A COLLEITA DOS MAIORES
O venres preparamos uns canapés riquísimos despois de aprender moitas cousas sobre o tomate, propiedades, a chegada a Europa, orixe… Tomates que nós mesmos plantamos convertéronse nestes ricos pinchos, ollade!
Gracias a profe Luisa, a Uxía e Alejandra por compartir esta festa con nós!
OS ECOCOCORICOS
Un ano máis os Cocoricos volvemos formar parte do proxecto VOZ NATURA. Este ano imos levar a cabo unha actividade que o ano pasado quedou so en idea. Creamos a Ecopanda dos Cocoricos.
Nos imos poñer o noso gran de área coidando o medio aproveitando as posibilidades que nos da a aula. Cada día imos ter un viaxante que se encarga de que a reciclaxe na aula sexa a correcta, de apagar as luces cando sexa preciso, de levar a compostaxe a composteira… A medida que avance o curso as responsabilidades do viaxante irán aumentando. Para iniciar este proxecto fixemos un distintivo para que leve o viaxante de cada día, creamos un espazo de reciclaxe na aula, incluindo a recollida de tapóns, pilas e cartuchos de tinta usados e preparamos un cartel de reciclaxe entre todos. A nosa primeira viaxante foi Alba e fíxoo moi, moi ben.
ARRANCAMOS!!!
Comeza o curso e un ano máis volvemos estar dentro do proxecto VOZ NATURA. Este ano a coñecer, interactuar e coidar as praias e ríos. Nos en Redondela temos o río Alvedosa, a fervenza do Río Alvedosa, as marismas, a Praia de Cesantes… Así que imos aprender unha chea de cousas. BENVIDOS E FELIZ CURSO!!!