BONECOS DE NEVE

pequesreboreda

Un mes máis celebramos os aniversarios facendo o noso taller de cociña. Nesta ocasión fixemos uns divertidos bonecos de neve con pan de molde que quedaron moi graciosos.
Aquí vos deixo un resumo de coma o pasamos!!!

diciembre 19, 2014 | Leave a comment  

DECORANDO OS CORREDORES

pequesreboreda

Este ano o equipo de infantil decidimos decorar bolas e estrelas de polispan e colgalas nos corredores. Os Apolos aproveitaron para pintalas con pincel e decoralas con distintos elementos coma troquelados, brillantes, estrelas de plástico, brillantina… E, despois de varios días de pegado e secado quedaron moi vistosas.

diciembre 18, 2014 | Leave a comment  

O ABETO

pequesreboreda

Esta é a historia dun abeto que quere ser grande para codearse con otros grandes árbores ou surcar o mar en forma de mástil….. Convertirse en árbore de Nadal ao principio entusiasmalle, pero, canto lle durará?.



diciembre 15, 2014 | Leave a comment  

A ÁRBORE DE NADAL

pequesreboreda

Seguimos traballando a arte pero neste caso asociada a época do ano na que estamos. Nesta ocasión fixemos unha árbore de nadal seguindo as técnicas dos círculos de Kandinsky e as ideas da páxina http://www.jennymurphydesigns.com/.
Quedounos moi simpática e os Apolos estaban encantados con ela. Ademais poderedes vela en papel porque é o aporte dos Apolos a postal de nadal que enviaremos as familias dende o cole.

diciembre 11, 2014 | Leave a comment  

UN CEO CHEO DE ESTRELAS

pequesreboreda

Cando comezamos a traballar con Miró lemos un conto que falaba das cousas que pintaba Miró e nese conto contaba que foi a París, subiu a torre Eiffel e ao ver as estrelas e a lúa gustáronlle tanto que trouxoas para todos os seus cadros.
Unha das cousas que mellor funciona na aula e a experimentación, por iso, partindo como elemento motivador do gusto de Miró polas estrelas, fixemos un ceo cheo de estrelas e ademais proveitamos para falar das constelacións e de coma as estrelas se moven e desaparecen.
Para levar a cabo esta experiencia precisamos elementos cotiás que podedes ter na casa. Aos Apolos encantoulles a actividade, mirade as súas caras no vídeo, non teñen desperdicio. Se vos animades podedes facer o ceo vos na casa, é moi cusioso!!!

diciembre 9, 2014 | Leave a comment  

MOUCHOS CON ELEMENTOS DA NOSA CONTORNA

pequesreboreda

Os sapiens están moi creativos últimamente. E quixeron decorar a súa clase con motivos de outono, como uns simpáticos mouchos. Para iso empregaron follas secas da contorna. Mirade que preciosos lucen do teito da nosa clase.

diciembre 4, 2014 | Leave a comment  

ORIXINAIS RETRATOS DE OUTONO

pequesreboreda

Estes pequenos-grandes artistas están descubrindo moitas cousas relacionadas co mundo da arte. Diferentes técnicas, diferentes estilos,… Nesta ocasión estivemos descubrindo a pintura de G. Arcimboldo, cadros cheos dos elementos da contorna: froitas, hortalizas, verduras,… creando con todos eles retratos moi orixinais. Os sapiens, quixeron imitalo un pouco creando uns divertidos autorretratos con elementos reais do outono, como son as follas secas. Queredes velos??? Pois mirade que quedaron uns autorretratos moi singulares.

diciembre 3, 2014 | Leave a comment  

VERMES DE FROITA

pequesreboreda

Os peques do cole cada final de mes celebramos os aniversarios facendo un taller de cociña saudável. Nesta ocasión fixemos uns vermes moi orixinais con plátanos e uvas e así nos quedaron.

Os nenos de 5 anos, depois de facer os vermes quixeron seguir experimentando e fixeron unha chea de animais simpáticos que despois degustaron.

Click to play this Smilebox slideshow Create your own slideshow - Powered by Smilebox This free slideshow design made with Smilebox
diciembre 2, 2014 | Leave a comment