TALLER DE COCIÑA: COOKIES DE CHOCOLATE
Este mes no taller de cociña dos Cocoricos fixemos Cookies de Chocolate. A idea orixinal era facer cupcakes pero vai quedar para máis adiante. Os Cocoricos estiveron moi atentos e tiveron que usar o vaso medidor e a barilla para facelas. A verdade é que nos quedaron riquísimas. Aquí tedes un resumo de como o fixemos.
COMEZAMOS A SEMENTAR
Esta semana aproveitamos para prantar tomates na aula. Primeiro tivemos que pensar que facía falla para prantar, onde tiñamos que prantar e como. Aproveitamos unhas botellas de auga de 5 litros baleiras coma sementeiros e, cunha delas, creamos un invernadoiro para a aula. Ademais, un dos alumnos dixo que podian medrar os tomates sen luz así que deixamos unha maceta a escuras a ver que acontece. Aquí tedes todo o proceso.
http://vimeo.com/59773001
ASÍ FOI A NOSA SEMANA DE ENTROIDO, DISFRACES E RECICLAXE
Esta foi unha semana moi intensa. Por unha banda tiñamos as ordes do meco, por outra rematamos os disfraces e punteamos detalles, fixemos talleres de maquillaxe, deseñamos e preparamos antifaces coas caixas de ovos que nos sobraron do nadal, comemos ourellas… E todo isto sen contar o día grande. Aquí vos deixamos un resumo de coma pasamos estes días na nosa clase. E bo entroído para todos, a ver se o tempo atmosférico nos deixa disfrutalos!
![]() |
![]() |
This slideshow design generated with Smilebox |
OBRADOIROS DE ENTROIDO COAS FAMILIAS DOS SAPIENS
Así como chegamos das vacacións do Nadal tivemos que poñernos a traballar arreo para dar vida e forma ao entroido. Nesta ocasión e dacordo co proxecto anual da escola: «O home, ese ser extraordinario», os peques da escola queren comezar a coñecer ao home dende as súas orixes despois de descubrir o seu corpo por fóra e por dentro. A prehistoria será o nosa nova viaxe educativa, polo que no entroido decidimos disfrazarnos de «Trogloditas».
Para poder levar a cabo a nosa meta necesitamos da gran axuda das familias e creamos diferentes obradoiros. Primeiro para preparar os materiais que necesitaremos para dar forma ao noso disfraz e logo xunto cos peques faremos os nosos traxes de trogloditas e complementos con materiais de refugallo, como: porespan, materiais aislantes da construcción, bolsas do lixo, aironfix,… Queredes ver como traballaron tod@s nestes obradoiros? Pois atentos, atentos que isto xa comeza…
http://vimeo.com/59333790
SEMANA DO MECO NA CLASE DOS SAPIENS
A semana do meco é unha das máis esperadas na escola de Reboreda. Os sapiens ao principio non entendían moi ben de que se trataba pero a medida que ían pasando os días estaban máis integrados nestas divertidas costumes da escola e pasaron moi ben esta semana de benvida ao entroido.
Cada día da semana tiñan que seguir as consignas do meco con aqueles materiais que tiñan na casa, non tiñan que mercar nada soamente deixar voar a súa imaxinación e darlle un toque persoal aos elementos de entroido pedidos polo meco con materiais de refugallo e cousas da casa. Mirade que guapos e que divertidos estiveron estes sapiens na súa primeira semana do meco!!!
https://vimeo.com/59309572
DIA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O pasado dous de febreiro foi o Día Mundial dos Humedais. Aquí vos deixamos unha guía dos humedais de Galicia feita polo CEIDA, moi útil e con moita información para usar dentro e fóra das aulas.
http://www.ceida.org/files/publicacions/guiarecursoshumedais2013.pdf