ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE

pequesreboreda

Este venres, celebramos xunto con todos os peques de escola o día da árbore. Estabamos moi nerviosos porque ibamos en autobús ata o antigo vertedoiro que agora vai ser un fermoso monte con todas as cerdeiras e outras árbores que alí plantamos. Despois achegámonos ao monte de Miñoteira para recibir os premios do 1º concurso de debuxos e lemas da Comunidade de montes. Todos os debuxos serán expostos polo monte da Miñoteira e pola senda da auga de Reboreda. E para finalizar festa rachada cunha rica merendola e logo xogos campestres entre todos.

Ahí vos deixamos algúns deses fermosos momentos dos sapiens.

Tamén vos deixamos coma o viviron os Cocoricos:

Click to play this Smilebox slideshow

Create your own slideshow - Powered by SmileboxThis free photo slideshow customized with Smilebox

E tamén o día do monte dos maiores. Clicade na imaxe para ir ao artigo do seu blog.

arbores

abril 29, 2013 | Leave a comment  

PREPARANDO O DÍA DO MONTE 3

pequesreboreda

As comunidades de Montes tiveron unha gran idea. Fixeron un concurso de debuxo entre os nen@s onde había que debuxar algunha cousa do monte cun lema de coidado do medio ambiente. Aínda que se van premiar os mellores debuxos, o premio é para todos porque todos os debuxos vanse colocar na Miñoteira, en Chan da Lagoa e na Senda da auga. Así vemos o monte os peques de catro anos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow personalized with Smilebox
abril 29, 2013 | Leave a comment  

PREPARANDO DÍA DO MONTE 2

pequesreboreda

A mascota da biblioteca, Margarida, tamén quere participar na festa do cole así que fíxonos unhas preguintas que temos que responder antes do venres. Animádevos e deixade as respostas no buzón da biblioteca.

TRR_1_~1

abril 25, 2013 | Leave a comment  

OS NOSOS AMORODOS ESTÁN ENFERMOS

pequesreboreda

Fai uns días que os amorodos que temos na aula están tristes e apagados. Algúns están secos e mustios e outros están comezando a secar. Ante tal situación tiñamos que tomar medidas. Aquí tedes a solución dos Cocoricos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox
abril 25, 2013 | Leave a comment  

PREPARANDO O DÍA O MONTE

pequesreboreda

O vindeiro día 26 imos ir a celebrar a festa do cole: O DÍA DO MONTE, que celebramos xunto coas comunidades de Montes de Reboreda e Ventosela. Nesta ocasión iremos ao monte da Miñoteira en Ventosela, pero antes imos ir prantar árbores a un antigo vertedoiro. Comezamos a quecer motores mandando a información a casa.

TRR2_1~1

abril 24, 2013 | Leave a comment  

QUE DURO É TRABALLAR NA HORTA

pequesreboreda

O venres chegáronnos novas sementes para a horta. Chegaron todas xuntas así que tivemos unha chea de traballo. Primeiro falamos do que iamos prantar, de coma o iamos facer e ata fomos a ver coma o fixeran os maiores para poder imitalos naquilo que nos gustase. Unha vez listo comezou o traballo. Agora a ver se hai sorte e os nosos cultivos saen adiante porque, coma nos gusta comprobar todo, temos prantados cultivos en invernadoiro e outras sen invernadoiro para ver cales medran antes. Xa vos iremos contando.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow design
abril 24, 2013 | Leave a comment  

O FORNO SOLAR

pequesreboreda

A principio da semana empezamos a experimentar coa enerxía solar montando un sinxelo invernadoiro con botellas de auga e un plástico. O sol para quenta a auga das botellas durante o día e logo vai soltando o calor lentamente para queo frío da noite non perxudique as nosas leitugas.
Nos queixemos ir mais lonxe e utilizar a enerxía solar para cociñar. Pédimoslle, outra vez, axuda a Belén que xa ten experiencia na utlización da cociña solar. Preparamos os materiais que íamos a precisar: dúas caixas de diferente tamaño, xornais, papel de aluminio, cola, cinta adhesiva, tesoiras e un cristal . Con vedes son todos materiales que podemos reutilizar e moi fáciles de conseguir.
Decidimos e íamos para comenzar facendo un, e logo de probalo, construir un segundo xa con un pouco máis de práctica
Belén veu e mostrounos un xa feito e explicounos como funciona.

Co seu asesoramento, púxemonos man a obra. Primeiro fixemos unha morea de bolas de papel de xornal que nos ían a servir de aillante. Cubrimos o fondo da caixa grande con bolas de papel, metemos a caixa pequena dentro da mais grande e cubrimos o oco que había entre as dúas coas bolas de papel. A continuación, cubrimos o interior da caixa pequena con papel de aluminio. Preparamos a tapa recortando tres lados dun rectángulo un pouco mais pequeno co cristal. Pegamos o cristal polo interior. O cartón vai a ser o noso panel solar, así que tamén o cubrimos con papel de aluminio. So nos faltaba meterlle dentro unha bandexa de cor negro.
Estabamos impacientes por probalo!
Así que este venres, probamos o noso e o que nos deixou Belén. A primeira hora da mañán, levamos os fornos para fora e cada certo tempo baixaba un de nos a comprobar a temperatura que marcaba o termómetro que metemos no interior. Ao principio a temperatura subía moi rápido, pero tamén nos xurdiron algunhas dificultades polo vento que había e en algún momento descendeu.
Ainda que polo vento que facía non era o día mais axeitado para probalos, metemos un ovo dentro de cada forno sobre as once e media. A unha, fomos a comprobar como estaba e…… Incrible os ovos estaban cocidos e cheiraban estupendamente. Como non tiñamos pan para acompañar non os probamos.

A próxima vez prepararemos algunha exquisita receta para comer!
Clicade na imaxe para ver as fotos.

forno

abril 22, 2013 | Leave a comment  

PRANTAMOS UNHA MOREIRA

pequesreboreda

Coma sabedes este trimestre andamos moi emocionados coidando os nosos vermes de seda. O maior problema que temos é darlles de comer porque so lles gusta a moreira, así que coma estamos participando no proxecto de VOZ NATURA ocorreusenos prantar unha moreira no cole para ter o alimento ben preto para o vindeiro ano. O director axudounos a facer o burato e traballamos en equipo cos nen@s de cuarto. Así foi a nosa xornada de traballo

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a photo slideshow
abril 20, 2013 | Leave a comment  

ASÍ EVOLUCIONA A HORTA DOS MAIORES

pequesreboreda

Temos anos preparamos unha nova horta no cole para os maiores e vai vento en popa. Os rapaces aproveitan o recreo para ir prantar e coidar as súas sementes. Pásano moi ben e aprender interactuando co medio. Mirade que ben o fan.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow design
abril 17, 2013 | Leave a comment  

FACEMOS COMPOSTAXE

pequesreboreda

En Reboreda temos duas horas e andamos moi entusiasmados coa compostaxe. Aquí vos deixamos un resumo de que se pode aproveitar e que non. Esperamos que vos sirva igual que a nos.

image

abril 16, 2013 | Leave a comment  

Next Page →