PREPARANDO O DÍA DA PAZ NA CLASE DOS SAPIENS
Levabamos toda a semana preparando cousas para o día da paz: Os nosos collares co símbolo da paz (con engrudo de papel de periódico e cola), uns aniversarios moi pacíficos (facendo o símbolo da paz con pan de molde, marmelada de amorodos e boliñas de chocolate), aprendendo a canción «Amiguiños todos», o mural da escola e así pouco a pouco foi chegando o esperado día e así o celebramos…
https://vimeo.com/58793156
LIM DO CORPO HUMANO
Dende que comezou o curso estivemos aprendendo unha chea de cousas do corpo. Aquí vos deixo un xogo que os Cocoricos xa fixemos un par de veces onde podemos repasar, aprender cousas novas e divertirnos co noso corpo. Esperamos que vos guste. Clicade na imaxe e a xogar.
A VISITA DE IÑAKI
O INCRIBLE CULTIVO DOS XACINTOS
Xa estamos de volta das vacacións e espérannosun trimestre con novas sorpresas moi divertidas. Unha delas foi cultivar xacintos pero non en terra senon en auga. Como non tíñamos xacinteiras, reciclamos botellas de plástico de auga ou refrescos. Preparámola cortándolle a parte de arriba e botándolle auga.
Cada equipo elaborou unhas preguntas sobre o que queríamos saber sobre os xacintos e buscamos a información en internet.
Os agasallos de reis
Os Cocoricos, na carta que fixemos na nosa clase para os Reis Magos, pedínrolle un esquelete e un libro do corpo. O primeiro día de clase despois das vacacións atopamos un agasallo grande debaixo da árbore. Era unha caixa que traia un esquelete para montar, un libriño do corpo e un cd.
O mércores puxémonos mans a obra e comezamos a montar o noso esquelete e a pintar os músculos. Aproveitamos a montaxe para lembrar de todo o que xa sabiamos. E, resulta, que sabemos unha chea de cousas. Mirade, mirade!
http://vimeo.com/57202237