Algúns sapiens, aproveitando que estaban coa profe Luisa fixeron a súa primeira achega á horta do cole para plantar bulbos (cebolas, allos e tulipáns) dun xeito moi orixinal, dentro de neumáticos vellos. Mirade canto traballo levaron estes pequenos agricultores.
CREANDO CON MATERIAL DE REFUGALLO
Fai unhas semanas pedímoslles as familias material de refugallo que tivese forma circular, cadrada, lineal ou triangular. Pouco a pouco os elementos foron chegando ao cole, recollemos de todo: tiras de tea, botóns, tapóns, etiquetas da roupa, palletas…
Estivemos vendo na clase que tiñamos, clasificalo por formas e, despois de ver un vídeo onde nen@s construían obras de arte con material de refugallo, puxémonos mans a obra.
Eu tiña pensado que crearan por equipos pero os Apolos, despois de tentalo un anaco, quixeron construír as súas obras de xeito individual así que repartimos unha folla a cada un e empezaron a xogar cos elementos. Déronlle varias voltas e non os peganos ata que quedaron conformes coa obra definitiva.
Moitas grazas as familias pola súa aportación a esta actividade e noraboa aos peques porque o fixeron moi ben.
COCIÑANDO AS NOSAS SETAS
Lembrades o artigo onde vos ensinamos coma cultivamos setas na aula de 4º?
Pois chegou o momento de comelas.
PASÁMOLO MOI BEN COCIÑÁNDOAS E ESTABAN BOÍSIMAS!!!
Autor:Lucas Camiño
ACTIVIDADES DE ENTROIDO
Esta semana aproveitamos para traballar ao redor do entroido. So fixemos dúas actividades pero con elas fixemos moitísimas cousas divertidas e coas que traballamos arreo a motricidade fina.
Por unha banda preparamos uns simpáticos retrato-paiaso de cada un, para iso picamos, estampamos con esponxas, usamos o pincel, gomets, goma eva, fieltro…
E QUEDARON PRECIOSOS!!!
Tamén aproveitamos para preparar uns antifaces con pratos de papel que tiñamos na clase da festa de nadal e que gardaramos para usar noutra ocasión. Usamos as playcolor para darlles cor, pegámoslle plumas, puxémoslle brillantina, botóns… e quedaron moi simpáticos!
Aquí tedes un resumo de coma o fixemos.
OS VELÁZQUEZ E AS MENINAS
AS ORDES DO MECO
O entroido é unha festa que nos encanta. Durante a semana seguimos as ordes do Meco. Todos viñemos moi guapos!!!
Aquí vos deixamos un resumo.
UN ENTROIDO MOI ARTÍSTICO
Este ano o eixe do noso particular desfile foi a arte e os peques do cole quixeron facer unha pequena homenaxe ao cadro máis bonito do mundo. Os Xirasois homenaxearon a Van Gogh, os Apolos a Kandinsky, os coquiños a Mondriani e os sapiens a Miró. Traballamos moitisimo e así de fermosisimos lucimos os nosos orixinais cadros.
DE PASEO POR MARCELLE CON JULIA E A SÚA FAMILIA
Julia quixo amosarnos a súa pequeña viaxe ao parque de Marcelle xunto coa familia. Foi moi divertido ver o ben que Julia explicaba as cousas, agora xa non é nada tímida e parece “super-maior”. Parabéns Julia!!!!
SEGUIMOS COS COGUMELOS
Na entrada anterior puidestes ver coma ían evolucionando os nosos cogumelos. Aquí vos deixamos a segunda parte.
Quedaramos no día 3 de febreiro.
4 DE FEBREIRO (12 días despois de comezar o cultivo)
5 DE FEBREIRO
9 DE FEBREIRO
LISTAS PARA COMEERRRRRRRR!!!
Se clicades na seguinte imaxe podedes ver toda a evolución:
CULTIVANDO COGUMELOS
Unha vez estudado o tema adicado aos ecosistemas, quixemos experimentar cos descompoñedores e ver como se desenrolan. Despois de investigar onde podíamos adquirir un kit para o cultivo de setas conseguimos facernos con un. Trátase dun saco de palla con micelio de setas de ostra. Colocámolo na aula, lonxe das ventás e dos radiadores e, dispuxémonos a esperar e ver que pasa.
E vaia se o vemos!.
O micelio extendeuse polo saco alimentándose do substrato (palla) ata dar lugar aos primordios, pequenas formacións das que sairán as setas.
Aquí tedes a evolución
Día 23 de xaneiro
Día 30 de xaneiro (7 días máis tarde)
Día 2 de febreiro ( 10 días máis tarde)
Día 3 de Febreiro ( 11 días máis tarde)