OS PEQUES DE REBOREDA TAMÉN RECICLAN

pequesreboreda

Dende os primeiros días na escola de Reboreda aprendemos a importancia que ten saber reciclar e separar o lixo para o coidado do medio ambiente. Así que na clase temos diferentes contedores, para orgánicos, plásticos e papeis. Para que esa lavor fose máis doada colocamos uns carteis dentro da aula explicando por cores e imaxes o que debemos deixar dentro de cada un deles. Tamén unha vez cheos os contedores da aula levámolos para baleirar nos colectores grandes da escola. E se algunha vez merendamos no patio tamén seguimos separando o lixo dun xeito correcto.

Eiquí deixamos unha pequena mostra de como coidan o medio ambiente os máis novos da escola.

noviembre 22, 2011 | Leave a comment  

TALLERES VOZ NATURA

pequesreboreda

Acabamos de recibir un correo convidándonos a participar nos talleres gratuitos que organiza voz natura con BRICOR. Aquí vos deixo a información das datas e lugares de celebración.

Tedes máis información na páxina de VOZ NATURA.

noviembre 18, 2011 | Leave a comment  

O MAGOSTO EN REBOREDA

pequesreboreda

O venres, 11 de novembro, día de San Martiño e como manda a tradición celebramos no cole o noso popular magosto, con ricas castañas asadas e xogos tradicionais ou adaptados para esta festividade.

Durante toda a semana traballamos sen descanso para preparar os nosos orixinais “cucuruchos” con materiais de refugallo, e ese mismo día o ANPA agasallóunos con ricas rosquillas e zumes/augas, logo saímos ao patio cuberto para xogar todos xuntos aos esquíos e demos rematada a festa cun “cucuruchiño” de castañas asadas.

Ahí vos deixamos uns recordos de como celebramos na escola estas tradicións tan galegas.

 

OS MAIORES TAMÉN O PASARON MOI BEN

noviembre 14, 2011 | Leave a comment  

IMOS DE SAFARI

pequesreboreda

Antón recibiu un e-mail cun montón de fotografías feitas durante as súas vacacións de verán en Santander, nun parque natural moi particular. Ahí deixámosvos uns retazos do que foi esa animada sesión de “falando en público”.

noviembre 3, 2011 | Leave a comment