POSTAL NAVIDEÑA

pequesreboreda

O programa VOZ NATURA comparte connosco esta preciosa postal.
Dende Reboreda tamén desexamos felices festas a tod@s os nosos seguidores e amigos.

¡Grazas por estar aí!
Os nosos mellores desexos dun marabilloso e próspero Ano Novo.
¡¡¡Felices Festas!!!
Equipo Voz Natura

diciembre 20, 2011 | Leave a comment  

TALLER DE COCIÑA DOS ALUMN@S DE 3º

pequesreboreda
Unha vez máis disfrutamos da preparación e degustación dun delicioso plato!

Está semana impartiuse ás aulas de 3º e 4º un obradoiro de alimentos de temporada, pero nos quixemos dar un paso máis e nos achegamos ao supermercado Familia para facer un percorrido polas diferentes seccións e así poder ver de cerca as froitas e verduras que alí se podían mercar.
Pero a visita ao supermercado tamén tiña outro obxectivo que era mercar os ingredientes para elaborar un plato con produtos típicos desta época do ano.
Dividimos a clase en tres equipos, cada un tiña a súa lista da compra e dispuña de 4 euros para gastar. Daba gusto ver o ben que o fixemos a hora de contar os cartos para pagar e coller as voltas!.
Xa na clase, comenzamos por lavar as mans e pelar as laranxas e cascar as noces. Despois de decidir como ía a ser a presentacióndo do noso plato, colocamos na bandexa os diferentes ingredientes de forma creativa.

O resultado, ademais de vistoso, foi moi sabroso e nutritivo!

diciembre 12, 2011 | Leave a comment  

SEMENTAMOS COA AXUDA DA ASOCIACIÓN «AMIGOS DA TERRA»

pequesreboreda

Este venres, tivemos unha visita moi especial dunha asociación de Reboreda chamada: “Amigos da terra”. Contáronnos un conto con dous titeres moi especiais, Manolón e Manolillo, dous tomates moi maduros.

Manolón e Manolillo explicáronnos a importancia de mercar tomates maduros e sempre na súa temporada. Tamén aproveitamos para sementar diferentes sementes, como: cebolas, leitugas, chícharos e fabas en botes de iogur, que coidaremos durante o inverno na clase para logo transplantar ao noso horto cando chegue a primavera.

Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos grazas a Belén, a nosa nova amiga de “Amigos da terra”

E así de ben o fixeron os «SÍNEFOS»

diciembre 10, 2011 | Leave a comment  

COUSAS DE OUTONO PARA A NOSA LIBRETA VIAXEIRA

pequesreboreda

Neste curso como os sínefos e os exploradores son TAN MAIORES, queren facer cousas como os nen@s de primaria, debido a que algúns deles teñen irmáns grandes e añoran facer todas as cousas que fan os maiores. Así que deseñamos un novo recurso para traballar de vez en cando coas nosas grandes familias.

Trátase dunha «LIBRETA VIAXEIRA». O seu nome xa o indica, é unha libreta que de cando en vez viaxa ás casas dos exploradores e dos sínefos para mardar recados, dar algún aviso e outras veces… para facer pequenos traballiños durante a fin de semana, así os papis e as mamis poden pasar un ratiño ao carón dos seus peques falando e coñecendo un pouco máis as cousiñas e segredos destes pícaros.

Como o mes de novembro é o mes máis importante do outono, polas festas do samaín e do magosto. Na libreta viaxeira quixemos convertir aos peques nuns expertos aventureiros e exploradores, saíndo ao bosque durante a fin de semana e buscando todo aquilo que representaba o outono. Primeiro debían recoller follas do outono de cores e formas diferentes e despois deberían transformar unha árbore… nunha árbore do outono, empregando para elo diferentes materiais do contorno ou materiais de refugallo.

Mirade que lindas e que marabillosas quedaron estas pequenas tarefas. Grazas familias por colaborar sempre tan ben en todas as actividades que vos propoñemos. Sodes xeniais!!! Que faríamos nós sen a vosa axuda???

diciembre 7, 2011 | Leave a comment  

OBRADOIRO DE ALIMENTOS DE TEMPADA

pequesreboreda
O colectivo AMIGOS DA TERRA veunos a impartir un obradoiro de ALIMENTOS DE TEMPORADA co fin de concienciarnos de consumir as froitas e verduras propias de cada época do ano.
Ata non hai moitos anos era impensable comer tomates e leitugas no inverno ou laranxas no verán. As persoas, sobretodo as que vivían no rural tiñan no seus eidos diferentes froiteras de xeito que sempre poideran dispoñer de froita para o seu autoconsumo. Nembargantes, hoxe en día nos supermercados podemos atopar calquera variedade de froitas e verduras en calquera estación. Como é esto posible? A resposta é sinxela, estos alimentos veñen doutros lugares, a maioría das veces afastados por varios centos e incluso miles de quilómetros. E esto que supón? Pois por unha banda que estes produtos teñen que ser recolleitados antes de completar a súa maduración e deben conservarse en cámaras especiais coa conseguinte perda de sabor e propiedades nutritivas. Por outra banda, o ter que traelos dende tan lonxe supón encarecer os produtos ao ter que engadirlle os gastos de transporte, pero sobre todo debemos ter en conta que, sexa o que sexa o medio de transporte que utilicen, este vai a contribuir a contaminar o medio ambiente.

Xa sabedes, a comer froitas e verduras de temporada!

diciembre 7, 2011 | Leave a comment  

OS SÍNEFOS E AS FROITAS DE OUTONO

pequesreboreda

DURANTE O MES DE SANTOS, NA AULA, OS SÍNEFOS ACTIVAMOS TÓDOLOS SENTIDOS PARA COÑECER UN POUQUÍÑO MÁIS POLO MIUDO AS FROITAS TÍPICAS DO OUTONO,EN ESPECIAL NOS FROITOS SECOS, E FIXEMOS EXCEPCIÓN COAS AMENDOAS QUE SE RECOLLEN NO VERÁN PERO CONSUMIMOS CON MÁIS FRECUENCIA NESTE MES DE NADAL.
TOCAMOS,CONTAMOS, HULIMOS, DEGUSTAMOS; HOUBO QUEN NON FOI CAPAZ DE PROBAR PERO RESPETAMOS A SÚA DECISIÓN, XA SE ENCARGARON ALGÚNS SÍNEFOS DE REPETIR PARA QUE NON SOBRASE NADIÑA DE NADA. AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

diciembre 7, 2011 | Leave a comment  

BUSCANDO FOLLAS DO OUTONO POLO CONTORNO

pequesreboreda

Na escola traballamos o paso das estacións e como podemos aprecialo a través dos cambios na paisaxe do noso contorno máis próximo. Por iso esta fin de semana tivemos que facer un divertido traballo de investigación para a nosa libreta viaxeira. Coa axuda das familias deberiamos saír a dar un paseo polo bosque e buscar follas de outono de cores e formas diferentes.

O luns cando os exploradores regresaron á escola viñan entusiasmados coas súas libretas viaxeiras cheas de recordos e de folliñas. Mirade que ben o pasaron con esta actividade e cantas cousas aprenderon e viron durante o seu outonal paseo.

diciembre 4, 2011 | Leave a comment