OS NOSOS TULIPÁNS

pequesreboreda
Este xoves cando voltamos ao colexio tíñamos unha sorpresa:florecéranos un tulipán. Démonos conta de que cando lle daba o sol a flor abríase e tamén podía virar e cando había sombra pechábase.
Temos outros bulbos e esperamos que dentro duns días tamén nos florezan.

Sabedes que:

  • Os tulipans xa se cultivaban en Turquía dende o ano 1.000 da nosa era.
  • A palabra tulipán significa ¨turbante del turco Turbend¨.
  • É sinxelo cultivar tulipáns, necesitan moi poucos cuidados.
  • Os seus bulbos florecen en primavera e deben ser plantados en outono.
  • Florece apróximadamente aos 120 días de ser plantados.
  • Necesita polo menos 4 horas de sol diarias.

Arrieta e Carmen

febrero 25, 2012 | Leave a comment  

VISÍTANOS UN VETERINARIO

pequesreboreda

Nesta semana chea de actividades tivemos a gran fortuna de poder contar coa visita do pai de Arrieta. Iñaki é veterinario e amablemente se prestou a vir a nosa aula e compartir con nós os seus coñecementos sobre os animais.
Quen mellor para contar o acontecido que a súa filla Arrieta.

Vino a clase con un microscopio, algunas muestras, una codorniz y un pez. Primero, nos explicó las cosas que hace un veterinario y nos contó cosas de perros y gatos. Luego nos enseñó las partes de una codorniz, algunos se marearon, y después vimos las del pez. Nos enseñó el corazón, los pulmones, el cerebro, la garganta y la cloaca. Tuvimos suerte porque el pez iba a tener hijos y los vimos con la lupa. Por último, vimos una pulga en el microscopio, una garrapata y sangre. Nos avisó del peligro de las garrapatas y nos habló de la responsabilidad que hay que tener con los animales. Les dimos unos regalitos para los compañeros y se acabó.
Me lo pasé muy bien y fue muy interesante.
Me gustó mucho que viniese mi padre.
Arrieta

E a nós tamén!

Grazas Iñaki pola túa visita!

febrero 24, 2012 | Leave a comment  

TRANSPLANTANDO AO NOSO PEQUENO HORTO

pequesreboreda

Fai unhas semanas os “Amigos da Terra” ensináronnos a plantar nun sementeiro moi particular. Fixemos as primeiras plantacións da tempada: leitugas, cebolas, fabas, chícharos,… Logo día a día coidámolas nas nosas aulas e como medraron tanto tivemos que transplantalas ao noso pequeno recunchiño hortícola.

Así pouquiño a pouco vai collendo forma o noso horto…

febrero 11, 2012 | Leave a comment  

TRANSPLANTANDO O NOSO SEMILLEIRO

pequesreboreda

DURANTE O MES DE DECEMBRO FIXEMOS UN SEMILLERO COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN AMBIENTAL “AMIGOS DA TERRA”, E COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AO SEU COIDADO AS NOSAS SEMENTES MEDRARON DÍA TRAS DÍA, ATA CHEGADO O PUNTO QUE O SEU VASIÑO DE IOGUR QUEDÁBALLE ESCASIÑO DE TODO. POLO QUE APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS ACOMPAÑABA, COLLEMOS AS PRANTAS DE FABAS E CHÍCHAROS XUNTO CON TÓDOLOS UTENSILIOS NECESARIOS E, POR PARELLAS, FOMOS TRANPLANTANDO TÓDALAS PRANTAS NA NOSA HORTA. DURANTE ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS E O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FORON AS RAICES, A SÚA COR, FORMA, TEXTURA, OLOR,… MIRADE COMO DISFRUTAMOS

febrero 3, 2012 | Leave a comment