RÍOS E MARES 8: PASEO MARÍTIMO DE REDONDELA

pequesreboreda

aportela
O río Alvedosa e o río Pexegueiro, que pasan os dous por Redondela, desembocan no mar. O paseo que queremos que coñezades mellor é o que vai pola marxe do río Alvedosa e segue todo pola marisma ata o mar. Tamén podemos recorrer o Pexegueiro por un ramal do sendeiro.+

O camiño vai a carón do río e do mar. É un pasado feito en madeira para incorporarse mellor no medio natural. Na marea baixa podemos ver as marismas e unha chea de aves coma gaivotas, pitas de auga, parrulos, cormoráns… comendo na marisma.

O paseo é de pouca dificultade e brindamos a posibilidade de disfrutar do cheiro do mar e de ver coma se esconde o sol na zona do porto de Cobres, en Vilaboa.

aportela2

A senda está iluminada así que tamén podemos facer o paseo de noite aínda que a mellor hora é o solpor pola iluminación que deixa o sol no mar.

A ruta polo Pexegueiro é máis curta e vai ao carón da depuradora, despois podedes ir un anaco máis alá pola beira do río ata o campo do Choco aínda que o paseo non está en tan boas condicións.

Os dous paseo son moi bonitos e nos permiten disfrutar da natureza e ver coma se conxugan mar e ríos en Redondela así que se tedes oportunidade non deixedes de pasear por eles.

noviembre 28, 2013 | Leave a comment  

TALLER DE COCIÑA: PALMEIRAS DE CHOCOLATE

pequesreboreda

Este mes os Cocoricos volvemos a recibir unha receita da nosa amiga misteriosa Magdalena. Nesta ocasión convidábanos a facer Palmeiras de chocolate. Coma a receita parecía sinxela decidimos facelas por equipos. Cada equipo repartiu funcións na aula e fomos a cociña. Todos conseguiron facer as palmeiras e a verdade é que quedaron boísimas. Aquí tedes todo o proceso.

Despois, coma sempre, escribimos a receita por equipos e, nesta ocasión todos o fixeron moi ben. Teño pouca filmación porque quedei sen batería pero para que vos fagades unha idea creo que chega.

A ver se o próximo mes vos animades e nos mandades algunha receita de nadal.

noviembre 27, 2013 | Leave a comment  

O CARBALLO DOS 100 CONTOS

pequesreboreda

Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular «Carballo dos 100 contos». É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox
noviembre 26, 2013 | Leave a comment  

ORGANIZACIÓN DA AULA E RECICLAXE EN 3º, 2ª PARTE

pequesreboreda

Seguimos aproveitando materiais e adaptándoos para darlles un novo uso. Nesta ocasión tratábase de caixas da froita. Pouco a pouco a nosa biblioteca de aula vai quedando moi chula e, ao mesmo tempo, organizada por seccións.

http://vimeo.com/79900685

noviembre 25, 2013 | Leave a comment  

COIDAMOS A AUGA

pequesreboreda

Aquí vos deixamos uns vídeos que estamos traballando na aula sobre o aforro e contaminación da auga que nos gustan moito. Esperamos que a vos tamén.

noviembre 24, 2013 | Leave a comment  

RÍOS E MARES 7: O PORTO DE CESANTES

pequesreboreda

O PORTO DE CESANTES

tg_contido_lateral

O porto de Cesantes é un porto pesqueiro que pertence ao nos concello. Está na vertente sur da Ría de Vigo, na súa parte máis interior e conformao final da mesma. O porto está en pleno corazón da Enseada de San Simón (falamos dela a semana pasada).

O porto está protexido por un dique do que forma parte unha pasarela que leva aos pantaláns. Estes están separados e permiten o atraque e descanso de barcos pequenos.

É un porto pequeno cunha pequena lonxa. Abunda o choco e moitos veciños van pola noite a el. A pesca é de baixura e xusto no porto temos a conserveira «A Coca».
BARCOS

noviembre 22, 2013 | Leave a comment  

ANIMAIS DE RÍO: GAEL E AS SÚAS TARTARUGAS

pequesreboreda

Os sapiens están moi entregados no coidado da súa mascota, a tartaruga Lula. Pero… nas súas casas os sapiens tamén coidan das súas tartarugas. Nesta ocasión Gael quixo compartir con nós varias fotos para ensinarnos e presentarnos a: nadadora, campanilla e voladora.

Mirade que ben explicou todo Gael, xa é todo un experto contador das súas propias historias. Noraboa e parabéns ao meu sapiens superhéroe con máis poderes.

noviembre 21, 2013 | Leave a comment  

COROAS DE OUTONO

pequesreboreda

Levabamos varias semanas preparando con esmero as nosas sinxelas coroas de outono. Traballamos as follas das árbores dos nosos bosques, as súas cores de outono e traballamos a lectoescritura compoñendo a palabra “OUTONO” e utilizamos diferentes recursos plásticos que melloraban a nosa motricidade fina.

Agora vos deixamos retazos de como traballaron os sapiens para darlle forma a súa fermosa coroa e o guapos que estaban con elas nas súas cabeciñas.

noviembre 20, 2013 | Leave a comment  

OS PEQUES VISITAMOS A NOSA VILA

pequesreboreda

Este ano imos aprender cousas do noso entorno e pareceunos que o mellor xeito de iniciar as nosas pescudas era dando unha volta polo vila para ver que sitios coñeciamos e cales non e, sobre todo, que cousas nos chamaban a atención e que podíamos investigar na aula. A visita foi moi entretida e aprendemos moitísimas cousas, ademáis temos unha chea de intrigas para resolver na aula.

Empezamos no adro da igrexa, despois de baixar andando, de hai a praza da alfóndiga (tamén coñecida coma a praza da herba ou dos tinglados), zona antiga, vimos unha das casas máis antigas, chegamos a onde comezaba o barrio dos pescadores, metémonos por unha calle estreita, vimos a San Carallas, paramos na casa da Torre, paseo pola beira do Alvedosa ata onde se xunta co Maceiras e parada a merendar na Xunqueira con tempo de ocio incluido. Despois do descanso visita ao Concello, Mercado de Abastos e grabamos o sonido do tren coa profe Isabel. Vimos un debuxo da Redondela antiga e visitamos a Casa do Mono Paco. De camino ao autobús vimos parrulos, muxos e ata troitas. Coma vedes unha mañá moi, moi intensa.

REDONDEL

noviembre 19, 2013 | Leave a comment  

RÍOS E MARES EN REDONDELA. ENTREGA 6

pequesreboreda

A ENSEADA DE SAN SIMÓN

 
enseada

A Enseada de San Simón abrangue aprox. 2.250 Ha na parte interior da Ría de Vigo. Está clasificada coma Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Interese Comunitario, polo que forma parte da Rede Natura 2000, unha rede europea de espazos naturais protexidos.
A Enseada de San Simón é unha bacía sedimentaria costeira duns 8 km de lonxitude e 3,6 km de anchura máxima. Está comunicada coa parte media da ría polo estreito de Rande, duns 700 m de anchura, dándolle á enseada un aspecto de lago interior, franqueado e resgardado por unha serie de elevacións de entre 100 e 600 m de altitude.
Son varios os ríos e regos que desaugan nesta zona, sendo os máis importantes o río Verdugo-Oitavén e o Maceira-Alvedosa.
O primeiro desemboca entre Arcade e Ponte Sampaio; os segundos, forman un pequeno esteiro entre Redondela e Cesantes, a foz da Portela, no sueste da enseada. No fondo da enseada atópanse os restos dunha antiga salina (salinas de Casó). No norte, augas a dentro da punta do Cabalo, constitúe a enseada de Vilaboa, que vese na súa maior parte durante a baixamar.
As augas da enseada son, en xeral, pouco profundas, non superando os 8 m de profundidade, salvo no contorno do estreito de Rande.

A enseada de San Simón é un dos ecosistemas acuáticos máis produtivos de Europa. Hai un fenómeno natural que se dá cada ano no fondo do océano fronte ás costas galegas, e que vai terminar afectando tamén ás rías: o afloramento oceánico. Así, cada ano, arredor da primavera ou verán, cando os ventos dominantes sopran dende o norte-nordeste, estes van desprazar as augas superficiais costeiras cara ao mar aberto, creándose un «baleiro» que provoca o ascenso das augas máis profundas dende o océano ata a superficie para «enchelo». Estas augas profundas son frías e veñen cargadas con nutrientes que chegarán ata o fondo das rías. Na enseada mestúranse coas augas doces dos ríos Verdugo–Oitavén e Alvedosa-Maceiras, creando as chamadas augas «salobres», de baixa salinidade comparada co mar aberto.

A pouca profundidade e a intensidade do sol do verán fomentan que os nutrientes sexan rapidamente aproveitados polas plantas mariñas. Esta explosión vital crea a base alimentaria para o resto de formas de vida das augas mariñas redondelás. Ademais, a relativa «quietude» da auga, lonxe do mar aberto, convértea nun refuxio para moitos animais, desde aves ata moluscos, e unha importantísima zona de cría para moitas especies emblemáticas da ría, dende a ameixa e a ostra, ata o choco e a faneca.
especies

Ademais do seu tremendo valor histórico, esta fin de semana pasada inagurouse o Museo Meirande, do que falaremos máis adiante, a súa paisaxe é espectacular e ademais de ser un lugar de pesca, marisqueo e un lugar turístico.
A enseada conta cun conxunto de ecosistemas e hábitats cunha considerable biodiversidade:

– Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga na baixamar.
– Bosques de amieiros e freixos.
– Espazos salinos
ENSEADA 2

noviembre 14, 2013 | Leave a comment  

Next Page →