OS SAPIENS DECORAN A SÚA ÁRBORE CON PIÑAS

pequesreboreda

Este ano tocoulles ao pequesreboreda adornar a árbore de nadal. E nesta ocasión quixemos facelo con materiais da contorna e materiais naturais, como: piñas, noces e cacahuetes. Os sapiens decoramos piñas e fixémolo de formas moi diversas, como por exemplo: pintalas, transformalas en bonecos de neve esquiadores, decoralas con purpurina de cores ou…. pegarlles diferentes materiais para darlles un toque diferente.

Queredes coñecer todo o proceso de elaboración? Pois… atentos, atentos que isto vai comezar!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow design
diciembre 19, 2013 | Leave a comment  

UNHA ÁRBORE MOI SINGULAR

pequesreboreda

Fai uns días recibimos un correo con ideas para o nadal. Viñan dúas árbores moi orixinais e decidimos facer unha delas porque tiñamos o material na aula aproveitando os recunchos do ano pasado. Queredes saber coma o fixemos? Non perdades detalle.
Moitas grazas, de antemán, a Mery por compartir connosco as súas ideas.

diciembre 17, 2013 | Leave a comment  

ADORNAMOS OS CORREDORES

pequesreboreda

Seguimos facendo elementos decorativos navideños. Para darlle un novo aspecto aos corredores de acceso as aulas preparamos unhas guirnaldas e un renos con material de refugallo moi simpáticos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design
diciembre 16, 2013 | Leave a comment  

ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL

pequesreboreda

Este ano aos pequesreboreda tocounos decorar a árbore de nadal. Coma o proxecto do centro vai sobre a nosa contorna, decidimos facer os adornos con materiais que podemos atopar no noso medio coma noces, piñas ou cacahuetes. Aos Cocoricos tocáronnos os cacahuetes e puxémonos mans a obra. Mirade, mirade!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
diciembre 13, 2013 | Leave a comment  

EXPOSICIÓN REDONDELA E O MAR

pequesreboreda

redondelaO obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta unha exposición de fotos sobre Redondela e o Mar. Neste momento podedes ver a exposición no Multiusos Piñeiral do Crego de Chapela. Chegará a Redondela no mes de xaneiro.
Baixo o título «Redondela e o mar» a exposición recolle imaxes cedidas polos veciños nas que se abordan temas mariñeiros e, máis concretamente, en torno a aquelas actividades que no pasado se desenvolvían no mar.
A Asociación ten en marcha tamén outra actividade na que a memoria xoga un papel fundamental. Dende hai semanas e durante os vindeiros meses está na gravar aos maiores da parroquia e co material recollido queren facer un audiovisual como xeito de documentar usos, costumes, traballos e tradicións que co paso dos anos están a esmorecer para evitar así a desaparición da súa memoria.

diciembre 13, 2013 | Leave a comment  

NADAL DE RECICLAXE 1

pequesreboreda

Andamos a decorar o noso corredor con adornos navideños. Para as manualidades que fixemos non necesitamos mercar nada pois tiñamos de todo na clase: tubos de papel hixiénico, caixas de cartón da froitería e papel de alumiño dos bocatas. Non só é máis barato senón que aproveitamos materiais que ían ir para o lixo no lugar de mercar outros, e todos saímos gañando.
MIRADE O VÍDEO DO PROCESO.
http://vimeo.com/81421583
E ASÍ QUEDOU O CORREDOR!
NADAL

diciembre 11, 2013 | Leave a comment  

VISITAMOS O MUSEO MEIRANDE

pequesreboreda

O pasado xoves, os pequesreboreda, viaxan polos mares nun barco de tesouros no museo de Meirande. Pasámolo xenial e convertímonos nuns verdadeiros aventureiros. Mirade, mirade!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free photo slideshow
diciembre 10, 2013 | Leave a comment  

ROLOS DE PEITUGA DE PAVO E QUEIXO

pequesreboreda

No mes de novembro, os sapiens non tiveron ningún cumpreañeiro pero participaron co resto dos pequesreboreda a tradicional festa dos aniversarios. Nesta ocasión realizaron una sinxela receita que fixeron eles moi, moi ben. Empregaron pechuga de pavo, queixo e pauciños de pan e os celíacos fixeron o mesmo con pechuga (sen glúten) e queixiños (sen glúten) pero sen pauciños de pan. Ao rematar cantamos e botamos uns enormes foguetes para finalizar una merendola tan xenial!!! Ahí vos deixamos uns retaciños deses momentos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow personalized with Smilebox
diciembre 5, 2013 | Leave a comment  

RÍOS E MARES 9: POZA DA LAGOA

pequesreboreda

3132550A poza da Lagoa atópase en Monte Mirallo, na parroquía de Trasmañó. Trátase dun área recreativa onde podemos iniciar un camiño que pasa pola poza e fonte de auga que da nome ao lugar.mapaO camiño lévamos a disfrutar duns xacementos arqueolóxicos impresionantes que pertencen ao conxunto prehistórico de Monte Penide.
Trasmañó damos unha vista privilexiada da vista de Vigo e podemos coller a Poza da Lagoa coma incio dunha ruta ata o mar. Pasando por fontes, regatos e ríos. Aquí vos deixamos un vídeo onde podedes facervos unha idea do que vos ides a atopar. Animádevos e contádenos logo as vosas experiencias.

diciembre 5, 2013 | Leave a comment  

MANUALIDADES DE NADAL E RECICLAXE

pequesreboreda

O Nadal está cada día máis preto e sei que hai cativos que xa empezaron a adornar as súas casas, ao igual que faremos no cole. Coma sempre tentaremos na medida do posible aproveitar materiais que normalmente acaban nos contenedores do lixo.
Atopei un blog con moitas manualidades bastante sinxelas para facer adornos de todo tipo. Algunhas as faremos no cole…e quen se anima a facer na súa casa e traelas para que as vexamos todos? Se os marcapáxinas con tubos de cartón foron un éxito seguro que esto tamén o é!
Se premedes na imaxe accederedes a ese blog con tantas ideas:
arbol navidad

diciembre 3, 2013 | Leave a comment