LIBROS SOLIDARIOS

pequesreboreda

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias.

«Libros solidarios» é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño. Todos estos centros son os puntos de intercambio.
A iniciativa está aberta a calquera cidadán que queira colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
Fonte:  Radio Redondela

Nós tamén nos unimos a esta campaña e hoxe fomos a intercambiar alimentos por libros. Ainda quedan libros polo que a campaña vai durar ata o fin das existencias.
Unha vez, máis grazas familias pola vosa colaboración!
LIBROSSOLIDARIOS
octubre 28, 2014 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario