PROXECTO «AS PATACAS»

pequesreboreda
Hai xa uns anos que os maiores comenzamos a plantar na nosa horta.  Nela temos unha gran variedade de plantas aromáticas e medicinais: cúrcuma, tromentelo, poexo, axedrea, menta da ribeira, hortelán, menta chocolate, toronxil, ourégaos, nébeda ….. e outras plantas non moi comúns como os phisalis ou baias de Gogi que medran sen problemas. Nembargantes, cos cultivos hortícolas non obtemos un resultado tan satisfactorio debido, en parte, a que a horta está situada nun lugar onde as horas de sol están limitadas.
Ata o momento estivemos vendo outras posibilidades para emplazar a horta, pero debido a que non dispoñemos de outro terreo, decidimos tratar de sacarlle o máximo partido ao que temos  aproveitando a parte máis soleada para iniciar unha plantación experimental en neumáticos.
Nun principio imos sementar patacas en vertical coa idea sacada deste enlace.
Imos elaborar un pequeno proxecto sobre as patacas, e para elo, distribuidos en catro grupos, comenzamos por escribrir o que sabíamos das patacas para a continuación elaborar unha lista de preguntas sobre o que queremos averiguar. Unha vez rematada esta primeira parte, vimos onde podíamos atopar a información que necesitabamos, así que aproveitamos a nosa visita semanal á aula de informática para resolver algunhas. Ainda nos quedan moitas cuestións pendentes as que trataremos de buscar respostas o pouco a pouco.
Aquí tedes o vídeo deste comenzo.

enero 27, 2015 | Leave a comment  

PASEO POLO LAGO DE SANABRIA DA MAN DE LÍA

pequesreboreda

Pouco a pouco seguen chegando e-mails das familias dos sapiens cheíños de fotografías moi especiais para eles. Nesta ocasión foi Lía a encargada de amosarnos o Lago de Sanabria, nun paseo de outono moi particular. Estou encantada porque cada día que pasa estes pequenos sapiens xa o fan de maravilla, son xeniais!!!

enero 22, 2015 | Leave a comment  

DURANTE ESTA SEMANA…

pequesreboreda

froita

Un ano máis participamos no Plan Escolar de Consumo de Froita e cada día acompañaremos as nosas merendas dunha peza de froita.

enero 21, 2015 | Leave a comment  

XOGAMOS CON SOGAMA

pequesreboreda

Na paxina de sogama temos uns xogos para reciclar. Botadelle un ollo e xogade un pouco, a ver que tal se vos da.
Tamén os tedes na barra lateral.

INFANTIL

rinfantilPRIMARIA

rprimaria

enero 14, 2015 | Leave a comment  

FOTOS DE INVERNO

pequesreboreda

Xa estamos de novo en marcha con moitas ganas e ilusión comenzando novos proxectos.
Hoxe aproveitamos o noso paso pola biblioteca para facernos unhas divertidas fotos de inverno. Podedes ver as fotos clicando na imaxe.

Estamos guapísimos!

fotos inverno

enero 13, 2015 | Leave a comment  

MÁIS BONECOS DE NEVE

pequesreboreda

Para rematar as actividades do Nadal quedábannos pendente os bonecos de neve que fixemos o último día de clase, antes das vacacións, usando gominolas.
Así os fixemos.

enero 8, 2015 | Leave a comment