LIBROS SOLIDARIOS
As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade que se destinarán a Cáritas Redondela. A campaña comezará o venres 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias.
RECICLAXE CON CAIXAS DE OVOS
Aínda que o tema principal deste curso para Voz Natura é o Horto escolar ecolóxico eso non significa que esquezamos o tema da reciclaxe que tanto traballamos o curso pasado, especialmente coas manualidades. Por iso pareceume interesante un artigo que atopei sobre diferentes usos que lles podemos dar ás caixas dos ovos. Eu, por exemplo, uso unha de media ducia para poñerlle os piensos a Loki, o meu canciño…pero se premedes na imaxe veredes moitas ideas máis. A que esperades?
HORTA ESCOLAR: AVALIACIÓN INICIAL
A primeira actividade relacionada con Voz Natura deste curso foi unha pequena avaliación inicial. Xuntámonos por equipos para tratar de responder a tres preguntas:
-
- Que é un horto?
- Para que serve un horto?
- Que é un horto ecolóxico?
Algunhas das respostas foron máis atinadas ca outras, algo lóxico e normal ao principio dun proxecto. Eso si, espero que ao final do curso todos teñamos claro como responder a esas cuestións.
Ademais, aproveitamos para ver quen tiña horto e que cultivaban nel. Con toda a información obtida fixemos un mural que colgamos no taboleiro, na sección de Voz Natura.
O CHOCO
PANINIS
Neste curso imos a utilizar as receitas de cociña como referente para facer traballo cooperativo e realizar actividades que engloben varias áreas.
Este venres comenzamos cunha das receitas que máis gusta, paninis. Cada equipo encargouse de traer os ingredientes necesarios e preparámolos de xamón e de atún.
Como podedes ver nas fotos, podemos dicir que …..
non se lles da nada mal esto da cociña!
Clicade na imaxe para ver as fotos no blog do manantial.
VISíTAMOS O COMITE CIENTÍFICO
Esta semana recibimos a visita do Comité Científico de VOZ NATURA e aproveitamos para falar das cousas que levamos feito e dos novos plans que temos para este ano.
Aquí tedes un resumo.
![]() |
![]() |
This photo slideshow customized with Smilebox |
CURSO 2014/2015 ARRANCAMOS!!!
VISITA A FERVENZA DE REBOREDA
Fai uns anos estabamos a traballar co proxecto da auga e Unai e David trouxeron unhas fotos dunha fervenza que había en Reboreda. As fotos eran preciosas pero cando quixemos saber onde estaba descubrimos que non tiña acceso e estaba chea de lixo. Nese momento estando en educación infantil comezamos unha loita para defender a nosa fervenza escribindo ao concello, a Seragua, aos xornais, contamos coas vivenzas das familias, falamos con políticos e finalmente fixemos unha saída reinvidicativa coas familias para amosar a todos coma estaba a fervenza.
VOS LEMBRADES?
Xa pasaron uns aniños dende esta primeira visita e a pesar do pasado do tempo os Vincis seguiron loitando por salvar a fervenza de Reboreda.
Lucas Camiño foi un dos Vincis que participou nesa loita e Cris, ainda que ela non viviu esa experiencia, con axuda da súa familia cóntanos a súa vinculación con ese lugar.
O venres pasado volvemos a nosa querida fervenza para vela despois das actuacións de acondicionamento do concello. Foi unha satisfacción enorme ver o entorno tan limpo, os accesos coidados e poder disfrutar dun lugar tan fermoso. Pero, o mellor de todo foi ver que as loitas dan o seu froito e que aínda que sexa lento vaga a pena defender aquilo que é bo para todos. A partir de agora cada vez que alguén fale da fervenza de Reboreda os Vincis saberán que eles son en gran parte responsables de ter recuperado un lugar tan emblemático da nosa vila.
NORABOA VINCIS!!!