CELEBRANDO SAMAÍN 1: TALLER COS COMPIS DE 1º DE PRIMARIA

pequesreboreda

Este ano, igual que o curso pasado volvemos a repetir a experiencia de traballar con 1º. Fixemos unha chea de actividades, a primeira baleirar e decorar cabazas. O baleirado fixémolo porque ao día seguinte os de 1º fixéronnos chulas de cabaza coa carne das mesmas. O taller saiu xenial, daba gusto ver a Cocoricos e nen@s de primeiro, os antigos waters, traballando a reo. Aquí vos deixamos un resumo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox
octubre 31, 2013 | Leave a comment  

TALLER DE COCIÑA NOS ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

pequesreboreda

Os pequesreboreda celebramos uns aniversarios moi terroríficos e moi saudables. Fixemos cabaciñas e pantasmas con mandarinas e plátanos. Pelamos as mandarinas e lle colocamos unha regaliz como se fose o rabiño e logo puxémoslle unha cara medoñenta á nosa pantasma froiteira con pepitas de chocolate. E despois de tanto crear e cociñar tocaba tomar esa merendola tan sá.

Mirade que ben o pasaron estes pequenos cociñeiros!!!

octubre 30, 2013 | Leave a comment  

CHEGARON AS TARTARUGAS AS AULAS DE SAPIENS E COCORICOS

pequesreboreda

Os sapiens e os cocoricos «A» levaban días ansiosos preparando a chegada das súas novas mascotas, unhas pequenas tartarugas de orellas vermellas.

E despois de tan longa espera chegou o gran día. Montse trouxo a dúas fermosas tartarugas de dos meses de idade e contounos una chea de cousiñas que debíamos saber dos coidados destas pequenas mascotas. Pero os sapiens e os cocoricos non perderon detalle e incluso fixéronlle un montón de preguntas á nosa convidada.

Tantas foron as cousas das que falamos que non puidemos quitar nin un detalle desta interesante actividade polo que tivemos que facer dous vídeos con todas as explicacións de Montse e todas as preguntas destes pequenos investigadores. Esperamos que aprendades tanto coma nós con estes vídeos.

octubre 29, 2013 | Leave a comment  

RÍOS E MARES EN REDONDELA. ENTREGA 4

pequesreboreda

A SENDA DA AUGA

AUGA 2

O camiño da auga de Redondela é un camiño que discorre paralelo ao canal que transportaba auga dende o Encoro de Eiras ata Vigo. A senda pasa polos Concellos de Fornelos de Montes, Soutomaior, Pazos de Borbén e Redondela antes de chegar a Vigo.
No noso concello recorre 23 km e pasa polas parroquías de Chapela, Trasmañó, Cedeira, Negros, Cabeiro, Vilar de Infesta, Saxamonde, Quintela e Reboreda.
http://www.youtube.com/watch?v=18-d-fsT254
A ruta é preciosa, discorre por monte e é un mirador incrible da Ría de Vigo, sobre todo, da Enseada de San Simón, do Morrazo e das Illas Cíes.
Coma vai ao lado da tubería o camiño é chan así que nen@s e maiores podemos disfrutar deste percurso. O ano pasado, os debuxos do Día do Monte, da nosa escola, colgámolos na zona da Senda da auga o seu paso por Amoedo.

Nesta dirección tedes un mapa detallada do recorrido.
http://turismoredondela.net/pdf/mapas.pdf
Hoxe en día esa tubería está en desuso porque a auga tráese pola Madroa pero o camiño segue sendo excepcional.
Se chegamos ao seu fin podemos disfrutar do encoro de Eiras tomando unha boa merenda despois da camiñata.

AUGA

Se queredes facer tramos podedes consultar información na páxina de turismo de Redondela onde ven detallada a ruta.
http://www.turismoredondela.es/es_n_rutadaauga.php

octubre 25, 2013 | Leave a comment  

OS SAPIENS E OS COCORICOS PREPÁRANSE PARA A CHEGADA DAS TARTARUGAS

pequesreboreda

Este ano, os sapiens e os cocoricos «A», están inmersos no coidado de mascotas. Agora estánse preparando con forza e ilusión a chegada dunhas simpáticas tartarugas de orellas vermellas.

Así que os cocoricos quixeron ofrecerlles e explicarlles aos sapiens toda a información que levan recopilando ao longo destes días. Traballaron por equipos e prepararon un gran traballo de investigación, parecían… uns grandes profesionais!!! Pero tamén quedaron abraiados con todo o que sabían os pequenos sapiens, que agora xa non son tan pequenos.

Mirade! Mirade! Que forma tan interesante de compartir e confrontar a información recollida durante eses laboriosos días de investigación.

octubre 22, 2013 | Leave a comment  

AS SALAMANDRAS E OS COCORICOS

pequesreboreda

Álvaro atopou na súa casa dúas crias de salamandras. A súa nai mandounos un correo coas fotos e decidimos que queriamos velas na clase, así que o venres Álvaro trouxo a unha cria de salamandra, a outra escapouse pero atoparon a nai.

Foi un día cheo de emocións, investigamos a aprendemos unha chea de cousas das salamandras e despois fomos ao río a soltalas.

Aquí vos deixo un vídeo que atopamos no youtube que nos encantou:

 
http://www.youtube.com/watch?v=6p8b2YHT2PU

Coma dixo Martín, «Mola vir ao cole porque sempre pasan unha chea de aventuras». Non o podería resumir mellor.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow design

Grazas a familia de Álvaro por compartir connosco este animal tan singular.

octubre 21, 2013 | Leave a comment  

PEIXES CON MATERIAL DE REFUGALLO

pequesreboreda

Coma sabedes este ano temos peixes na clase aproveitando o proxecto Ríos e mares de Voz natura. Ademais de aprender cousas dos peixes pareceunos divertidos facer algún traballo manual así que atopamos na rede uns peixes moi simpáticos feitos con cartóns de papel hixiénico. As familias mandáronnos os cartóns baleiros e puxémonos mans a obra. Quedaron moi coridos e agora fanlle compañía aos nosos peixes e coma están colgados no teito cando nos movemos parece que están nadando.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design personalized with Smilebox
octubre 18, 2013 | Leave a comment  

OS PEQUES DO COLE COMEZAN A SEMENTAR

pequesreboreda

Este ano imos tentar ter a horta todo o ano cultivada. Hoxe comezamos prantando brecol, coliflor e verzas. As coles e verzas son cultivos de outono.

Este ano contamos cunha axuda moi especial, algúns nen@s maiores de 6º viñeron a semana pasada a limpar as malas herbas e hoxe axudaron aos pequenos a prantar. Pasaron por alí os Cocoricos, algúns Sapiens e ata se atreveron algúns Coquiños. Mirade que ben o fixeron.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free slideshow
octubre 17, 2013 | Leave a comment  

OS NENOS DE 3ºA DAN A SÚA VERSIÓN DA VISITA A REDONDELA

pequesreboreda

O pasado xoves realizamos a nosa primeira saída co fin de percorrer o casco antigo da nosa vila e visitar o concello.
Baixamos andando pola rúa dos Eidos. Fixemos a primeira parada no adro da igrexia pois foi nesa zona onde seguramente se asentaron os primeiros habitantes de Redondela. A continuación paramos na praza da Alfondiga, lugar de venda de diversos produtos entre eles a semente da herba, leña, feixóns… Moi pretiño de alí poidemos ver unha das casas máis antigas da nosa vila. Baixamos ata o cruce coa rúa Telmo Bernárdez na praza do Leite que é a que marca o límite do barrio máis elitista do de pescadores da Esfarrapada. Percorremos a estreita rúa Meixón Frío e dirixímonos ata a praza da Casa da Torre. Sentados alí poidemos comparar os tipos de edificios que podemos atopar a unha e a outra beira do río Alvedosa.
A pesares de que o seu curso atravesa Reboreda, o río Alvedosa é un gran descoñecido. Observamos que neste tramo urbano, o seu cauce discurre entre muros, ten abundante vexetación onde habitan parrulos e se poden ver plásticos e bastante lixo. Andivemos uns poucos metros para ver o lugar onde se xunta co río Maceiras.
Xa non había tempo para máis, tiñamos que merendar pois o señor Alcalde estábanos esperando. No concello poidemos ver o salón onde se celebran os plenos e sentirnos como concelleiros e concelleiras votando as nosas propostas. Tamén fomos a oficina do censo e comprobamos que podían saber cal era o noso enderezo se vivíamos no concello de Redondela.

Ainda nos queda moito que ver así que dentro de nada voltaremos a percorrer as rúas da nosa vila.

Grazas señor Alcalde polo seu tempo e amabilidade!

redondela

octubre 16, 2013 | Leave a comment  

OS NOSOS CULTIVOS DE OUTONO

pequesreboreda

OS NOSOS PRIMEIROS CULTIVOS DE OUTONO

A volta do verán poidemos colleitar os tomates, cebolas e allos que plantáramos o curso pasado. Agora comenzamos a preparar de novo o horto. Temos que limpar as malas herbas e comenzar a plantar de novo cultivos propios desta estación. Neste curso incorpóranse aos traballos agrícolas os nenos e nenas de terceiro, que moi ben asesorados polos antigos alumnos, comenzaron a plantar repolos, coliflores, brecol e puerros.

Daba gusto velos traballar xuntos!

horta luisa

octubre 14, 2013 | Leave a comment  

Next Page →