APRENDEMOS COAS PRANTAS

pequesreboreda

Na nosa a aula temos unha morea de recursos que utilizamos para o estudo das partes e das funcións vitais das plantas. Coa rosa de Xericó comprobamos como reacciona en presencia de auga e como está adaptada ao medio, igual co xacinto de auga que ten as raíces e talos diseñados para poder vivir na auga. Os tulipáns floreceron a tempo para ver as partes da flor e tamén como o talo e a flor detectaban a presencia de luz. O apio sumerxido en auga con tinta serviunos para obsevar como as sustancias suben polo talo e chegan ata as follas….
Deixamos polo momento o estudo do tema das plantas mentras continuan medrando os tomates e mimosas sensitivas que sementamos e cuidamos con moito esmero xunto co resto de plantas.
Clicando aquí podedes ir ao blog do manantial onde tedes un vídeo ilustrativo.

marzo 28, 2012 | Leave a comment  

OS COCORICOS APRENDEMOS A RECICLAR COA CASIÑA DO TRASNO

pequesreboreda


Ao longo deste curso, Os Cocoricos, estivemos investigando cousiñas sobre os trasnos, uns fermosos seres máxicos e mitolóxicos que forman parte da nosa cultura e tradición. Co motivo de afondar na súa forma de vida, decidimos elaborar un casiña para o noso amigo O Trasno.
O feito de levar a cabo esta pequena produción valeunos para tratar máis á fondo a reciclaxe, xa que reutilizamos elementos que ían ir para o lixo, tales como os botes de iogur líquido ou os cartóns da froita.
Tal e como podedes observar, a casiña é un fermoso cogomelo que Os Cocoricos elaboraron con moita ilusión e agarimo. ¡Esperamos que vos guste!

marzo 24, 2012 | Leave a comment  

TRABALLOS DE PRIMAVERA NO NOSO PEQUENO HORTO

pequesreboreda

Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.

Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.

marzo 18, 2012 | Leave a comment  

MÓBILES DE MARGARIDAS

pequesreboreda

Este venres rematamos un móbil de margaridas que fíxemos recortando e pegando cartulinas de diferentes cores para adornar a nosa aula. Tratábase dunha actividade cooperativa onde cada grupo decidiu si cada un vai a facer unha flor ou si por o contrario cada membro do equipo ocupábase dunha tarefa distinta. Dous dos grupos decidiron repartir as diferentes tarefas: un marcaría na cartulina os círculos, outro marcaría os pétalos, outros dous recortarían e logo entre todos montarían as flores. No outro grupo cada membro tería que marcar, recortar e pegar as diferentes elementos para facer cada a súa flor. Ao final todos conseguiron as súas flores.

Este foi o estupendo resultado!

marzo 12, 2012 | Leave a comment  

QUE SABEMOS DAS PLANTAS

pequesreboreda

Os nenos de 3º están aprendendo moito. Podedes ir ao blog do manantial onde podedes ver o vídeos coas súas ideas previas sobre as plantas.

marzo 8, 2012 | Leave a comment  

RECOBRANDO A VIDA DA NOSA HORTA

pequesreboreda

ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO UN SEMILLERO DE PEMENTOS, PARA PODER TRASPLANTAR Á NOSA HORTA.
AS SEMENTES ERAN DUNS PEMENTOS CON FORMA DE CAMPÁ QUE VÍRAMOS O ANO PASADO NA AULA E DE PEMENTOS VERMELLOS GRANDES, POLO QUE TIÑAMOS UNHAS SEMENTES UN CHISCO MÁIS GRANDES QUE AS OUTRAS.
HOUBO QUEN QUIXO PROBALAS, E DECATOUSE DE QUE NON SE COMIAN, ESTABAN UN POUCO DURAS.

marzo 8, 2012 | Leave a comment  

XOGO DAS PLANTAS

pequesreboreda

Déixovos unha actividade que ten como protagonista unha das árbores do REAL JARDÍN BOTÁNICO de Madrid que vos irá ensinando as diferentes partes dunha planta e o seu funcionamento.

marzo 6, 2012 | Leave a comment