FACEMOS GALLETAS DE NADAL
Os Cocoricos son peques difíciles de conquistar. Parece que non hai case nada que os emociome realmente. Esta semana propúxenlle facer galletas de Nadal e puxéronse contentísimos. Por primeira vez no curso vinnos realmente emocionados e con ganas. Así que despois de lavar as mans e cos rodillos preparados fomos facer as nosas galletas. Fixéronno xenial, moi organizados, limpos e con moito esmero. Quedaron deliciosas!!! Temos que darlle as grazas a Luisa e a profe Alejandra que nos axudaron moito.
A experiencia foi tan positiva que xa lles dixen aos nenos que a volta de vacacións imos facer un taller de cociña quincenal. A nosa próxima receita será pizza.
![]() |
![]() |
This free picture slideshow generated with Smilebox |
CHEGA O NADAL Á GRANXA DOS PEQUES DE REBOREDA
Coa chegada do Nadal os peques de Reboreda quixeron facer un belén moi particular, unha fermosa granxa, empregando ovos para facer as personaxes, diferentes materiais de refugallo (overas, caixas de cartón, botóns, telas, fíos, lá,…) e moitos materiais do contorno (piñas, pallas, coquiñas, pedras, paus,…).
Os sapiens e as súas familias deixaron voar a súa imaxinación e elaboraron unhas granxeiras e granxeiros moi orixinais. Ahí deixámosvos uns pequenos retazos desta granxa tan xenial. Noraboa familias!!!
FACEMOS RENOS COAS PARTES DO CORPO
Estamos aproveitando estes días para facer adornos de Nadal pero sen esquecer que o tema deste ano é o corpo, por iso, decidimos facer uns renos coas siluetas dos nosos pés e das nosas mans. A verdade é que quedaron preciosos.
![]() |
![]() |
Make a picture slideshow |
UNHA ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL DE REFUGALLO
Fai uns días a mamá de Diego mandounos un mail cunha foto dunha árbore moi especial. A semana pasada, aproveitando que se achega o nadal decidimos poñernos mans a obra. Puxemos a foto na pantalla e…
O vídeo está xenial porque os Cocoricos teñen que darlle moito a cabeza para lograr facer a árbore. A última parte ten peor calidade e letras polo medio porque acabouseme a batería e gravei co móvil, aínda así, mirade ben coma tentan buscar solucións aos problemas que se plantexan.