COMEZAMOS A TRABALLAR NA HORTA

pequesreboreda

Ao longo de esta semana como nos acompañou o bo tempo poidemos retomar as labores no noso horto.É tempo de acondicionar e plantar.
Comenzamos a preparar a zona onde imos comenzar a poñer os nosos cultivos. O mais urxente foi preparar os ocos e plantar as fresas para que medren a tempo para consumilas no cole.
Xa tiñamos plantas de frambuesas de dous tipos pero como nos gustan moito os seus froitos decidimos plantar unhas cantas mais e tamén unhas de groseias para probalas.

Por esta semana xa rematamos pero ainda nos queda moito que facer!

Tedes as imaxes neste enlace

http://omanantial.blogspot.com.es/2014/03/comenzamos-traballar-no-horto.html

marzo 17, 2014 | Leave a comment  

ADIVIÑA QUE E?

pequesreboreda

O venres fixemos un concurso onde debíamos utilizar os cinco sentidos. En cada equipo despois de ver, escoitar, cheirar, tocar ou probar tivemos que falar e poñernos de acordo antes de escribir que fora o que percibimos.
Vimos na pantalla seis anaquiños de diferentes imaxes e tivemos averiguar de que se trataba vendo so unha pequena parte. Foi moi difícil!
Logo escoitamos cinco sons que pode haber nunha casa: un teléfono, un cepillo de dentes, un secador e pratos
Co tacto palpamos os obxectos que había dentro dunha bolsa: unha cunha, unha mandarina, un peluche, un cravo e unha chapa.
Pero o máis complicado foi distinguir os cheiros: canela, café, orégano, allo e colonia.
Por último, para quedar con bo sabor de boca probamos: café, vinagre, mel, zume de laranxa e auga con sal.

Tedes as imaxes nesta entrada
http://omanantial.blogspot.com.es/2014/03/adivina-que-e.html

marzo 17, 2014 | Leave a comment