ARTE VIVO E NATURAL: OS CESPÍNS DE MARCIA

pequesreboreda

Fai unhas semanas foi o turno da mamá de Alba. Veu visitarnos ao cole para ensinarnos a súa arte e resulta que sabe facer cespíns. Non sabedes o que son?
Atentos que aquí vos explicamos todo paso a paso.

mayo 29, 2015 | Leave a comment  

FLORES DE PLÁTANO E GALLETA

pequesreboreda

Un mes máis celebramos os aniversarios dos peques facendo un taller de cociña. Nesta ocasión aproveitando a estación na que estamos fixemos unhas deliciosas flores. Mirade, mirade!!!

 

mayo 27, 2015 | Leave a comment  

ARTE LIXO CON TEO

pequesreboreda

Teo e a súa familia, dentro do proxecto do portfolio dos artistas fixeron unha obra de arte moi singular empregando elementos que tiñana pola casa e que xa non lles servían para nada. Coma moi ben o definiu a súa nai, un auténtico arte lixo. E quedou moi lucido!!!

mayo 26, 2015 | Leave a comment  

RECOLLEMOS LEITUGAS E ACELGAS

pequesreboreda

A nosa horta está preciosa e estes días aproveitamos para recoller leitugas, acelgas e espinacas. Pero, ademais, plantamos novas leitugas no sitio e tamén pementos.
Aquí tedes un resumo. E seguide atentos que, en breve, imos levantar as patacas.

mayo 25, 2015 | Leave a comment  

A OBRA DE ARTE DE MAURO

pequesreboreda

OLYMPUS DIGITAL CAMERA O portfolio a semana pasada visitou a casa de Mauro e, coma a el lle encanta a música, a súa obra foi moi musical.

NORABOA A MAURO E FAMILIA POR UNHA OBRA TAN ORIXINAL

 

mayo 22, 2015 | Leave a comment  

O ESTANQUE DOS PARRULOS DE LÍA

pequesreboreda

Lía e a súa familia fixéronnos un precioso estanque, moi primaveral, cheo de flores e bolboretas e cunha familia de parruliños moi…. «cuki», jajajaja. Escoitade da man de Lía como foi todo o proceso de creación. Parabéns artistas!!!

mayo 21, 2015 | Leave a comment  

PLANTAMOS LEITUGAS E XIRASOIS

pequesreboreda

Seguimos a traballar na nosa horta que xa vai estando estupenda. Os tomates da xenio velos e esta semana plantamos leitugas e xirasois. Non hai moitas fotos porque entre axudarlles a plantar e estar pendiente deles non me deu para máis pero tedes unha poucas que serven de exemplo.
Despois de tanto traballar tivemos recompensa, volvemos coller un bo puñado de amorodos que nos souberon a gloria.

mayo 20, 2015 | Leave a comment  

XOGOS POPULARES PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS

pequesreboreda

No cole celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito moi lúdico, adicamos a xornada a xogar. Empezamos o día con entrega de premios da biblioteca, recollida de material escolar para a ONG DA MAN e despois, A XOGAR.
En cada recuncho do patio hai un xogo distinto no que pasar un bo rato. Moitos deles son xogos tradicionais que nos achegan aos nosos pais e avós e outros son xogos intemporais que nos encantan coma o xogo das sillas.
Nun e noutros pasámolo xenial, senón vede a cara de felicidade que teñen os Apolos.

Os Sapiens tamén xogaron e o pasaron fenomenal!

mayo 19, 2015 | Leave a comment  

5ª SEMANA DOS VERMES DE SEDA

pequesreboreda

Os nosos vermes están enormes e, semana a semana, imos aprendendo con eles. A semana pasada foron pasar a fin de semana na casa de Carla e Ainoa que os coidaron moi ben. Durante a semana aproveitamos para observalos de preto e medilos. Aquí podedes velo.

mayo 18, 2015 | Leave a comment  

CADRO DE CALAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

pequesreboreda

Coa chegada da primavera, os sapiens quixeron facer arte moi primaveral empregando diversos materiais de refugallo, como por exemplo: palliñas de refresco, algodóns de maquillaxe, vasos de usar e tirar. Tamén empregamos limpiapipas, boliñas de pedras preciosas e papeis decorados. Tivemos que ir pasiño a paso porque era un cadro un pouco laborioso pero quedaron moi fermosos. Mirade como foi todo o proceso de creación!

mayo 14, 2015 | Leave a comment  

Next Page →