pequesreboreda

Queredes disfrutar coa festa do SAMAIN? Pois na Alameda de Redondela temos festa dende as 5 da tarde con actividades para nenos e, ademáis, castañas, música e moito mais.

octubre 30, 2012 | Leave a comment  

Os esqueletes

pequesreboreda

Estes días xuntamos a celebración do samain co noso proxecto do corpo. Primeiro fixemos as pantasmas cos pés e agora fixemos o noso esquelete usando pasta italiana. Era moi difícil porque había que fixarse moi ben e poñer todos os ósos. E mirade que esqueletes tan fermosos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow created with Smilebox
octubre 30, 2012 | Leave a comment  

Moitos recursos para o SAMAIN

pequesreboreda

Vimos no blog de voz natura que andados compilando recursos de SAMAIN, unha amiga nosa que se chama Patrcia Peña creou este symballo cheo de recursos para sacarlle proveito nas nosas aulas.
Deixamos un enlace permanente na barra lateral.

octubre 29, 2012 | Leave a comment  

Mais SAMAIN

pequesreboreda

Coma estamos a traballar o corpo, este ano decidimos crear os nosos monstruos usando as partes do noso corpo. A primeira que usamos foron os pés. Fixemos a silueta dos nosos pés nunha cartoliña negra. E despois dun día secando, hoxe sacamos a nosa creatividade fóra e démoslle forma as esas siluetas convertíndoas en pantasmas terroríficas. Mirade que chulada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free slideshow design
octubre 29, 2012 | Leave a comment  

TALLERES SAMAIN

pequesreboreda

No cole celebramos os aniversarios e usamos pratos de plástico e bolsas para traer os ingredentes. Aproveitando a celebración do SAMAIN,ocorreusenos reciclar ese material e crear con el pantasmas
e morcegos. Xuntamonos cos maiores e… AQUÍ VOS DEIXAMOS OS PASOS A SEGUIR PARA FACER ESTA DECORACIÓN TAN TERRORÍFICA!

Os mais peques, OS SAPIENS tamen traballaron moito.

O pasado venres fixemos talleres interciclos cos amigos de 4º de primaria. Fixemos con materiais de refugallo morcegos, pantasmas, cabazas e ollos medoñentos moi… moi…. doces, xa que dentro duns días chegará o «Samaín».

Foi incrible ver como se organizaron para conseguir facer os seus bonecos de medo e que ben traballaban xuntos, peques e maiores.

Atentos, atentos que este vídeo non ten desperdicio…

octubre 29, 2012 | Leave a comment  

SEMANA DA FROITA NA CLASE DOS MÁIS PEQUES DA ESCOLA

pequesreboreda

Os máis peques da escola tamén saben comer moi ben as froitas. A algúns deles non lles gustaba moito comela porque estaba fría, tiña moi zume a mollaba as mans pero todos tentaron probala. Agora deixámosvos un pequeno resumo das nosas merendas coas froitas.

octubre 28, 2012 | Leave a comment  

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS: PERA E PLÁTANO

pequesreboreda

A semana de consumo de froitas rematou e foi un gran éxito. Conseguimos que nen@s que nunca comen froita se atrevesen a probala e, algúns ata disfrutaron moito con esta nova experiencia. O xoves comemos pera e o venres rematamos comendo plátano.

octubre 27, 2012 | Leave a comment  

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS: MAZÁ

pequesreboreda

Hoxe foi o día que mellor comemos a froita. Pelamos as mazás, a maioría quixeron que llas partira e a comer. Ata a profe que non lle gustan moito as mazás comeu a súa enteira.

Clicade na imaxe para ver a presentación.

octubre 24, 2012 | Leave a comment  

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS: MANDARINAS

pequesreboreda

Hoxe tocounos comer mandarina. Cheiraban de vicio aínda que había algunha un pouco agria. Aínda así todos probaron. A maioría comeu moi ben. Mirade que maiores.

octubre 23, 2012 | Leave a comment  

REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR

pequesreboreda

Buscando material para o tema deste ano atopamos esta canción tan marchosa e que recolle moi ben as ideas que imperaran este ano no noso proxeto. Deixámola de xeito permanente na barra da dereita para que a teñades ben presente.

octubre 22, 2012 | Leave a comment  

Next Page →