O MERCADO DE OUTONO II: AS MAZÁS

pequesreboreda

Seguimos dando conta do noso mercado de outono.
Hoxe é o momento de amosarvos un resumo dalgunhas das cousas que fixemos coas mazás.
Despois, coma sempre, de investigar, ler e ver vídeos sobre as mazás, comezamos a traballar directamente con elas. Aproveitamos para observalas, cheiralas e, por suposto, probalas.
E tamén fixemos un pequeno experimento.

noviembre 30, 2015 | Leave a comment  

O MERCADO DE OUTONO I: AS NOCES

pequesreboreda

Aproveitando o tema do curso e que estamos no outono decidimos traballar as froitas e froitos de outono todo o ciclo de infantil. Culminamos a actividade co mercado otoñal pero, antes de chegar a iso, houbo moitas actividades previas.
Os Apolos estivemos traballando coas noces e as mazas. Primeiro buscamos información na rede sobre as noces, logo falamos en alto de todo o que vimos no ordenador e experimentamos coas noces.
Ademais escoitamos a canción dun barquiño de cáscara de noz e logo fixemos os barquiños.

Aquí tedes un resumo!!

noviembre 27, 2015 | Leave a comment  

TEMPO DE OUTONO NA HORTA

pequesreboreda

Rematou o tempo de recoller e agora hai que por a punto as nosas hortas. Estamos preparando un acolchado de follas para nutrir a terra. Os nenos traballaron arreo para deixar todo listo.

noviembre 26, 2015 | Leave a comment  

O OUTONO CHEGOU A CLASE DOS CHOQUETES

pequesreboreda

Nestes días de outono os choquetes andiveron liados decorando a súa clase cunhas grilandas da tempada. Empregaron diferentes técnicas e recursos plásticos para ter un resultado moi fermoso. Imos ensinarvos como pouquiño a pouco foi chegando o outono á clase dos choquetes e que colorida quedou.

noviembre 25, 2015 | Leave a comment  

MESAS DE TRABALLO PARA EQUIPOS EN MOVEMENTO

pequesreboreda

Este ano vou tentar ensinarvos o que acontece no noso día a día na aula. Coma xa vos dixen temos un taller de matemáticas os venres, un taller de grafismo para mellorar a grafomotricidade e, ademais o traballo de mesa dos equipos.
Na aula temos tres equipos: Os Xardineiros, As ferramentas e Os Constructores. Normalmente os equipos traballan de xeito simultáneo na mesma actividade pero hai días nos que cada mesa ten unha actividade concreta e son os equipos os que se van movendo polas mesas.

A idea é que durante a xornada, dun xeito lúdico e ameno fagan actividades distintas, que impliquen diferentes destrezas educativas, poñan a traballar procesos cognitivos varios e, ademais, fagan que estén activos e motivados.
A semana pasada tiñamos unha mesa con matemáticas otoñais, outra para facer alfabetos alimentarios e unha de traballo plástico.
Véndoo seguro que o entendedes mellor!

noviembre 23, 2015 | Leave a comment  

ALMORZAMOS NO COLE: BATIDOS DE FROITAS

pequesreboreda

Un mes máis os Apolos almorzamos na escola.Este mes xuntamos os lácteos coa froita facendo batidos.
Esta vez si que podo amosarvos un resumo de todo o proceso, dende que se sentan a deseñar o almorzo ata o día que almorzamos todos xuntos. Coma ides ver o almorzo conleva unha chea de actividades previas.
O vindeiro mes contareivos que facemos despois de almorzar na escola.
Mirade con atención o vídeo porque so teñen 4, e algúns 3, anos!!!

noviembre 20, 2015 | Leave a comment  

MAGOSTO

pequesreboreda

Un ano máis os Pequesreboreda celebramos o Magosto xunto ao resto de compañeiros do noso cole. Foi unha xornada moi divertida onde comemos rosquillas que nos deu a ANPA, xogamos no patio dos maiores, vimos coma asaban as castañas e, por suposto, disfrutamos dunhas riquísimas castañas asadas.
Aquí vos deixamos un resumo!

noviembre 18, 2015 | Leave a comment  

MOCOS DE MONSTRUO

pequesreboreda

Este ano quixemos celebrar o Samaín dun xeito máis participativo e ademais das chulas, fixemos de científicos de tolos e creamos na aula Mocos de Monstruos ou o coñecido blandiblu.

Foi un auténtico éxito!!
A QUE QUEREDES PROBAR?

noviembre 12, 2015 | Leave a comment  

ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN

pequesreboreda

Aínda que xa pasaron uns días do Samaín inda non me dera tempo a compilar todo o que fixemos. Este ano, ademais das cabazas, as chulas e os mocos de monstruos pasamos unha semana moi entretida facendo monstruos e escribindo os medos para queimalos na festa do Samaín.
O día 29 foi moi especial porque despois de celebrar os aniversarios de outubro aproveitamos para facer talleres todos os pequesreboreda. Había 3 talleres: o de maquillaxe, as pócimas infernais e os mocos de monstruo. Por quendas os Choquetes, Apolos e Xirasois e os Coquiños foron pasando por todos os talleres e pasámolo xenial!!!
Aquí vos deixo un resumo.

noviembre 10, 2015 | Leave a comment  

CABAZA, CABACIÑA

pequesreboreda

Estes días o Samaín chegou ao noso cole así que entre cancións e historias de medo tamén botamos mans as cabazas.

Zaira trouxo unha cabaza decorada así que aproveitamos a ocasión para saber máis delas. Lemos o conto de A Bruxa Marcelina na noite de Halloween e seguimos os seus pasos.
Collemos a cabaza, fixémoslle un sombreiro e sacamos todo o de dentro. Despois fixemos a nosa cabaza de medo e, ao día seguinte, preparamos unhas chulas de cabaza entre todos.

O arrecendo era tal que os Choquetes chegaron a nosa aula para ver que estaba pasando así que lles explicamos todos os nosos pasos e,coma non podía ser doutro xeito, convidámoslos a probar as nosas chulas.
Foi un xeito moi orixinal de celebrar o Samaín e seguir traballando dentro do proxecto da alimentación co que estamos neste momento.

noviembre 6, 2015 | Leave a comment  

Next Page →