This entry was posted for pequesreboreda and is filed under . HABIITOS SAUDAVEIS
Neste curso tamén quixemos levar a cabo esta actividade consistente en elaborar por equipos o menú dos alimentos que se van a consumir a media mañá.
Cada equipo completa unha táboa con 5 alimentos de tipo enerxéticos, 5 construtivos e 5 reguladores. Esta é a parte máis complicada xa que hai poñerse de acordo e pactar os que inclúen e os que rexeitan. En algún equipo tiveron serias dificultades xa que había mención especial para os que incluiran peixe e verduras. A opción máis sinxela era o bocadillo de atún con leituga ou tomate pero dentro dos equipos a algúns membros non lles gustaba o tomate e a outros a leituga.Todo un problema! Ao final os tres equipos foron capaces de lograr un consenso.
Unha vez cuberta a táboa, os alimentos se distribuen ao longo da semana de xeito que en cada día haxa un de cada tipo.
Cabe dicir que todos conseguiron a mención especial e a maioría foi capaz de cumprir o menú ao longo de toda a semana.
Por primeira vez neste curso cociñamos. Coma sempre a elaboración dunha receita de cociña forma parte dun proxecto máis amplio no que se poñen de manifesto multitude de competencias. Nesta ocasión fomos o xoves a comprar os ingredientes ao supermercado Familia e alí aproveitamos para observar os diferentes tipos de alimentos segundo os seus nutrientes. Ademais, realizamos unhas probas por equipos sobre a compararación de prezos, localización de ofertas, variedades de froitas… Rematamos pedindo na charcutería o xamón e o queixo, collendo o resto dos ingredientes que precisabamos e pagando na caixa. Toda unha lección práctica para desenvolverse na vida.
O venres foi cando cociñamos e aquí vos deixo o proceso da elaboración da receita segundo os nenos e nenas.
No taller de cociña fixemos empanadas de xamón iork e queixo. Ao chegar a cociña fomos a lavar as mans e despois cada un de nos púxose no seu grupo.
Empezamos por poñer o follado e colocamos o queixo sobre a masa, logo xamón e outra vez queixo. Enriba puxemos outra capa de masa. A continuación pechamos os lados coas mans enrolando as puntas e pinchamos a empanada co garfo. Un grupo cascou un ovo, o batemos e pintamos con el a parte de arriba. Forneamos durante 40 minutos e despois de deixala arrefiar un pouco comémola.
O xoves pola mañá fomos de compras ao supermercado Familia.
No colexio primeiro estivemos organizándonos e falando do que íamos a facer. Polo camiño fomos cantando cancións. Foi divertido pero curto.
Cando chegamos fomos a ver os alimentos construtivos, reguladores e enérxéticos. Logo tivemos que facer unhas probas por equipos. Cando todos tíñamos as probas resoltas pedimos na charcutería o xamón e o queixo e collemos a masa de follado na neveira. Despois, os que levábamos o diñeiro pagamos as cousas e voltamos ao colexio.
Retomamos o tema do corpo que o tiñamos un pouco aparcado e lembramos para que servían os pulmóns. Fixen uns pulmóns con globos de prisa e correndo para que visen o funcionamento. A miña idea era quedar aí, pero encantoulles, así que cambiamos os plans da mañá e acabamos facendo pulmóns e traballando con eles gran parte da mañá.
O pasado domingo paseando polo parque vin unha chea de follas preciosas e comecei a collelas porque todas me encantaban. O luns vin con elas ao cole e propúxenlle aos nen@s facer corpos con follas usando as diferentes formas e tamaños e, coma sempre, dunha idea pequena os Cocoricos sacaron moi bo partido. Mirade que corpos máis fermosos fixeron.
Dentro do proxecto do corpo decidimos que ir de excursión ao parque dos sentidos en Marín para poder experimentar no medio natural as posibilidades que estes nos ofrecen.
Os Cocoricos portáronse fenomenal e aprendemos unha chea de cousas. Aquí vos deixo uns pequenos retazos de coma nos foi o día.
Coa chegada do San Martiño miles de magostos se celebran nas nosas vilas e escolas. No cole de Reboreda o pasado venres celebramos o noso magosto e para coller as castañas fixemos un creativos cestiños con platos de cartón, plastilina, témpera,… Tivemos que deixar as nosas huellas no plato coas cores do outono. Fixemos castañas con plastilina e bólas de papel de cor laranxa.
Agora imos deixarvos unha mostra do ben que traballan xa estes sapiens…
Durante o samaín, as familias dos sapiens estiveron moi liadas creando monstros terroríficos para decorar os corredores da escola cunhas elaboracións moi creativas. Empregaron todo tipo de materiais que atopaban pola casa, como: tapóns, teas, fabas, macarróns, botóns, papel de aluminio, fariña, lentellas, lá, follas de plantas,…
Son todos uns artistas!!!
Mirade que resultados tan terroríficos!!!
E se non credes que os meus pequenos sapiens fixeron todo isto mirade con atención…