NACERON AS BOLBORETAS
Despois de 11 semanas criando vermes de seda, dándolles de comer, vendo coma facían os capullos, contando os días que as crisálidas descansaban… Por fin naceron as bolboretas e foi moi emocionante!!!
Mirade, mirade!
Estes días tamén aproveitamos para ver todo o proceso en imaxes a partir das fotos que fomos facendo, practicamente, cada día.
8º SEMANA DOS VERMES DE SEDA
E outra vez os nosos vermes déronnos unha gran sorpresa e novas fontes de coñecemento. Resulta que xa temos a case todos os vermes no capullo, agás o noso “baby”, un verme que non deu medrado e ao que non lle agarda un gran futuro, outro verme que aínda segue comendo e… será mellor que o vexades.
ESTADE BEN ATENTOS!!!
GALLETAS DE MANTEIGA DE APOLOS E SAPIENS
O luns estivemos moi atarefados facendo galletas de manteiga. Xuntámonos cos Sapiens e preparamos a masa:
– 250 gramos de manteiga
– 150 de azúcre
– 350 de fariña.
– Para darlle máis sabor unha culler de vainilla
Despois de amasar deixamos a masa reposar media hora na neveira e logo fixemos as nosas galletas. Os Apolos e Sapiens fixeron formas e decoraron pero o calor era tal que as formas non chegaron nin ao forno e todas as galletas quedaron estiradas, iso si, moi, moi ricas!!
Sapiens e Apolos comemos a primeira fornada e o resto… Xa volo contaremos!!!
7º SEMANA DOS VERMES DE SEDA
Levo un pouco de retraso contándovos coma evolucionan os vermes. A ver si estes días xa nos poñemos ao día. De momento déixovos a súa séptima semana, semana moi especial porque os vermes fixeron os capullos. Ademais, aprendemos unha chea de cousas deles. Mirade, mirade!!!
A NOSA OBRA DE ARTE DESTE TRIMESTRE
Comezamos este trimestre seguindo unha proposta de David, facer un dragón enorme. Aproveitamos para aprender cousas dos dragóns, investigar un pouco e, despois da colaboración das familias aportando hueveras, por fin, démoslle forma.
WALLY, O ROBOT MÁIS ARTÍSTICO
Max e a súa familia, levaron a maleta dos artistas fai uns días e estiveron dándolle moitas voltas para dar forma a súa orixinal obra de arte, o seu robot Wally. Aproveitaron partes de electrodomésticos vellos, cables, enchufes, pilas,… e este foi o resultado final. Se queredes facer un, só tedes que escoitar con atención ás explicacións de como se fai da man de Max.
FLORES ARTÍSTICAS DE ANA E DA SÚA FAMILIA
Ana andivo dándolle voltas a súa cabeciña para facer una obra de arte moi especial, empregando materiais de refugallo e da contorna. E como estabamos en primavera quixo agasallarnos cunhas flores de papel. Mirade que doado é facelas, soamente temos que seguir as indicacións que nos deu Ana. Parabéns para Ana e a súa familia por unha obra tan orixinal.
MARTA, SOFÍA E OS CABALIÑOS DE PAU
O portfolio visitou fai varias semanas a casa de Marcos e Xiana pero por problemas de axenda tivemos que deixar o taller ata fai uns días. Viñeron ao cole Marta e Sofía, as educadoras. Aproveitaron a visita para ensinarnos a súa arte, sabedes cal? Contar contos que saen da “cabeza” de Marta.
Marta contounos a historia de Santi e o cabaliño de pau e despois construimos os cabaliños. Marta e Sofía traian todas as bocas, ollos, orellas e cabeleiras preparadas para os 36 nenos, así coma as botellas de plástico. Así que fixemos catro grupos e seguindo as indicacións de Marta e Sofía fixemos os cabaliños.
Os Apolos e aos Sapiens pasáronno xenial.
MOITÍSIMAS GRAZAS A MARTA E SOFÍA POR ACOMPAÑARNOS E TRAER UN TALLER TAN CHULO PARA FACER NA AULA.
O IGLÚ CON PINGÜÍNS DE IKER
Íker e a súa familia quixeron sorprendernos cunha obra de arte moi fresquiña, un iglú cheo de pingüíns. Empregaron diferentes materiais e técnicas plásticas, como a papiroflexia. Mirade como o fixeron e que ben explicou todo o proceso o noso sapien máis maior.
6ª SEMANA DOS VERMES DE SEDA
Seguimos coidando os nosos vermes e xa están enormes. A verdade é que non nos dan máis que satisfaccións, os Apolos están aprendendo moitísimo con eles, sobre todo, a nivel sensorial e experimental.
No vídeo podedes varias cousas, entre elas coma interactúan con eles. Eu tento manterme á marxe todo o posible. Filmeinos en varios momentos e podedes ver as súas caras e coma exploran sos. Realmente da gusto velos tan implicados.