TEMOS EIRUGAS PERO… QUE IMOS FACER?
Coma sabedes un ano máis estamos a criar os vermes de seda, pero hoxe sucedeu algo incrible no patio. Cando volviamos para clase Zaira dixo que Carla tiña unha eiruga no cabelo e así era, alí estaba, unha eiruga verde e alongada. Collémola e levámola a aula. Un neno da aula do profe Esteban atopou outra así que clase falamos delas.
David púxome na pista de onde atopalas porque dixo que as había na casa de Teo e que eran malas. Teo confirmou a historia e dixo que estaban nos buxos, así que fomos a buscalas. E alí estaban. O buxo estaba plagado delas o que xa me deu mala espiña.
Collemos unha cuantas para velas ben e fomos pedirlle a profe Luisa un recipiente para colocalas.
Eu este ano quería criar bolboretas cos nenos e aí tiñamos as eirugas pero… Despois da historia de David e Teo tiñamos que buscar información así que puxemos no google “eiruga do buxo” e descubrimos que é unha especie invasora de Asia que acaba cos buxos.
Así que agora teño as eirugas na clase e un gran dilema moral sobre si crialas ou desfacerme delas.
Mañá falarei cos Apolos e a ver que pensan eles, seguide atentos!!!
O NOSO INVERNADOIRO
Este ano temos unha nova adquisición para a horta gracias o programa Voz Natura, un invernadoiro.
AS COUSAS QUE NOS TRAE A PRIMAVERA
Chegou a primavera e os Apolos sorprendéronme preguntando polos vermes de seda. Lembraban que gardaramos os ovos e estes ian descansar ata a primavera. Levan uns cantos días co mesmos conto pero entre unhas cousas e outras pasaba a mañá sen ir a ver os ovos así que decidimos poñer fin a incertidumbre e… isto foi o que pasou!!!
ALMORZAMOS NO COLE: BROCHETAS E MAGDALENAS
Un venres máis volvemos a almorzar no cole, nesta ocasión coma xa vos contei aproveitamos a visita ao mercado e o traballo que fixemos previo a esa visita para reforzar as nosas aprendizaxes mercando no super e, ademais, cociñar as nosas propias magdalenas.
A semana pasada foi a semana da froita no cole e coma cada día nos sobrou algunha peza de froita, aproveitamos que o noso almorzo ten que ter lácteos, proteínas, cereais e froita para facer brochetas e almorzalas xunto co leite e as magdalenas.
Nesta ocasión a mecánica do almorzo cambiou un pouco e non almorzamos por equipos senón que todos comemos o mesmo pero aínda así estivo moi ben.
Aquí vos deixo un resumo!!!
MAGDALENAS DE CHOCOLATE CON LACASITOS
Despois de ir ao super polos ingredientes tocaba día de cociña. Imos preparar magadalenas para o noso almorzo do venres no cole.
Cada día os Apolos son máis expertos e, a verdade é que da xenio velos cociñando e vendo coma manexan termos culinarios. Nesta ocasión eles levan todo o peso da receita lendo os pasos a seguir e as cantidades a usar. Fixéronno verdadeiramente xenial, deixanme sen palabras e fan o difícil moi sinxelo. É un verdadeiro pracer compartir estes momentos con eles.
Non vos digo máis. Mirade que ben o fixeron.
O MERCADO DOS APOLOS
Despois de visitar o mercado de Redondela decidimos facer un mural para plasmar todo o que aprendemos na nosa visita. Aproveitamos para pintar, recortar, pegar e crear o noso propio mercado. Pasámolo moi ben e quedou chulo.