XEADO COS AMORODOS DA NOSA HORTA

pequesreboreda

Levamos semanas collendo unha chea de amorodos na nosa horta. Quixemos facer unha receita con eles así que preparamos un xeado con amorodos moi especial. Non fixo falla ir a cociña porque non leva lume. A receita orixinal é coller o amorodo enteiro mollalo en iogur grego e metelo un par de horas no conxelador pero no cole fixemos unha versión do mesmo. Os xeados estaban boísimos.

mayo 31, 2013 | Leave a comment  

2ª SEMANA DA FROITA

pequesreboreda

A semana pasada na escola volveuse a celebrar a semana da froita, polo que cada día da semana os pequenos sapiens poideron degustar diferentes froitas desta tempada, como por exemplo: albaricoque, plátano, melón, sandía e mazá. Ao principio a algún costáballe un pouco probar froitas diferentes pero pouco a pouco, ao longo da semana, foron probando e saboreando os sabores refresacantes das froitas desta tempada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

OS COCORICOS TAMÉN COMERON MOI BEN A FROITA. AQUÍ OS TEDES.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow
mayo 30, 2013 | Leave a comment  

PREPARANDO AS EXPOSICIÓNS

pequesreboreda

O comité científico de VOZ NATURA comezou a acondicionar a sala de exposición. De momento queda moito por facer. Quedádevos con esta imaxe e xa miradedes que cambio o sabado.

sala

mayo 29, 2013 | Leave a comment  

COMO CHEGAR A FESTA DE VOZ NATURA

pequesreboreda

Aquí vos deixamos unha indicacións para as familias que ides a festa de VOZ NATURA pola vosa conta. Esperamos vervos a todos alí.

PLANO COMO LLEGAR AL PARQUE – FIESTA VOZ NATURA

plano

 

mayo 28, 2013 | Leave a comment  

FESTA VOZ NATURA

pequesreboreda

NO SEGUINTE ENLACE VOS DEIXAMOS O LISTADO DE TODAS AS ACTIVIDADES QUE PODEDES LEVAR A CABO NA FESTA DO PRÓXIMO SÁBADO.

http://www.voznatura.com/archivos/ACTIVIDADES%20FIESTA%20Voz%20Natura%202013%2023-5.pdf

 

mayo 28, 2013 | Leave a comment  

DA GUSTO VER O NOSO HORTO

pequesreboreda

Temos mais de vinte plantas arómaticas e medicinais: poexo, cicimbra, menta, hortelán, menta da ribeira, axedrea, orégao, nébeda, ruda, romeo, funcho, loureiro, herba Luisa, santa María, milenrama, xarxa, lavanda , tomiño, tomiño limón, cúrcuma, albahaca e ceboliño.

E tamén cultivamos: cabaciños, leitugas, tomates, tirabeques, espinacas, allos , cebolas e amorodos.

Ademais temos tres arbústos de baias: frambueseiro vermello, frambueseiro branco e baias de gogi.

Como todas as plantas teñen o rótulo cos nomes xa vamos aprendendo a indentificalas, pero o que mais nos gusta e poder cheiralas e apreciar por exemplo o parecido entre o poexo, cicimbra, menta , hortelán e menta da ribeira xa que todas pertencen a familía das mentas que teñen o aroma a chicle ou a albahaca que nos lembra a un plato de pasta.

Día a día as nosas plantas van medrando e xa empezamos o colleitar os primeiros amorodos e espinacas e esperamos que de aquí a final de curso podamos colleitar o resto dos cultivos.

Da gusto ver o noso horto !

 

CLICADE NA IMAXE PARA VER A ENTRADA COMPLETA

flores

 

mayo 27, 2013 | Leave a comment  

IMOS A FESTA DE VOZ NATURA

pequesreboreda

Xa falta pouco e estamos moi emocionados porque este ano imos participar por primeira vez na festa de voz natura. Levaremos o noso forno solar para sorprender a todos facendo un ovo co calor do sol. Aquí tedes o cartel da festa. Proximamente darémovos máis información.

Cartel Fiesta Voz Natura 2013

mayo 22, 2013 | Leave a comment  

PREPARANDO O ACUARIO

pequesreboreda

Xa fai un tempo que temos a Morritos con nós, un peixe beta que trouxo Arrieta e que coidamos con moito mimo grazas as sabios consellos de Montse.

Montse estamos a descubrir o fascinante mundo dos peixes e os acuarios e viunos tan entusiasmados que nos trouxonos todo o necesario para montarnos un acuario na aula. Este martes recibimos unha sesión teórica e práctica sobre como debemos preparar o recipiente e a auga e de este xeito ter todo listo para recibir a uns exemplares de guppys este venres.

Grazas Montse por todo o material que nos troxeches, polo teu tempo e por elexirnos para compartir con nós os teus amplos coñecementos.

mayo 15, 2013 | Leave a comment  

OS VERMES DE SEDA COMEZAN A METAMORFOSE

pequesreboreda

Esta semana foi moi intensa. Alba levou a fin de semana os vermes para casa e estaba preocupada porque os vermes non se movían e tiñan cores raras, ata parecía que algún quería escapar da caixa, que estaría pasando? O martes Martín estaba vendo os vermes cando descubriu, agachado nas follas de moreira algo amarelo. Fomos velo e sacámolo con moitísimo coidado…
A partires diso tivemos unha chea de sorpresa!!! Nos vos conto máis, mellor mirádeo!

http://vimeo.com/65768581

mayo 10, 2013 | Leave a comment  

SAÍDAS POLO NOSO ENTORNO

pequesreboreda

Estase a celebrar en Ventosela o curso Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio, organizado polo Centro Social a Miñoteira e coordinado pola cooperativa Trespés.

Este curso está destinado a persoas de calquer idade e consta de 16 sesións repartidas entre maio e outubro. O curso completo para os non socios ten un prezo de 30 euros, pero para as persoas que so lles interese participar nalgunha das saídas deberán pagar 3 euros por persoa e saída.

A vindeira saída é este domingo 12 de maio para percorrer a Senda da Auga, quedamos as dez da mañán no campo de fútbol de Reboreda.

A paisaxe e territorio a analizar é o val do río Maceiras onde poderemos observar e estudar tanto os elementos naturais:a xeomorfoloxía do terreo e a vexetación…. e os elementos introducidos polo ser humano destacando entre eles as liñas de ferrocarril construidas en tres séculos diferentes.

Persoalmente estou asistindo ao curso e podo dicir que é impresionante todo o que se pode aprender e sobretodo se adquiren ferramentas para poder mirar o noso entorno con ollos diferentes.

Animádevos a vir en familia!

Aprenderemos moito e pasarémolo estupendamente!

Para máis información podedes chamar ó Centro Social a Miñoteira
ao teléfono 986 404682.

Aquí vos deixo unha pequena mostra das dúas primeiras sesións.

ENTOSELO

mayo 8, 2013 | Leave a comment  

Next Page →