os cañóns e a bodega dun barco e tamén vimos uns vídeos sobre a Batalla de Rande e o choco.
Ao finalizar a visita embarcamos de novo rumbo a illa de San Simón. O primeiro que fixemos ao chegar, foi cantar a cantiga de Mendiño en homenaxe aos trovadores medievais Johan de Cangas, Martín Códax e Mendiño. A continuación dividíronnos en dous grupos e acompañados dunha guía comenzamos a visita. Levounos, en primeiro lugar, a visitar a capela onde se atopa a imaxe do santo que lle da nome a illa. A San Simón fáltalle as dúas mans e según nos contou a guía hai dúas versións que explican o por que.
Había varios edificios, un que era antes un comedor transformado agora en cafetería, outro que primeiro foi un hospital e logo unha cárcere.
Contáronnos porque a illa de San Simón lle chamaban a illa limpa e a San Antón a illa sucia. Isto era porque os barcos que viñan de facer grandes travesías, antes de poder desembarcar, tiñan que pasar cuarenta días na illa, e os que padecían enfermidades contaxiosas eran levados a illa de San Antón e tiñan prohibida saír de alí.
A través dunha ponte accedemos a illa de San Antón, onde se atopa o ceminterio e un edificio transformado en museo con fotografías de diferentes épocas. Voltamos a illa de San Simón e fixemos a última parada onde a guía nos amosou un cruceiro na illa de San Bartolomeu que rinde homenaxe a uns homes que perderon a vida alí ao volcar a pequena embarcación na que ían.
A paisaxe das illas é moi fermosa con árbores con máis dun século de vida como os que forman o Paseo dos Buxos.
Finalizada a visita volvemos a coller o barco que nos levou de volta ao peirao de Cesantes e de alí fomos andando ata o colexio.
Cris
SAN SIMON

octubre 21, 2016 | Leave a comment  

DENDE «EXPERIMENTADO COA CIENCIA», PROPÓÑENNOS UN RETO.

pequesreboreda

 SABEDES QUE…?CAPUILLO

Vedes ben esta imaxe?
É unha pupa, ooteca, … vamos, un pequeno capullo, onde algún insecto depositou o seus  pequerrechiños ovos, sobre 200 ou 300. Temos un coma este na aula. Os bos «exploradores» seguro que se deron conta se visitaron o recuncho de exposición de «bichiños». Foi un agasallo da profe Luisa.
Pero, … Seredes quen de averiguar a que insecto pertence?
octubre 20, 2016 | Leave a comment  

VERZAS E COLIFLOR

pequesreboreda

Coma xa temos a horta preparada para traballar estamos aproveitando estes días para plantar. Tendo en conta a época do ano na que estamos plantamos verzas e coliflor. A ver se hai sorte e dentro de nada temos unha boas verduras para comer.

octubre 19, 2016 | Leave a comment  

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

pequesreboreda

naturaleza
Aproveitando que hoxe celebramos o día mundial da protección da natureza e que estamos traballando o tema dos superheroes, falamos na aula de que podiamos facer para mellorar a nosa contorna e unha vez máis volvemos falar dos incendios que este verán asolaron os arredores do cole. Os nosos superheroes queren unha natureza rica, forte e lonxe dos villanos que acaban con ela.
Os maiores aproveitaron para buscar artigos en prensa sobre a natureza e atoparon o artigo das avellas que se completou coa visita do avo de David.
E para protexer a nosa horta hoxe veu Fabián a colocarnos un invernadoiro. Clica na imaxe

collage
Así o celebramos nos, e vos como o celebrástedes?

octubre 18, 2016 | Leave a comment  

HOXE LIAMOS NA VOZ DE GALICIA…

pequesreboreda

ABELLAS
Las autoridades ya han retirado este año en Galicia un récord de más de 5.300 nidos de velutina
A Coruña concentra un 63 % de las colonias de avispa asiática neutralizadas y Pontevedra un 26 %.

E mentres liamos isto chegou pola porta o avó de David cun niño de avella asiática que retiraron en Reboreda fai uns días e na escola viñeron a retirar outro do patio superior.
Nos próximos días vos amosaremos as fotos do niño e todo o que aprendemos.

octubre 18, 2016 | Leave a comment  

OS APOLOS FALAN DA SÚA VISITA AO RECUNCHO DA CIENCIA

pequesreboreda

Despois de visitar aos Exploradores, os Apolos chegaron a aula entusiasmados e con moitas ganas de falar. Aquí tedes o resumo da súa visita contada por eles mesmos.

octubre 17, 2016 | Leave a comment  

Next Page →