OS CHOQUETES E A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
Inmersos no proxecto dos alimentos, os choquetes dan forma a súa pirámide dos alimentos. Coa axuda da profe Cris, cada un dos choquetes foi colocando un alimento no seu lugar correspondente e así xa saben cales son saudables e pódense comer sen problemas e cales non son bos para a saúde.
embedded by Embedded Video
YouTube Direkt
CADROS INVERNAIS
Fai frío verdade? Os Apolos tamén o notamos e por iso nos obrigamos ben e fixemos uns orixinais cadros de inverno.
Mirade, mirade!!!
AXUDANDO A SUPERLOPEZ, NOVO RETO DA BIBLIOTECA
A semana pasada o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.
A INVISIBILIDADE
Unha semana máis volvemos a participar no concurso da biblioteca. A semana pasada o reto era a invisibilidade así que seguindo unhas instruccións fixemos dúas probas e, desta volta, éxito total!!!
A verdade é que Margarida estamos axudando a traballar os superheroes dun xeito totalmente diferente! Mirade que ben o pasamos!!!