COLARES CON PASTA DE MODELAR
Coma sabedes estamos rematando o trimestre facendo un pequeno taller de modelado, xa usamos barro e nesta ocasión foi o turno da pasta de modelar. Co barro fixemos un taller de expresión libre e coa pasta usamos moldes para crear un simpáticos colgantes. Pintámolos con temperas e usamos abalorios e brillantina para darlles un toque máis distinguido. Finalmente démoslle unha capa de barniz e listo!
FLORES COAS MANS E COS DEDOS
Esta semana no recuncho da arte estivemos estampando coas nosas mans e cos dedos. Aproveitamos para facer flores de diversos tipos e logo con gomets puxémoslle un marco as nosas obras.
CON CHEIRO A VAINILLA
Fai uns días que descubrimos un libro fascinante: ¨Escarlatina: a cociñeira defunta» da escritora Ledicia Costas e tennos atrapados, tanto polas aventuras de Román como polas recetas tan apetitosas que trae. Hoxe estreámonos e fixemos a primeira » Magdalenas Caseiras para lamber os fociños¨ e si que os lambemos!!!!
Coma sempre » As magdalenas hai que gañalas!» e a receta serviunos para continuar practicando problemas de peso e capacidade. Os cl., ml. , gr., quilo, medio quilo…. entran mellor se cheiran a vainilla e limón e saben a gloria.
CHEGOU O TEMPO DE SEMENTAR
Este ano, ademais das hortas, coma xa vos contamos, estamos a plantar en pneumáticos. Temos plantados amorodos, tulipáns, cebolas, allos, puerros, leitugas… ademais das patacas que estamos sementando en vertical.
Aquí vos deixamos un resumo de todo o traballo que estamos a facer!!!
UNHA ÁRBORE CHEA DE ARTE
A semana pasada tocoulle a quenda da maleta dos artistas a Zouhir. Fixo una árbore moi artística feita con botellas recicladas, purpurina, plumas, algodóns, limpiapipas e pegatinas de bisutería. Traballaron moitisimo e este foi o seu resultado.
FLORES CON ROLLOS DE PAPEL HIXIÉNICO
Esta semana no noso recuncho da arte deixámonos levar polo bo tempo e fixemos flores. Para iso usamos rollos de papel de baño. Cortamos os rollos en círculos de 1 cm máis ou menos e pegámolos nunha cartolina. Despois cada Apolo escolleu a cor que quixo e pintamos a parte de dentro dos círculos. Papel de seda de tallo e rematamos facendo herba usando o cepillo de dentes. Mirade, mirade!!!
RECIBIMOS A VISITA DO COMITÉ CIENTÍFICO
A semana pasada tivemos unha grata sorpresa. Unha vez máis recibimos a visita do Comité Científico no noso cole e aproveitamos para amosar as nosas setas, os avances na horta, o traballo dos máis pequenos… Agora quedamos sacar adiante os cultivos, preparar o material para a exposición e, por suposto, disfrutar da festa!!!
COCIÑAMOS A SEGUNDA FLORADA DE SETAS
IMOS Á HORTA
Os Apolos participamos xunto cos Sapiens e algúns curso de primaria no proxecto VOZ NATURA que esta adicado a Educación Medioambiental y este ano ten coma tema central “As hortas escolares”. Os Apolos aproveitamos que os maiores están sementando en pneumáticos e xa os teñen listos, así que plantamos allos e cebolas, botámoslle abono, auga, terra e agora toca esperar a que a natureza faga o resto.
PIZZAS DIVERTIDAS NOS ANIVERSARIOS DE FEBREIRO
Este mes retrasámonos un pouco coa celebración dos aniversarios pero a espera mereceu a pena. Pasámolo xenial facendo divertidas pizzas con jamón cocido, atún, queixo e salchichas. Para Zouhir e Gabriel fixemos unas pizzas diferentes que tamén poideron degustar. Nesta ocasión convertímonos en verdadeiros cociñeiros, botándolle a salsa de tomate, colocando o atún, o queixo e o resto dos ingredientes. Así de divertida foi o noso taller de cociña deste mes.