VOLTAMOS A SEMENTAR

pequesreboreda

Os maiores xa están poñendo a horta ao día. Aproveitaron para limpar os pneumáticos, falar unha fila nova para prantar amorodos, usaron as follas recollidas para usar de abono ecolóxico e prantaron cebolas.
Aquí tedes un resumo.

febrero 29, 2016 | Leave a comment  

O XOGO DA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

pequesreboreda

No noso taller matemático semanal aproveitamos para aunar o traballo de lóxica co proxecto dos alimentos. Durante a semana preparamos unha pirámide entre todos. Cortamos dos catálogos publicitarios alimentos dos diferentes grupos, pintamos con pinceis os eslabóns da pirámide e o venres xogamos todos xuntos.
Para iso preparamos un dado coas cores da pirámide e unha das caras de cor branco, cor que viña sendo o comodín e nos permitía escoller o eslabón da pirámide que quixeramos.
Por outro lado, tiñamos outro dado numérico así que por quendas tirabamos os dous dados e debiamos colocar o número de alimentos na cor correspondente.
Custounos un pouco porque xogamos despois do bufet e coa barriga tan chea e difícil pensar… pero aínda así pasámolo ben e serviunos para repasar o que estamos traballando estes días.

febrero 24, 2016 | Leave a comment  

XOGAMOS

pequesreboreda

Despois de traballar arreo coa pirámide alimentaria e de facer o buffet e o momento de repasar xogando.
Clicade para acceder ao xogo lim.

obuffet

febrero 22, 2016 | Leave a comment  

ESTAMOS PARA COMERNOS!

pequesreboreda

Hoxe disfrutamos dun espléndido día solleiro para celebrar o entroido polos camiños de Reboreda.
Estivemos días e días cortando e pegando papeliños para confeccionar os nosos vistosos gorros de brécol. Foi un traballo arduo quedándonos nos recreos a facer os gorros, pero tamén compartindo traballo e risas. O resultado mereceu a pena.
Agora so nos queda preparar algún plato con brécol que din que é moi saudable.

Clicade na imaxe para ver as fotos!!!

 BRECOL

febrero 19, 2016 | Leave a comment  

OS APOLOS CONVÉRTENSE EN HORTELÁNS

pequesreboreda

Este ano os pequesreboreda decidimos disfrazarnos de “Peque Mercado”, así que cada aula escolleu un posto e disfrazouse del. Os Apolos escollemos os horteláns e traballamos arreo durante dúas semanas para sacar adiante os nosos traxes. Un ano máis contamos coa axuda das familias que cortaron, pegaron e montaron mandís e enchéronse de cortar froitas e verduras en goma eva. Logo na clase cada Apolo montou o seu mandil e a súa cesta ao seu gusto, e así quedaron.

E chegou o día do desfile, preparación, maquillaxe e listos para dar un pequeno paseo por Reboreda. Despois sesión de baile, orellas que nos agasallaron dende a ANPA e xogos na aula.


E LOGO FOMOS DE DESFILE!!!

febrero 18, 2016 | Leave a comment  

DEGUSTACIÓN PRODUCTOS DO ENTROÍDO

pequesreboreda

Estamos gratamente sorprendidos pola participación das nosas familias en cada una das actividades que lles propoñemos porque sempre nos deixan sen palabras. Tivemos doces tradicionais galegos, como: orellas, filloas, roquillas de anís, bica,… Pero tamén tivemos doces de Valencia, como son os buñuelos, doces de Marrocos como son as facas e outros doces galegos que viñan dende Ferrol como son as tradicionais torrijas de leite e canela.

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA INCONDICIONAL COLABORACIÓN!!!

febrero 16, 2016 | Leave a comment  

CHEGOU O DÍA DO BUFFET

pequesreboreda

E por fin despois de tantos e tantos preparativos chegou o gran día.
E non é porque o día eu, pero foi un grande éxito dos Apolos.
As normas eran tocar e coller so o que se ia comer, encher aos poucos e repetir todas as veces que se quixeran e facelo todos eles mesmos.
Non vos digo máis, MIRADE!!!

febrero 15, 2016 | Leave a comment  

O BUFFET 4: PREPARANDO TODO

pequesreboreda

Despois de cociñar tocábamos preparar a mesa para dispoñer todo o menú. Para iso tivemos que facer moitas pequenas cousas: colorear os carteis que queriamos poñer, facer manteis usando as troqueladoras, forrar as mesas para que estivesen bonitas, colocar os pratos, vasos…
Pero con boa vontade todo vai saindo adiante!!

febrero 12, 2016 | Leave a comment  

O BUFFET 3: FACEMOS COOKIES

pequesreboreda

A última receita que fixemos para os bufet foron unhas galletas de chocolate. Cos gorros de cociñeiros e seguindo os pasos fixemos unhas galletas riquísimas que arrecendían por todo o cole e facían que o resto dos profes entraran na cociña para ver que estaba pasando.

febrero 10, 2016 | Leave a comment  

O BUFFET 2: FACEMOS PAN

pequesreboreda

Seguimos preparando cousas para o almorzo do venres. Neste caso un delicioso pan caseiro feito con moito agarimo e amor.
O ideal sería ter amasado cos Apolos pero para facer un bo pan que aguantase ata o día seguinte para comelo fresco necesitabamos máis de 4 horas e a xornada escolar non nos da así que botamos man da tecnoloxía e usamos a panificadora.
Aínda así encantoulles a experiencia e estiveron toda a mañá pendientes da máquina.

febrero 8, 2016 | Leave a comment  

Next Page →