COMENDO AS ACELGAS DA HORTA

pequesreboreda

O outro día os nenos de 5º visitaron a horta ecolóxica do Pousadouro e trouxeron unha chea de ideas para a nosa, pero, ademais, viñeron cunha receita de cociña: tortilla de patacas con acelgas.
Na horta tiñamos unhas acelgas dignas de ver e de comer así que as collemos e decidimos poñernos mans a obra. Estaba deliciosa.

marzo 31, 2016 | Leave a comment  

AS LENTELLAS DOS DE 5º

pequesreboreda

O pasado xoves preparamos lentellas para as compañeiras de 5º A.
Despois de cociñar unha rica ensalada fomos a probar a súa receita.
MOITAS GRAZAS!!! ESTABAN RIQUÍSIMAS!!

marzo 30, 2016 | Leave a comment  

COCIÑAMOS AS LENTELLAS

pequesreboreda

A semana pasada celebramos a semana das lentellas, os coquiños fixeron una presentación preciosa falando das variedades e do orixe das lentellas. O venres, foi o turno dos pequesreboreda para preparar e degustar platos feitos con lentellas. Os peques para esta ocasión invitaron a Santos, o pai da profe Cris, para axudarnos a preparar a nosa receita, xa que Santos é un gran cociñeiro. Queredes ver a estes peques traballando cóbado con cóbado con Santos? Pois mirade que traballo tan bonito fixeron todos xuntos, unha receita colaborativa.

marzo 21, 2016 | Leave a comment  

AS LEITUGAS

pequesreboreda

Seguimos poñendo a punto a nosa horta. Hoxe plantamos leitugas e puerros. Ademais xa veredes como empregamos elementos cotiáns para axudar aos nosos cultivos. Nos vos conto máis.
Mirade.

marzo 16, 2016 | Leave a comment  

ALMORZAMOS NO COLE: O BOCATA PERFECTO

pequesreboreda

Un mes máis tocounos almorzar no cole. O tema deste mes eran os bocatas. Tentamos facer o bocata perfecto, un que levase lácteos, vexetais, proteínas e cereais. Aparentemente é sinxelo pero á meirande parte dos Apolos non quere queixo así que nos faltaría o lácteo. Para arranxar iso decidimos facer pan de leite.

Preparámolo o día anterior. Tivemos algún percance coma veredes no vídeo porque non botamos as cantidades exactas e se nos empezuñou, aínda así, xa veredes que pasou.

 

Pero, ademais do pan, tivemos que facer traballo previo para poder preparar o noso bufet xa que chegamos a conclusión de que non a todos nos gustaban os mesmos bocatas así que, en vez de escoller o menú por equipos, o mellor de xeito de almorzar todo, era facéndoo a través do bufet.
Aquí tedes un resumo de todo o que fixemos e coma resultou o almorzo.

marzo 10, 2016 | Leave a comment  

AS LENTELLAS 1

pequesreboreda

Coma xa vos contamos no primeiro trimestre, este ano celébrase o Ano Internacional dos Legumes e aproveitando o tema deste ano do centro estamos traballando a importancia dos legumes. Este trimestre adicámolo as lentellas. Durante a semana pasada fixemos moitas actividades incluindo a visita ao mercado de Redondela para comprar ingredientes para poder cociñalas no cole.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que levamos feito. Nos vindeiros días vos amosaremos a degustación.

 

marzo 8, 2016 | Leave a comment  

TRANSPLANTANDO OS AMORODOS

pequesreboreda

Seguimos aproveitando estes días de sol para seguir traballando na horta. Nesta ocasión aproveitamos para levantar os amorodos do ano pasado e cambialos de ubicación, ademais é un xeito de sanear as prantas e de facer máis efectiva a producción.

marzo 4, 2016 | Leave a comment