COELLIÑOS DE PASCUA RECICLADOS

pequesreboreda

A semana pasada estivemos moi pero que moi atarefadas preparando uns coelliños e uns Cocoricos de Pascua. Aproveitamos nesta ocasión vasos de plástico que usamos nas festas dos aniversarios e que gardamos para facer a actividade.
Fixemos uns coellos e uns pitiños que resultaron ser Cocorico e eu non me dera conta ata que mo dixeron eles. Coma parecianos pouco cousa tamén fixemos unhas xoaniñas e uns pitiños pequeniños aproveitando uns ovos de polispan. Tivemos que pintar, pegar, picar… Pero pasámolo xenial e o resultado foi estupendo. Aquí vos deixo un resumo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design customized with Smilebox
marzo 30, 2013 | Leave a comment  

ARTEMIAS SALINAS

pequesreboreda

Xa fai un tempo, estando de compras no Lidl atopei un kit para criar uns pequenos crústaceos chamados artemias salinas. Como xa sabedes do meu gusto por experimentar e llevar para clase cousas novedosas merqueino. Buscamos información sobre estes pequenos seres, con moita ilusión e seguindo fielmente as instruccións, preparamos na clase a mezcla de auga e o contido do sobre. Aos dous días xa tiñamos vida, uns seres diminutos movíanse constantemente dentro do tubo. Aos tres días cambiámolos ao recipiente máis grande que viña no kit,  previamente preparamolo con auga e sal. A partir de este punto comenzaron as dificultades, as nosas artemias non duraban máis de 5 ou 6 días.

Investigando que podía fallar probamos a cambiar o sal xa que nas instrucción indicaba que non podía ser iodada, pero a de cociña como poidemos comprobar tampouco xa que ten aditivos para que non se apelmace. Había que conseguir sal mariño puro e fomos por el. O outro problema era a comida, nos primeiros días alimentábanse do pienso que viña no preparado pero logo había que darlle de comer. Probamos con fariña, con levadura, con levadura de cervexa,  con comida para peixes pero non saían a diante. Eramos un expertos en mil formas de non criar artemias, ata que conseguimos nun super unhas cápsulas para consumo humano de alga espirulina e parece ser que lles gusta. Teñen sobre uns 25 días e están preciosas.
Outra das miñas aficións e liar a aquel ou aquela que se preste para vir a clase contarnos  cousas interesantes. Facendo garda de patio atopeime coa mamá que ver a cuidar o acuario que temos no cole e conteille o das nosas artemias e sin pensalo moito ofreceuse a vir a darnos uns cantos consellos. Non fixo falla que mo repetira dúas veces así que este mércores veu a darnos un lección maxistral sobre estes pequenos crústaceos. É toda unha experta en animais acuáticos, así esperamos volver a contar con ela en máis ocasións
Grazas Montse!  Foi xenial poder contar contigo!

marzo 27, 2013 | Leave a comment  

ORIENTACIÓNS PARA O NOSO HORTO

pequesreboreda

O curso pasado Belén, membro da Asociación Amigos da Terra, veu ao colexio a falarnos dos alimentos de temporada e quedamos abraiados polos seus coñecementos. Ela ten unha horta ecolóxica e é unha experta neste tipo de agricultura e así que nadie mellor ca ela para aconsellarnos como cultivar o noso horto. Este xoves veu visitarnos.

Fixemos exercicio de redacción sobre a súa visita e Arrieta foi a que mellor recolleu todo o que aprendemos.

Por la mañana vino Belén, ella sabe mucho sobre huertos y ya que nosotros tenemos uno le pedimos si nos podía dar algunos consejos. Empezamos por hablar de las plantas y semillas que tenemos y a continuación fuimos a nuestro huerto y se las enseñamos. Nos contó que más podíamos plantar y sembrar. Al final ya lo tenemos pensado y organizado porque nos explicó en que sitios podíamos situar las diferentes plantas y las que podemos poner juntas porque algunas son amigas y otras enemigas. Después nos habló de la tierra y el abono. Por último nos contó que ella no le echa ningún producto químico para abonar ni para matar las malas hierbas ya que según las hierbas que salen sabe que le falta y como es el suelo.
Aprendí mucho y esperamos que vuelva a contarnos muchas cosas más.
Cuando tengamos algún fruto de nuestro huerto estaremos encantandos en compartirlo con ella.

Arrieta

artemias 011

Grazas Belén!

 

marzo 27, 2013 | Leave a comment  

BOLBORETAS PRIMAVERAIS PARA AS PORTADAS DOS NOSOS TRABALLIÑOS

pequesreboreda

Coa chegada da primavera fixemos un cuadro coas nosas mans e outros pequenos elementos para dar forma a unhas fermosas bolboretas. Como quedaron tan chulos quixemos que foran as nosas portadas dos traballiños do 2º trimestre. Mirade que traballo tan laborioso pero tan ben feito…

marzo 25, 2013 | Leave a comment  

OS SAPIENS TAMÉN FAN XOANIÑAS DE PRIMAVERA

pequesreboreda

Nesta ocasión fixemos unha receita moi orixinal e moi sá, xoaniñas de pan tostado, queixo de untar, leituga, tomates cherry e unhas pinguiñas de vinagre caramelizado. Os peques fixeron moi ben as súas xoaniñas e a verdade deixáronnos moi sorprendidos co ben que comeron. Algúns ao principio dubidaron pero unha vez que probaron repetiron e repetiron. Noraboa a estes grandes cociñeiros!!!

marzo 24, 2013 | Leave a comment  

XOANIÑAS PRIMAVERAIS

pequesreboreda

Este mes a Cocorica Paula estivo de aniversario, xa ten 5 anos. MOITAS FELICIDADES!!!
Normalmente aproveitamos os aniversarios para facer receitas doces pero nesta ocasión quixemos facer algo salGado e aproveitando que estamos en época de semente e andamos cos tomates a voltas decidimos facer unhas xoaniñas moi especiais. Moitos cando chegaron non querían nin probar pero, pouco a pouco, foron picoteando e algúns ata repetiron unhas cantas veces. Estamos contentos porque alomenos conseguimos que moitos probaran alimentos novos e que comeran polo menos unha das verduras propostas. Mirade, mirade!!! Seguro que algunhas familias non van dar crédito co que van ver.

marzo 22, 2013 | Leave a comment  

OS NOSOS TOMATES MEDRAN

pequesreboreda

Lembrades que fai unhas semanas os Cocoricos prantamos tomates na aula? Pois xa medraron. Cada día os Cocoricos ian botar un ollo e, de súpeto, sorpresa!! Unhas preciosas prantas verdes asoman na terra. Estivemos falando do que pasaba e tamén revisamos o noso tomate castigado no escuro. Despois fomos a clase dos maiores porque eles tamén prantaron tomates e… Mellor vede todo o que pasou.

http://vimeo.com/62271446

marzo 20, 2013 | Leave a comment  

«O CARBALLO CON BOTAS» CON ANXO MOURE

pequesreboreda

A pasada semana tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure, o autor do conto “O carballo con botas”, quixo agasallar aos peques de Reboreda e aos nen@s do primeiro ciclo da escola cunha orixinal sesión de contacontos. Dende os primeiros instantes conectou fantasticamente cos peques, cunha maxia moi especial conseguíu que todos e todas cantaran con el, fixeran xestos e sons variados para animar a súa historia. Unha historia que fixo reflexionar a grandes e pequenos, na que Anxo Moure promovía coidar o medio ambiente con sabios consellos, como: evitar os incendios forestais, manter os bosques limpos de lixo, reciclar,…

Queredes ver que ben o pasaron os Sapiens e os Waters nesta divertida sesión de contos? Pois atentos, atentos que comeza o espectáculo…

marzo 17, 2013 | Leave a comment  

OS PEQUES PRANTAN AMORODOS

pequesreboreda

Estase achegando a primavera e con ela o tempo de sementar. Esta semana aproveitamos para prantar amorodos pero quixemos poñer en práctica distintas teorías. Non sabemos se fará demasiado frío para deixar os amorodos na horta, non sabemos se co invernadoiro medraran antes, non sabemos se na clase saíran amorodos… E con tantas dúbidas… que podiamos facer? Pois comprobalas todas, prantamos na clase, preparamos invernadoiros e prantámolas na horta. Sabemos que os maiores tamén prantamos na súa horta así que logo comprobaremos a quen lle saen antes os amorodos e cales son mellores. Mirade que ben traballaron os Cocoricos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a picture slideshow
marzo 16, 2013 | Leave a comment  

OS SAPIENS «A TODA MÁQUINA» POLO SALÓN DO LIBRO

pequesreboreda

O pequenos sapiens pasárono xenial nas súa segunda saída deste curso. Visitaron o famoso salón do libro de Pontevedra, que estaba adicado este ano ás máquinas, aos trebellos e aparellos peculiares de onte, de hoxe e do mañá.

Como chovía chegamos con tempo para merendar, e mentras esperabamos apareceu……. ORBIL, a mascota do salón. Quería saudarnos con moitos bicos e abrazos. Logo dentro do salón comezamos a soñar e a deixar voar a nosa imaxinación. Fixemos miles de preguntas ao noso monitor e fixemos razoamentos moi orixinais.

Moitas desas peculiares máquinas estaban feitas con moitos materiais de refugallo por nen@s doutros coles e así aprendemos a reciclar e a coidar con mimo o noso medio ambiente a través dos contos e da maxia que neles se agocha.

Agora deixámosvos un pequeno vídeo con moitos retazos deses momentos.

marzo 14, 2013 | Leave a comment  

Next Page →