TERCEIRA SEMANA DOS VERMES DE SEDA

pequesreboreda

Seguimos coidando aos vermes de seda. Estamos aprendendo unha chea de cousas sobre eles. Esta semana aprendemos que mudan de vestido e que hai vermes de diferentes tipos, en concreto de tres: cebrados, brancos e exipcios.
Empezamos a experiencia con 12 vermes pero quedaron so 6 así que esta semana conseguimos outros seis vermes máis.
Aquí tedes un resumo, mirade as caras dos Apolos e que atentos están. Encántanme cando quedan así de fascinados con algo!!

abril 30, 2015 | Leave a comment  

MINI ATLAS XEOBOTÁNICO DE GALICIA

pequesreboreda

Estes días atopamos isto publicado no facebook de voz natura e encantounos, aquí vos deixo o artigo e incorporamos o recurso a barra lateral.

Para empezar a semana traemos a Blog Natura un excelente recurso elaborado por Mª Jesús Mourazos González, profesora do CEIP Conde de Fenosa en Ares.

A publicación  foi galardoada cunha mención honorífica nos Premios Prisma Casa das Ciencias á Divulgación Científica na modalidade sitios web.

Tan imprescindible, que pasa a formar parte do  blogroll de Blog Natura e, desde aquí, vos animamos a incorporalo como link nos vosos blogs.

Premede na imaxe para acceder ao recurso.

atlas

abril 29, 2015 | Leave a comment  

MARTA E AS FLORES DE PAPEL

pequesreboreda

Coma xa vos adiantamos fai uns días, a semana pasada veu de convidada a aula Marta, a mamá de Ainoa e Carla. Resulta que é unha artista facendo flores de papel e despois de facer unhas plantas floridas preciosas con Carla e Ainoa, veu a aula a ensinarnos aos Apolos e aos Sapiens a facer flores. Xa veredes no vídeo que atentos están todos ao proceso. Despois cada un fixo a súa flor para levar para casa e, ademais, Marta inda tiña unha sorpresa máis.

abril 29, 2015 | Leave a comment  

O DÍA DO MONTE

pequesreboreda

Un ano máis celebramos a festa do cole indo a pasar un día en contacto co medioambiente. Este actividade levámola a cabo xunto coas Comunidades de Montes de Ventosela e Reboreda e tamén coa colaboración da ANPA. Comezamos a xornada cunha andaina ata o monte todos xuntos e coa supervisión de Protección Civil.

Unha vez no monte cada aula pranta unha árbore, facemos entrega dos premios «Arte libre, nun monte limpo», concurso no que os nen@s fan debuxos sobre a día do monte e que logo se colgan para que todo o mundo os poida disfrutar.

Ao rematar, xornada de xogos populares e merenda para repoñer forzas.

Todos o pasamos xenial. Aquí tedes un resumo de coma o viviron as diferentes aulas.

OS APOLOS (3 ANOS B)

OS SAPIENS (5 ANOS)

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow

O MANANTIAL (4ºA)
DIA DO MONTE

abril 28, 2015 | Leave a comment  

PRIMEIRA SEMANA DOS VERMES DE SEDA

pequesreboreda

Os nosos vermes xa teñen unha semana e podense ver sen lupa así que este venres marcharon pasar a fin de semana na casa de Mauro. Para iso pasamos toda a semana coidando deles, dándolles de comer e vendo coma van medrando.

abril 24, 2015 | Leave a comment  

A HORTA VAI VENTO EN POPA

pequesreboreda

Os nosos alumnos están a traballar arreo na horta. Temos as patacas en vertical que da xenio velas e xa levamos tres alturas de pneumáticos, tamén temos amorodos, allos, cebolas e, desta volta, plantamos os tomates que tiñamos a medrar na aula, pero para que quedesen ben dereitos fixemos un pequeno truco do que xa vos falamos no apartado dos agroexperimentos. Ademais plantamos leitugas. Aquí tedes un resumo.

 

 

abril 21, 2015 | Leave a comment  

OS APOLOS E OS VERMES DE SEDA

pequesreboreda

Este trimestre temos varios frontes abertos, un deles é unha experiencia que levo facendo cos nen@s algúns anos e que lles encanta, criar vermes de seda. Durante este trimestre criaremos os vermes e veremos todo o proceso de metamorfose. Así que seguide atentos porque isto acaba de comezar!!!

abril 20, 2015 | Leave a comment  

ÁRBORE COAS MANS

pequesreboreda

Empeza o terceiro trimestre e a miña idea era que os Apolos fosen ao recuncho da arte sos despois de todas as técnicas aprendidas no segundo trimestre pero, de momento, eles prefiren que eu lles propoña a actividade así que esta semana decidimos facer unha árbore primaveral coa silueta das nosas mans. En principio era unha actividade sinxela que fixen para saír do paso porque non tiña nada preparado e, encantoulles. De feito, o venres poden escoller o recuncho de xeito libre e moitos quixeron volver a pintar as mans así que tivemos que traballar nas nosas mesas en lugar de traballar no recuncho. Aquí vos deixo un pequeno resumo.

abril 17, 2015 | Leave a comment  

A PECERA ARTÍSTICA DE GAEL

pequesreboreda

Gael, foi o último en levar a maleta dos artistas, e sabedes que foi o que nos fixo??? Pois una preciosa pecera con goma eva brillante, conchas, limpiapipas,… Pero ademais de ser a súa obra artística foi tamén un divertido xogo de precisión para os sapiens, no que xogamos a pescar e a componer a serie numérica, aínda que tamén podemos xogar ás sumas e ás restas. Mirade que chulada!!!

abril 16, 2015 | Leave a comment  

O COELLIÑO DE PASCUA

pequesreboreda

O último día de clase antes das vacacións tivemos unha xornada moi intensa. O coelliño de pascua veu o xoves pola noite e deixou unha chea de ovos gardados pola clase. Fixemos uns cestiños con forma de coello e recollemos os ovos. Foi divertidisimo!!!

abril 14, 2015 | Leave a comment  

Next Page →