DÍA DOS XOGOS PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS

pequesreboreda

18 mayo 2016

O luns, 16 de Maio, no cole quixemos festexar o día das letras galegas, cunha chea de actividades. Primeiro fixemos o izado de bandeiras, escoitamos poemas de Manuel María, cantamos o himno. Despois fomos depositar na mesa solidaria as nosas aportacións ao banco de alimentos. E despois do recreo participamos sen parar por cada un dos xogos que nos esperaban nos diferentes recunchos do patio. O xogo da chave, a corda, as gomas, os aros, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das cadeiras,… Os peques estaban un pouco asombrados pero os meus “exploradores” de 4º A quixeron acompañarnos e axudarnos en cada una das actividades, que fermoso é ver como os maiores axudan aos pekes e os guían. Mirade, mirade!!! Deixámosvos ver uns minutiños deses momentos!

mayo 23, 2016 | Leave a comment  

VÍDEO RESUMO PARA O CONCURSO DE VÍDEOS DE VOZ NATURA

pequesreboreda

Un ano máis imos participar no concurso de vídeos de Voz Natura. Nesta ocasión fixemos unha pequena presentación de fotos resumindo algunhas das actividades que fixemos.
O prazo para comezar a votar comeza o día 20 de maio así que non vos esquezades de facelo.

mayo 19, 2016 | Leave a comment  

VICENT E RITA ENSÍNANNOS A COMER BEN

pequesreboreda

Fai uns días que viñeron a visitarnos Vicent e Rita e déronnos unha gran charla, na que aprendemos cales son os alimentos que debemos comer e algunas normas básicas a ter en conta na hora da alimentación, como por exemplo a limpeza das mans para coidar o noso organismo. Mirade cantas cousas aprendemos!

MOITAS GRAZAS A VICENT E A RITA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS


mayo 12, 2016 | Leave a comment  

PASTEL SALGADO

pequesreboreda

A nosa horta comeza a dar os seus primeiros produtos de temporada e como xa temos unhas leitugas moi fermosas quixémolas probar. Para elo preparamos un pastel salgado de atún e outro de xamón e queixo.

Tanto un como o outro estaban exquisitos.!!!!

Clicade na imaxe para ver as fotos.
PASTEL SALGADO

mayo 11, 2016 | Leave a comment  

OS CHOQUETES TAMÉN CELEBRAN O SEU PRIMEIRO DÍA DA ÁRBORE

pequesreboreda

Chegou un dos días con máis arraigo na escola de Reboreda, o día da árbore. Este ano acercámonos ao monte, “Chan da Costa”. Logo agasalláronnos cunha rica merendola a ANPA do cole e para rematar xogamos sen parar. Os choquetes gozaron do lindo! Mirade que ben o pasamos!!!

mayo 4, 2016 | Leave a comment  

DÍA DA ÁRBORE

pequesreboreda

Un ano máis celebramos o día da árbore en colaboración coas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela. Un día en contacto coa natureza, xogando, plantando e disfrutando do aire libre.

PERO ADEMAIS ESTE ANO…

 RECUPERAMOS OS ECOSISTEMAS AUTÓCTONOS EN COLABORACIÓN COA COMUNIDADE DE MONTES: este ano ademais de pasar un día no Monte e aproveitando o tema de Voz Natura deste curso fixemos unha repoboación de coellos no Monte de Chan da Costa, en Reboreda. Os coellos sufriron a peste e esta acabou con eles. Ao faltar os coellos todo o ecosistema se deteriora porque os raposos non teñen que comer, o chan perde nutrientes da defecación dos coellos… Para poder axudar a que este ecosistema non desapareza a comunidade de Montes soltou no monte 200 coellos. Para poder soltalos os coellos trouxéronse das Illas Ons, onde se da o coello autóctono. Estes coellos críanse en granxas cinexéticas e cando teñen, máis ou menos, seis meses sóltanse no monte nun biotopo. Isto é unha madrigueira artificial feita con elementos naturais do monte nun recinto pechado.

mayo 2, 2016 | Leave a comment