FROITAS CON ARTE

pequesreboreda

Este venres utilizamos froitas para crear obras de arte comestibles. Para que nos botaran unha man convidamos a María José a nai de David que é unha experta neste eido e tamén a Brais e a profe Mari para que nos ensinaran o nome das froitas en lingua de signos.
Despois de recoller e pesar a froita para calcular que cantidade tíñamos puxémonos mans a obra. Entre todos fixemos figuras, brochetas e pinchos.
O resultado foi do máis vistoso e delicioso!

FROITAS

noviembre 25, 2014 | Leave a comment  

DRINQUI E PEPITO

pequesreboreda

Fai un tempo vos dixen que recibiramos un correo dun amigo especial pero que xa falariamos del. Pois chegou o momento, Martí é un amigo do espazo que temos que esta semana trouxonos algo moi, moi especial. Non vos adianto máis.

Por certo, perdoade os cortes do vídeo, algún ata se ve distorsionado, é porque non todos os nenos poden sair no blog, en foto é fácil evitalos pero grabando non.

 

noviembre 16, 2014 | Leave a comment  

CELEBRAMOS O MAGOSTO

pequesreboreda

O curso acaba de comezar coma quen di e os Apolos xa están vivindo a súa segunda festa escolar. Nesta ocasión toca Magosto. Así que levamos uns días aprendendo cousas desta festa, usando as novas tecnoloxías, falamox, contamos contos, tamén preparamos uns orixinais cucuruchos para as castañas e fixemos algún traballo plástico. Aquí vos deixo un resumo.

noviembre 13, 2014 | Leave a comment  

HORTAS ECOLÓXICAS NA NOSA CONTORNA

pequesreboreda

Fonte:TVG
Un obradoiro de agricultura ensina a quince persoas a crear dende cero unha horta ecolóxica.

O único requisito para poder participar neste taller de seis meses en Redondela foi estar en paro.

Agora, para moitos destes recentes agricultores o campo pode converterse nunha opción laboral.

Os xardíns labirínticos do pazo de Pousadouro de Reboreda acaban de reconverterse nunha horta ecolóxica.

Estaban descoidados por falta de mantemento ata que hai seis meses comezou neles un taller de agricultura ecolóxica onde quince homes e mulleres que ata entón estaban no paro aprenderon o oficio de agricultor dos anos corenta, o de antes de que os produtos químicos entrasen nos hábitos do campo galego.

«Está o tema do autoconsumo pero tamén o asunto da produción, non a grande escala senón mediana para asumir grupos de consumo ou distribución en ámbitos locais. Hai persoas que viñeron por aquí, que producen ecolóxico, e que lle demandan máis produtos dos que temos. Digamos que isto ten tirón»

Ademais de obter un certificado de formación, aquí aprenden a fuxir de fertilizantes e insecticidas, como fan xa moitos agricultores profesionais e como demandan os consumidores de produtos naturais e sans.

«fun intentando saír da liña do cultivo tradicional ata que chegou isto, e coincidiu coa crise e que fun para o paro, eu traballaba na industria da automoción, e saíume esta opción e non o dubidei».

«Á parte de que me atraía era unha vía que miraba como para ser autosuficiente eu e poder traballar nisto e non volver traballar para ninguén. Poder vender os meus propios produtos en si creo que é unha vía».

Porque está en auxe o mercado a pequena escala no que se distribúen os produtos de temporada aos veciños, aos da zona, moitos dos novos agricultores que participaron neste taller ven viable crear a súa pequena empresa nun futuro non moi afastado.

HORTA

Coma o pazo queda moi preto da nosa escola estamos mediando para poder ir visitala e que nos den algúns consellos para a nosa escola.

noviembre 10, 2014 | Leave a comment  

GALLETAS DE SAMAÍN

pequesreboreda

Hoxe tivemos unha visita moi especial.
O curso pasado, Bea, a nai de Unai, mandounos unhas impresionantes galletas con formas e decoración do Samaín. Como sabemos que é unha experta no tema, este ano pedímoslle que viñera a nosa clase e nos ensinara como se facían.
Non tíñamos moito tempo así que nos trouxo as galletas xa feitas. Seguindo as súas instruccións e con moito arte creamos fantasmas, cabazas, sombreiros de bruxas, casiñas….

O resultado foi espectacular!
Grazas Bea!!!!!!

galletas

noviembre 7, 2014 | Leave a comment  

QUEIMANDO MEDOS

pequesreboreda

O samaín é un tempo de medo e terror pero coma nos somos moi valientes e non queremos ter medo de nada o xoves escribimos os nosos medos nun papel e botámolos a fogueira do bruxo do Santo Paio para queimalos ben queimados.
Logo coma xa non tiñamos medo puidemos maquillarnos e quedamos terrorificamente guapos!!

noviembre 6, 2014 | Leave a comment  

ARAÑAS E BRUXAS

pequesreboreda

Esta semana foi moi intensa e traballamos un montón. Fixemos uns simpáticos gorros de arañas e bruxas coa pegada das nosas mans. Mirade, mirade!!!

noviembre 5, 2014 | Leave a comment  

FOTOS TERRORÍFICAS

pequesreboreda

Un ano máis volvemos a facer talleres interciclos entre infantil e o primeiro ciclo de primaria. Este ano os Apolos e os Sapiens traballamos cos antigos Cocoricos que agora xa son uns chicos de primeiro. Aproveitamos para contar contos, pintar cabazar, debuxar contos de medo (nos vindeiros días xa volo amosaremos) e… facer fotos terroríficas.
Na biblioteca temos un marco e diferentes elementos para facer fotos de Samaín. Nos aproveitamos para facer fotos e lembrar este día de traballo común entre maiores e pequenos. Aquí as tedes, quedaron moi simpáticas.

 

noviembre 4, 2014 | Leave a comment  

MOMIAS POLO SAMÍN

pequesreboreda

Os Apolos acompañamos a Anxo na celebración do seu aniversario xunto cos outros nenos de infantil que cumprían anos este mes. Aproveitando a proximidade do samaín fixemos unhas momias deliciosas. Aquí tedes un resumo de todo o que fixemos.
FELICIDADES ANXO!

 

noviembre 3, 2014 | Leave a comment