AS BOLBORETAS APARÉANSE

pequesreboreda

Xa nos naceron máis bolboretas e coma vimos en google os machos son moito máis activos que as femias e moven as ás con moitas ganas.
Os Cocoricos estiveron moi atentos e pudieron ver a dúas bolboretas xuntando os cús. Prestade atención hai vídeo, están tan emocionados que falan todos a o mesmo tempo pero se escoitades con calma veredes coma lle riñen a un segundo macho que tamén quere unirse a festa dos que xa están xuntos.

junio 10, 2013 | Leave a comment  

PLANTAMOS OS ÚLTIMOS TOMATES

pequesreboreda

Aínda tiñamos na clase os tomates cherry que prantamos fai uns meses. Tiñamos os que estaban castigados no escuro e os que prantamos e deixamos a luz do sol.
Xa estaban enormes e as follas comezaban a secar. Ademais, co peso, ían caendo para os lados.
Así que o venres os que remataron rápido o traballo de mesa foron a prantar a horta e fixéronno moi ben.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free slideshow design
junio 7, 2013 | Leave a comment  

OS NOSOS VERMES XA SON BOLBORETAS

pequesreboreda

Esta semana levamos unha gran sorpresa ao chegar ao cole. A nosa primeira bolboreta xa nacera. Aínda tiña as ás pegadiñas ao corpo e movíase moi lentamente pero aí estaba. A media maña fomos comprobar coma ían as nosas crisálidas e…

Mirade, mirade!!!

junio 4, 2013 | Leave a comment