OS SUPERHEROES

pequesreboreda

Levamos algúns días falando de quen son os superheroes para iniciar o noso proxecto. Pouco a pouco descubrimos algunhas cousas interesantes coma que van disfrazados para que os villanos non saíban que son persoas, que teñen poderes (ás veces porque lles pica un animal), que algúns voan e que sempre gañan.

Sabemos algunhas cousas pero tamén temos dúbidas porque non sabemos de onde sacan o seu poder algúns superheroes, e tamén hai algúns que inda non coñecemos e non temos claro porque os villanos son tan malos así que imos ter que traballar a reo.

De entrada fixemos unha pequena compilación de ideas que colocamos na porta para telas presentes.

septiembre 30, 2016 | Leave a comment  

REENCONTRÁNDONOS COA NOSA HORTA

pequesreboreda

Este ano celébrase o 20 aniversario dos proxectos escolares Voz Natura e non temos un tema asignado así que imos aproveitar o noso tema de centro para facer actividades de coidado e protección da nosa contorna.
De momento estes días aproveitamos para recoller os froitos do noso traballo durante o ano pasado.

septiembre 29, 2016 | Leave a comment  

QUE FOI DAS BOLBORETAS QUE CRIAMOS O CURSO PASADO?

pequesreboreda

O curso pasado estivemos moi atarefados coidando dos vermes do fiuncho pero marchamos de vacacións antes de que naceran as bolboretas. Aos poucos días sairon da crisálida e algúns Apolos achegáronse a velas.

Aquí vos deixo un resumo de todo o traballo que fixemos coas bolboretas que plasmamos nun lapbook.

septiembre 28, 2016 | Leave a comment  

NOVO CURSO, NOVO PROXECTO E NOVAS IDEAS

pequesreboreda

VOZ NATURAArrancamos un novo curso con ganas e ilusión. Este ano temos unha chea de ideas para coidar o medio que nos rodea e irémosvos dando conta das mesmas puntualmente. Así mesmo, darémolles unha volta ao blog, estamos negociando para reformar por completo a horta dos pequenos e temos conformado un equipo de supervixiantes do patio para que velen polo coidado e limpeza do noso cole.

Este ano no cole de Reboreda imos convertermos en SUPERHEROES e imos usar os nosos poderes para mellorar o mundo que nos rodea. Seguide atentos as nosas aventuras porque…

Comenzaaaaamooooossss!!!

septiembre 27, 2016 | Leave a comment