AS FABAS 2
Chegou o día de cociñar as fabas. Puxemos os nosos gorros, o mandil ben axustado e mans a obra. Os Apolos foron os primeiros en cociñar e fixemos «Feixóns ao estilo dos Apolos». Coquiños e Xirasois tamén fixeron as súas receitas e logo xuntámonos todos para comer.
Moitos papás/mamás de seguro que non darían crédito se visen aos seus peques comendo e disfrutando coas legumes. Foi unha xornada preciosa, disfrutando do pracer de cociñar, aprendendo dos compañeiros e compartindo uns pratos que quedaron exquisitos. Todos os peques probaron os feixóns e practicamente todos os comeron sen problemas.
Aquí tedes un resumo.
A experiencia foi xenial! Un deses días nos que unha alédase moitísimo de adicarse a esta profesión porque disfrutas dende o primeiro minuto que estás no cole ata a hora de marchar.
Por certo que aínda que deixamos aquí o relato das nosas aventuras cos feixóns, seguimos traballando o resto da semana con eles, vimos os murais dos outros cursos, aprendemos máis cousas dos feixóns, escribimos na aula a receita…
AS FABAS
No mes de xuño, antes de rematar o curso decidimos que neste curso, ademais de traballar sobre hábitos saudaveis para os nenos, iamos traballar as legumes porque o ano 2016 é o ano internacional das legumes. Falamos de que sería moi interesantes traballar nas aulas as legumes, preparar murais e cociñalas na escola para que os nen@s disfrutasen de pratos de culler que agora non son tan habituais nas nosas casas. Escollemos 3 legumes, unha por trimestre.
Así que esta semana adicámola a primeira das legumes que imos traballar: OS FEIXÓNS.
A finais de xuño a profe Luisa de 5º prantou os feixóns na horta e subiu ao cole durante o verán para coidalos. O volver os nen@s foron eles os que seguiron con este traballo.
Os Apolos comezamos o noso proxecto sobre os feixóns recolléndoos na horta.
Descubrimos que tiñamos varios tipos así que empezamos a investigar sobre eles. Ao final xa eramos uns expertos e pareceunos que sería boa idea compartir o que sabiamos cos CHOQUETES, cos COQUIÑOS e cos XIRASOIS.
Os Apolos fixéronno xenial, non podería estar máis orgullosa.
E isto é so o principio!!!
ALMORZAMOS NO COLE
Esta ano imos tentar aprender coma mellorar a nosa calidade de vida. E un dos xeitos vai ser almorzando no cole unha vez ao mes.
Para iso cada equipo da clase ten que preparar o seu menú. Poden almorzar o que queiran sempre que inclúa un lácteo, froita, cereais e unha proteína. Coma teñen que tomar todo o almorzar deben consensualo porque a todos os membros do equipo ten que gustarlles o que van a almorzar. Para iso teñen unha plántilla que van cubrindo con recortes de revista. Despois de decidir o almorzo, cada equipo debe repartir os ingredientes entre os seus membros para que cada un deles traia un. Unha vez feito o reparto escriben a nota para as familias.
E,por fin, chega o día de almorzar. Foi xenial velos tan entregados e comparando uns menús con outros. O máis divertido foi que un equipo escolleu coma proteína os ovos fritos, que fixemos esa mañá no cole e logo o resto devecía por eles.
Non teño apenas vídeos de coma decidiron os menús porque quedeime sen batería pero o vindeiro mes tentarei amosarvos todo o proceso.
Foi un día xenial e os Apolos estaban encantados de poder almorzar no cole.
Teño que dar as grazas a todas as familias pola boa acollida da proposta e por mandar todos os ingredientes. Tamén lle teño que dar as grazas a coidadora do centro que nos axudou moitísimo para que todo resultase ben.
Coma foi tan ben imos almorzar no cole un venres ao mes así que seguide atentos.
O MURAL DAS AVESPAS
Seguimos avanzando co proxecto deste curso e, seguindo as ideas de Mauro, fixemos un mural onde debuxamos unha avespa e unha abella e estamos poñendo a información que imos recollendo onde corresponde.
Esa información estámola recollendo na rede, coa colaboración das familias e, por suposto, na biblioteca do centro.
ARRANCAMOS PROXECTO: AS AVESPAS/ABELLAS
David trouxonos unha avespa asiática que collera o seu pai. Primeiro estivemos véndoa co microscopio, descubrimos que estaba toda chea de pelos. Despois pasámola man a man para poder vela «in situ» e logo estivemos falando do que queriamos saber sobre estes insectos.
Aquí vos deixo un pequeno resumo.
OS XIRASOIS E AS PIPAS
A semana pasada os Apolos fomos a horta a recoller os nosos xirasois porque daban chuvia para esta semana e non queriamos que se estropeasen. Ao velos na clase descubrimos que dentro tiñan pipas así que tivemos que sacalas (fantástico exercicio de motricidade fina), despois limpamos os restos e deixámolas secar.
O venres aproveitamos para cociñalas e logo probámolas na clase. Eran pequenas pero para ser a primeira vez que as faciamos non nos quedaron nada mal.
Rematamos debuxando xirasois cos dedos!!!
PREPARANDO A NOSA HORTA
Esta semana comezamos de novo o traballo no noso horto e neste curso contamos coa colaboración dos nosos compañeiros e compañeiras de 5º B.
Agora é o momento de arrincar as tomateiras vellas e colleitar pementos, xudías, cenouras e algún que outro amorodo e de preparar de os neumáticos para novos cultivos.
Tamén estamos esperando que maduren os nosos feixóns. Sementamos diferentes variedades co fin de coñecelos e degustalos a finais de mes na semana adicada a estos legumes.
Clica na imaxe para ver as fotos.