ALMORZAMOS NO COLE

pequesreboreda

Dende fai unhas semanas, na aula de 3ºA están levando a cabo unha experiencia de aprendizaxe cooperativa moi interesante. Por equipos deseñan o menú para un almorzo saudável que despois toman no cole. Teñen que poñerse dacordo sobre o que van almorzar e que este almorzo sexa sa e nutritivo. Aquí tedes unha mostra, onde ademais, podedes ver a un equipo cooperativo traballando de xeito integrando. Clicade na imaxe e iredes a entrada do blog do manantial onde está o vídeo.

enero 31, 2012 | Leave a comment  

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

pequesreboreda

Achégase o día da Paz e a nosa amiga BELÉN JUNQUERA fixo esta actividade LIM onde podemos escoitar o conto e facer actividades despois de escoller o noso nivel. Ademáis de traballar a educación en valores, tamén en conta que traballa a educación ambiental. Espero que vos guste tanto coma a nós. Clicade e a xogar.

enero 27, 2012 | Leave a comment  

CONCURSO INTERNACIONAL DE PINTURA MEDIOAMBIENTAL

pequesreboreda

Dende VOZ NATURA chéganos esta proposta. Trátase dun concurso de debuxo onde poden participar nen@s de 6 a 14 anos. O tema é: COMUNIDADES VERDES e hai que debuxar cousas que nos gusten ou nos disgusten do noso entorno. Os debuxos poden ser con calquera técnica e o formato será DIN A4 ou DIN A3. O prazo remata o 15 de febreiro, así que animádevos e concursade. Tedes máis información neste enlace.

enero 27, 2012 | Leave a comment