COMPARTINDO EXPERIENCIAS

pequesreboreda

Unai e a súa familia visitaron estos días o Parque Zoolóxico de Marcelle en Lugo. Alí pudo observar moi de cerca animais de diferentes hábitats e deixounos a todos abraiados co que aprendeu sobre eles.
Así viviu el esta experiencia

O venres fun coa miña familia ao zoo de Marcelle. Era enorme e moi bonito.
Había suricatas, burros, ponis, ourizo cachos, capibaras, cebras, wapitis, cervos e outros moitos máis. E incluso había reserva!
Os que máis me chamaron a atención  foron:

  •  Os canguros que son marsupiais porque teñen marsupios.
  •  Os emús son aves que non voan, pero son moi rápidas.
  • Os falcóns e os bufos reais.
  • Os linces, os xabaríns e os lobos que poden ser ibéricos.

Incluso atopei un amigo e paseino moi ben.

Grazas á familia por compartir con nós estas fotos fotos ! Clicade na imaxe para ir ao artigo do blog o manantial e poder ver as fotos.marcelleunai
abril 30, 2014 | Leave a comment  

MEMORIA DE VOZ NATURA

pequesreboreda

Xa mandamos a memoria deste curso e aquí vola deixamos para que lle botedes un ollo. Por certo, os sapiens fixeron unha portada preciosa pero vola ensinaremos no próximo artigo. Seguide atentos.

http://issuu.com/nivecaro/docs/memoria_voz_natura_2014

 

memoria voz natura

abril 30, 2014 | Leave a comment  

OS MAIOS

pequesreboreda

Estando a traballar o tema de ¨A nosa contorna¨ non podíamos pasar por alto unha das festas mais arraigadas da nosa vila ¨Os maios» . Imos construir entre todas as clases do centro un maio tradicional e o mércores celebraremos a nosa festa cantando as coplas.

Para irnos familiarizando aquí tedes un documental sobre a historia e a elaboración dos maios.

MAIOS

 

abril 29, 2014 | Leave a comment  

OS VERMES DE SEDA

pequesreboreda

A finais do mes de marzo comenzaron  a eclosionar os ovos dos vermes de seda  que gardábamos do ano pasado. A partir de ese momento, a primeira tarefa foi localizar moreiras para darlles de comer, e segunda, dada a cantidade de vermes que tíñamos, atopar familias que quixeran adoptar algúns  bichiños.

Día a día fomos aprendendo cousiñas dos vermes de seda pero ainda se nos plantexaban algunhas dúbidas. Así que recopilamos todo o que xa sabíamos e elaboramos unha lista do que queríamos averiguar. Para solventar as nosas dúbidas fómos a aula de informática a buscar información e alí atopamos a resposta as nosas preguntas.
Aquí podedes ver como o fixemos.

abril 28, 2014 | Leave a comment  

IMOS DE VENDIMA CON GAEL E A SÚA FAMILIA

pequesreboreda

A Coca Simona víu cargadiña de cousiñas da casa de Gael, os seus recunchos favoritos de Redondela, fotografías e un fermoso traballo sobre a vendima. Aos poucos días o seu avó Manolo visitounos para compartir con todos nós os segredos da vendima. Mirade que ben o pasamos e cantas cousas aprendemos coa axuda do avó Manolo.

E agora imos ensinarvos fotos e aparellos antigos da vendima.

abril 22, 2014 | Leave a comment  

DIA DA ÁRBORE POLOS SAPIENS

pequesreboreda

Antes de marchar de vacacións de semana santa no cole, como un ano máis, xunto coas comunidades de montes e a ANPA todos os peques do cole celebramos o día da árbore, no monte “Chan da Costa”.

Nesta ocasión, os sapiens, prantamos unha ameixeira, Nerea Lorenzo recibíu un premio polo seu debuxo para o 2º concurso de “Arte libre nun monte limpo”, merendamos uns deliciosos bocatas e ricas mazás e logo, como remate final, xogos sen fin.

abril 21, 2014 | Leave a comment  

VISITA A ZOOLAR

pequesreboreda

O pasado venres, acompañados por Montse e María José, baixamos a tenda de animais Zoolar.

Foi  un xeito especial de empezar o novo tema de Coñecemento  do Medio xa que alí poidemos ver infinidade de peixes, réptiles e aves. Grazas ás explicacións de Montse aprendemos de onde proceden, cales son as súas características físicas, como se reproducen e os cuidados que debemos prorcionarlles.
Para rematar mercamos neóns, xifos e mollys para o noso acuario que cada día está fermoso.
Grazas a todos que fixéstedes posible esta visita!

ZOOLAR

abril 19, 2014 | Leave a comment  

DIA DA ARBORE 2014

pequesreboreda

monte14Este pasado venres celebramos unha vez máis o Día da Árbore, coa colaboración das comunidades de montes de Ventosela e Reboreda e da ANPA, con dúas actividades diferentes.

Como todos os anos fixemos unha plantación de carballos, piñeiros e tamén de árbores froiteiras no lugar coñecido como Chan da Costa.

Ademais, por segundo ano consecutivo, un tramo da Senda da Auga convertiuse nunha pinacoteca ao aire libre con 300 debuxos, pequenas obras de arte que fixemos para participar no concurso organizado polas Comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela baixo o nome «A arte libre nun monte limpo».

Estamos de noraboa xa que María foi a gañadora do primeiro premio do Segundo Ciclo e recibiu un estupendo lote de libros.

Ao longo da mañán tamén participamos en diferentes xogos tradicionais como a chave, a corda ou o pano.

Foi unha xornada para gozar da natureza!

CLICADE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

abril 18, 2014 | Leave a comment