FESTA VOZ NATURA 2014

pequesreboreda

Un ano máis fomos a festa de VOZ NATURA. Este ano o grupo convidado foron os Cocoricos, así que o sábado pola mañá reunímonos no cole e puxemos rumbo a Coruña para pasar un día xenial xogando e aprendendo no parque de Acea da Ama, en Culleredo.
O tempo non acompañou pero aínda así pasamos o día disfrutando nos hinchables, montando a cabalo, cos bolechas, nos talleres de maquillaxe, reciclaxe, globoflexia… e moitas e moitas cousas máis.
Escoitade as impresións dos Cocoricos.

E así pasamos o día

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes neste día.

E o ano que vén máis porque volvemos a ser un centro VOZ NATURA.
voznatura2014

junio 10, 2014 | Leave a comment  

ACTIVIDADE NO RÍO FONDON

pequesreboreda

Fonte: Ocio de Redondela

fondon

junio 6, 2014 | Leave a comment  

QUE TENRO

pequesreboreda

Vimos esta notícia na Voz de Galicia e encantounos.

 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/06/04/proteccion-patos-vigo/00031401880391929671786.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen
amodiño
Año tras año, los patos del humedal de A Bouza cambian de residencia llegado el verano. Con el calor, la charca en la que residen se queda casi sin agua y la fauna que lo puebla busca mejor destino, en este caso el vecino río Lagares. A fin de protegerlos y evitar que sean atropellados por los conductores al cruzar la calle Padre Seixas, el Concello acaba de instalar dos señales para recordar a los conductores que pueden encontrarse con familias de patos cruzando el vial. La medida goza de aceptación en la zona donde se encuentra el humedal, satisfechos de tener esta zona verde, que se esfuerzan por proteger a los patos. De hecho, el alcalde recordó hoy que la concejala de Medio Ambiente, Chus Lago, «intenta siempre ayudar a los patos cuando van hacia al Lagares, pero nunca se sabe cuando lo hacen… son ellos los que lo deciden».

junio 4, 2014 | Leave a comment  

ACTIVIDADE NA PRAIA DE CESANTES

pequesreboreda

Para os que non nos podedes acompañar o sábado a festa de Voz Natura, aquí vos deixamos unha boa alternativa:

cesantes

Sábado, 7 de Xuño de 2014 – 11:00 horas.
Actividade en Cesantes
Medio Ambiente organiza o sábado día 7 de 11:00 a 13:00 horas un obradoiro interpretativo orientado a dar a coñecer entre os participantes a fauna e flora da duna e praia de Cesantes. Inscrición no teléfono 986400300.
FONTE: RADIO REDONDELA.

 

 

junio 4, 2014 | Leave a comment  

O CARBALLO DAS CEN POLAS

pequesreboreda

De todos é sabido que na parroquia de Reboreda, fai non moitos anos, existía a tradición de ir comer a O prado nas festas do 15 de agosto. Nese lugar tamén habitaba uns dos carballos máis coñecidos O carballo das cen polas, a pesar de que xa non está vivo, ainda se pode contemplar o seu magnifico porte.

Sandra e Bea, dúas nais de alumnos dos Cocoricos A e de terceiro A, quixeron recrear esa tradición convidándonos a visitar o lugar para coñecer a súa historia e degustar debaixo do carballo unhas exquisitas empanadas, tortillas, bocadillos, patatillas…. que nos prepararon con moito agarimo.

E como manda a tradición, rematamos tirándonos a rebolos polo prado!

Disfrutamos moitísimo acompañados polos Cocoricos A e os Sapiens

Grazas Sandra e Bea por convidarnos!

Podedes ver as fotos no blog do manantial:  http://omanantial.blogspot.com.es/2014/06/o-carballo-das-cen-polas.html

 

CENPOLAS

junio 4, 2014 | Leave a comment