A LENDA DE XAN CARALLAS
Seguimos co noso proxecto de Redondela. Unha das primeiras cousas que querían investigar os Cocoricos era a Xan Carallas. Buscamos información e resulta que hai diferentes historias sobre este peculiar personaxe. Escollemos a que máis nos gustou e os equipos escribiron a historia para logo contala entre todos. Estade atentos para coñecer mellor ao fundador da nosa vila.
AFORCADO ECOLOXICO
Estes días os peques do cole andamos a xogar ao aforcado e atopamos este que nos gustou moitisimo. A ver cantas adiviñades vos!
MÁIS DA NOSA CONTORNA
No primeiro trimestre fomos achegándonos tímidamente ao proxecto deste curso pero entre os peixes, as tartarugas, festas… non demos arrancado. Pero este trimestre comezamos xa de cheo e esta semana traballamos arreo. Para comezar, sabedes cantas parroquias forman Redondela?
![]() |
![]() |
This free picture slideshow personalized with Smilebox |
A NOSA CONTORNA
Os Cocoricos esta semana fixemos equipos e estivemos falando do proxecto, que este ano vai da nosa contorna. Constituimos un equipo de expertos que decidiu que temas imos abordar este trimestre. Imos comezar falando de Reboreda porque é a nosa parroquia e resulta que ten unha chea de cousas que vale a pena coñecer. Pero, ademáis, imos saber máis de Xan Carallas. Aínda que hai máis cousas.
Aquí tedes unha mostra do equipo de expertos falando do proxecto e dos nosos coñecementos previos.
RÍOS E MARES 10: RUTA DE REDONDELA A SOUTOMAIOR
Que vos parece se nesta ocasión saimos de ruta. Animádevos a seguir o GR 94 RURAL DE GALICIA. É unha gran ruta pero imos quedarnos cun tramo, o que vai de Redondela a Soutomaior.
Imos facer un percurso por vales, montes, ríos e regatos. Comezamos deixando atrás o río Maceiras do que xa falamos noutras ocasións e camiñamos polos montes de Santo Paio de Arriba e Quintela onde cruzaremos o Río Alvedosa.
PONTE GARRIDO NO RÍO ALVEDOSA
Seguiremos polos montes de Picapedroso e Espiñeiro na procura do Río Verdugo, aínda que etapa remata antes podemos rematala ao cruzar o mesmo.
Polo camiño iremos vendo a enseada de San Simòn dende diferentes ángulos,
así coma o estreito de Rande ata chegar a Soutomaior.
Xa vedes unha boa camiñata acompañados polos nosos ríos e pola Ría. Nos esquezades a cámara e se vos animades, compartide connosco as vosas fotos.
VISITA DE OLIVER
Xa de volta e coas pilas cargadas empezamos este trimestre cunha visita sorpresa e inesperada. Oliver, o padriño de Lucas Camiño, atopábase aquí pasando uns días cuns familiares e veu a visitarnos para falarnos sobre as súas viaxes.
Comenzamos preparando unha entrevista na que cada equipo ía formular preguntas sobre a súa vida, o seu traballo e as súas afeccións. Así nos enteramos de que traballa como guía de expedicións de deportes de aventura e ademais de participar en proxectos humanitarios. Visitou e vivíu en diferentes países dos que nos ensinou unhas fotografías impresionantes e nos comentou un sinfín de curiosidades como podedes ver nos seguintes vídeos.
Os Cocoricos A tamén se uniron a nós e estiveron moi atentos a todas as explicacións.
Grazas Oliver e Carla por compartir con nós as vosas experiencias!
Esperamos voltar a vervos!
ADORNOS DE NADAL CON MATERIAL DE REFUGALLO
Este ano ademáis dos adornos da árbore de nadal fixemos moitos máis adornos e traballiños con materiais de refugallo, da contorna ou elementos que podemos atopar pola nosa casa, como: botón, rollos de papel hixiénico, corchos, cartóns das caixas de froitas, papel de aluminio,…
![]() |
![]() |
Create your own digital slideshow |
TALLER DE COCIÑA: GALLETAS DE NADAL
No taller de cociña do mes de decembro tivemos receita dobre. A familia de Diego e a familia de Ángela mandáronnos receitas de galletas de nadal. Coma as receitas non eran exactamente iguais decidimos facer as dúas. Para iso fixemos dous equipos, o de Diego fixo a súa receita e o de Ángela a dela. Tamén aproveitamos para convidar a profe Alejandra, a Brais e Marta e signar os ingredientes de receita.