XAN CARALLAS E FAMILIA

pequesreboreda

Os Cocoricos seguimos a traballar sobre a nosa vila. Esta semana aproveitamos para facer unha actividade plástica con moitos pasos. Primeiro debuxamos nun folio a Xan Carallas, Xana, Apolo e Baco. Despois perfilamos os debuxos.
O seguinte paso foi crear o monte de Ventosela, para iso usamos cartoliña, un folio verde e distintos materiais ata deixar o monte a o noso gusto.
Rematamos pegando os debuxos da familia de Xan Carallas no bosque. E quedaron así de lucidos:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free digital slideshow
febrero 25, 2014 | Leave a comment  

DISFRACES A CON-CIENCIA

pequesreboreda

Aprovechando unas fechas y una celebración tan arraigada con es la del Carnaval, ¿por qué no convocar a todo aquel que se anime a personarse en el MUNCYT luciendo sus mejores galas, en este caso entendidas como disfraces de elaboración propia inspirados en la ciencia y la tecnología? Todos aquellos que desde el sábado 1 hasta el domingo 9 de marzo se personen –y quieran- podrán llevarse de recuerdo una fotografía en compañía de Pepe Xán y Marilú, los robots del Museo. Y ese no es el único obsequio que se podrán llevar… Y si todavía no te ha llegado la inspiración, toma nota de estas sugerencias: puedes venir disfrazado de científico histórico (Si es de Arquímedes no te olvides la bañera); de aparato, máquina o herramienta (cafetera, probeta, termómetro ..): o de «concepto»: átomo, ión, neurona, planeta, …

M.B.
disfraces_muncyt_350X350

febrero 21, 2014 | Leave a comment  

A FERVENZA DE REBOREDA 4

pequesreboreda

Non so os Vincis estaban preocupados por salvar a fervenza, os exploradores tamén estiveron debatendo o estado da fervenza, tentando buscar solucións e preparando as cartas que enviamos ao concello e a augas de Galicia para recuperar a nosa agochada fervenza.

Aquí vos deixamos o vídeo de análise da situación e as peticións ao concello e ao resto das autoridades pertinentes para que tomen cartas no asunto.

Tamén vos deixamos as nosas sinxelas cartas, aínda que somos pequenos e non sabemos escribir moi ben fixemos un gran esforzo para escribir estas catro palabras pero que son moi importantes. Queremos recuperar a nosa fervenza e con ela recuperar todos os recordos dos nosos avós e avoas.


febrero 20, 2014 | Leave a comment  

«DE VIAXE COA COCA SIMONA»

pequesreboreda

Comezamos unha nova aventura e estamos moi emocionados co que vai a pasar a partir de agora.
Dende hoxe e durante as vindeiras semanas os Cocoricos van levar unha maleta viaxeira para casa. A nosa maleta chámase «De viaxe coa Coca Simona». Nela temos diferentes cousas de Redondela para os nen@s e familias e ademais un pequeno traballo para facer na casa.
O portador da maleta debe cubrir unha ficha onde fale do seu lugar favorito de Redondela. A súa familia ten máis traballo. Ten que contarnos algunha cousa da nosa vila que logo poidamos traer a aula.
Na maleta vai este libro con toda a información e indicacións para o traballo:
LIBRO COCA
Fixemos unha reunión coas familias o martes para plantexarlles o proxecto. Ao principio houbo medo e reparos pero, coma sempre, sairon moitas ideas que de seguro aproveitaran para sorprendernos na aula.
Estamos desexando que as familias veñan a nosa aula e poidamos seguir aprendendo cousas de Redondela.
QUEREDES VIAXAR CONNOSCO?
POIS AMARRADEVOS QUE COMEZAMOS.</
p>
A primeira protagonista é ALBA que marchou hoxe ben cargada coa maleta.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Create your own digital scrapbooking design

febrero 19, 2014 | Leave a comment  

A FERVENZA DE REBOREDA 3

pequesreboreda

O día que nos publicaron no xornal a situación da fervenza a partir dos nosos traballos e publicacións no blog da escola non dabamos crédito e os Vincis estaban encantados. A calquera que pasaba pola nosa porta o chamaban para compartir a boa nova. Pero, non creades que quedou aí a cousa, para nada. Despois tivemos un interesante debate falando dos pasos para seguir traballar pola nosa fervenza. E, ides ver, que aquí ten que botar unha man todo o mundo, senón atentos as ideas dos Vincis para preparar carteis de sinalización da fervenza.

febrero 18, 2014 | Leave a comment  

VOZ NATURA INFORMA

pequesreboreda

Fiesta%20Voz%20Natura%202013
Para marcar en rojo en las agendas y reservar ya el día. El sábado 7 de junio es la fecha en la que la que celebraremos la fiesta fin de curso. Voz Natura despedirá su 17.ª edición y, como todos los años, lo haremos por todo lo alto con una gran celebración que se prolongará durante toda la jornada e incluirá un programa repleto de propuestas de todo tipo.

Durante los próximos meses se irá perfilando la oferta de actividades de ocio, lúdicas y deportivas de una fiesta a la que Voz Natura invita a todos los que deseen asitir, participen o no en el programa. La entrada será libre y la participación en las actividades completamente gratuita.

Premios
La fiesta, en la que se clausurará esta edición de Voz Natura dedicada a la protección de los ríos y las playas, se entregarán los galardones finales del curso. El mejor trabajo de los 307 que se están ejecutando este año será reconocido con el premio Galicia. Además se entregará cuatro reconocimientos provinciales, otro al mejor proyecto infantil y también al ganador del concurso de blogs Voz Natura. Estas semanas, el comité científico del programa está visitando todos los centros para evaluar los proyectos y tomar nota de cara a la concesión de los premios

UNHA VEZ MÁIS ALÍ ESTAREMOS!!!

febrero 17, 2014 | Leave a comment  

APRENDEMOS A RECICLAR

pequesreboreda

Hoxe viñeron Fran e Francisco de Sogama a ensinarnos a REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Aprendemos a poñer material no contedor axeitado e nos deron dous agasallos a cada un.

Para rematar vimos este interesante vídeo de reciclaxe.

febrero 14, 2014 | Leave a comment  

NAPOLITANAS DE CHOCOLATE

pequesreboreda

Os rapaces de 3º estiveron moi ocupados facendo unhas deliciosas napolitanas de chocolate. Todo comezou con este vídeo-receita de YouTube:

Logo foron a cociña e puxéronse mans a obra e saiulles xenial. Clicade na imaxe para ver o artigo no seu blog.
napolitanas

febrero 14, 2014 | Leave a comment  

VISITA AO MUSEO DO MAR

pequesreboreda

Aproveitando a viaxe a Vigo, o martes pasado, tamén visitamos o Museo do Mar. No fixemos a visita típica a un museo senón que participamos nun obradoiro de arqueoloxía. Como arqueólogos experimentados, recuperamos restos de ósos, vaixelas, colares…. para logo analizar.

Clicade na imaxe para acceder a entrada no blog de terceiro onde tedes dous vídeos resumo desta visita.

MUSEO DO MAR

febrero 12, 2014 | Leave a comment  

A FERVENZA DE REBOREDA 2

pequesreboreda

Coma so vos dixemos a semana pasada imos contarvos todo o que levamos feito para salvar a nosa fervenza.
Ademais de falar dela, trouxenos as familias a escola para que compartirsen connosco os seus recordos sobre o Río Alvedosa.

Paula, unha dicharachera exploradora, quixo presentarnos á súa avoa e á súa bisavoa a través dun vídeo moi entretido no que “Juanita” contóunos un millón de cousas dos muíños e a “bisa” contóunos cousas dos lavadoiros e pequenas anécdotas de cando ela era pequena. A máis cantarina de todas foi a avoa de Paula que regalóunos varias cantigas.

Ahí vos deixamos todas as súas explicacións e o ben que o fixo Paula como entrevistadora. Noraboa!!!!

febrero 12, 2014 | Leave a comment  

Next Page →