AMORODOS
Coa chegada da primaveira Os Cocoricos traballamos no horto do colexio, plantamos uns deliciosos amorodos. Xa tiñamos as plantas, pero había que preparar a terra, facendo uns buratos ben grandes para que collesen dentro. Unha vez rematado tiñamos que botarlle unha pouca auga para así conseguir que medrasen con moita enerxía. Á hora de facelo dividimos o traballo, uns facían os buratos, outros plantaban e outros regaban, conseguindo que todos colaborasen. Durante o proceso estivemos acompañados por unhas boas reporteiras, a cocorica Alba e a profe Aida, que non perderon detalle do asunto. Tamén nos acompañou Luisa, cantándonos fermosas cancións.
Pasadas unhas semanas e coa axuda do sol e a auga, puidemos comprobar como saían uns enormes e vermellos amorodos, ¡da gusto velos!
DÍA DA ÁRBORE NO COLE DE REBOREDA
Un ano máis no cole de Reboreda tivo lugar unha das celebracións más populares da escola «O día da árbore».
Este ano as comunidades de montes de Reboreda e Ventosela recomendáronnos ir a plantar as árbores preto do campo de fútbol de Reboreda. Alí os peques axudaron a plantar as árbores, merendaron e xogaron sen parar.
Ahí vos deixamos algúns recordos deses momentos.
OS NEN@S MAIORES TAMÉN O PASARON MOI BEN
PREMIADOS CUNHA MENCIÓN ESPECIAL NOS PREMIOS VOZ-NATURA
O noso blog de Voz Natura foi premiado cunha mención especial entre 214 blogs que participaban no proxecto deste curso. Estamos super-contentos!!!
SAIDA COA ASOCIACIÓN TRES PÉS
Temos na clase un compañeiro o que lle encanta facer fotos e nesta saída fixo un montón para que non se nos quedase atrás ningún detalle.
PREPARATIVOS E PRIMEIROS ENSAIOS DA NOSA GRAN OBRA TEATRAL
As familias dos exploradores quixeron darnos unha gran sorpresa cun divertido conto, chamado: “A galiña que quería voar”
Polo que nos pediron axuda para acompañalos nese día no seu gran debut artístico. Os exploradores estaban moi emocionados porque levaban días preparando as máscaras, a máquina para voar, as entradas para ir ver a obra teatral, invitar a todos os compañeiros do ciclo, profes,… Utilizaron diferentes recursos e materiais de refugallo e tentaron traballar de forma cooperativa na elaboración das entradas. Tamén durante varios días ensaiaron coas familias para que resultado final fose marabilloso.
Queredes ver todo o proceso de preparación??? Pois ahí vos deixamos un pequeno adianto.
FACENDO MÁSCARAS DE ANIMALES DA GRANXA CON MATERIAIS DE REFUGALLO
Os exploradores estiveron traballando arreo para preparar un pequeno conto coas familias. Como a historia desenvolvíase nunha granxa tivemos que preparar máscaras de galos, de porcos, de cabras e ovellas, de coellos, de cabalos e ata….. duns ratiños moi travesos. Para dar forma a estas divertidas máscaras tentamos utilizar diferentes materiales de refugallo, como: platos de usar e tirar, “hueveras”, cartóns do papel hixiénico, tapas, algodón, botóns,…
Mirade que bonitas quedaron ao final…
EXPERIMENTOS
CONTO DOS TRES PORQUIÑOS INSTRUMENTADO
A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares, para elo empregou todo tipo de materiais de refugallo que podemos atopar ao noso redor e que poden servir como uns verdadeiros instrumentos musicais polos sons que producen. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar.
Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Tratábase do conto: «Os tres porquiños». Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os porquiños, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo na cheminea. Pasámolo xenial!!!