GOTAS PARA NÍGER

pequesreboreda

Hoxe foi un día moi especial no noso cole porque celebramos un MERCADIÑO SOLIDARIO con libros doados por todos nós co fin de recaudar fondos para o proxecto de UNICEF ¨Gotas de agua para Níger¨. Antes da venda leuse este manifesto que queremos compartir con todos vos.

Estivemos todo un ano traballando coa auga pero a agua non aparece. está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. as noticías non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.

 

Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.

 

Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para Níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que, coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedindo auga para a vida.

 

Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

 

Os peques do cole tamén participaron no mercadillo e fixéronno xenial. Aquí tedes un par de vídeos co seu traballo.

octubre 23, 2011 | Leave a comment  

O BOSQUE ENCANTADO

pequesreboreda

Deixamos un libro-xogo que fixeron as profes de Pazos. Clicade na imaxe e a xogar.

octubre 18, 2011 | Leave a comment   Etiquetas:

AS NOSAS PRANTAS

pequesreboreda

Chegou o outono é e un momento propicio para transplantar as plantas que xa tiñamos na clase e tamén de plantar outras novas.
Comenzamos plantando uns vistosos ¨coleos¨ e ademais como Tatiana nos trouxo un aguacate, sacámoslle a pebida e introducímola en agua para que lle medren as raíces e o talo para logo transplantala.
Agora toca cuidalas e esperar a que medren e así ir observando os cambios que se van producindo que é do que trata o tema que estamos estudando en coñecememto do medio.

octubre 7, 2011 | Leave a comment  

INTERCAMBIO DE SEMENTES NO NOSO CONCELLO

pequesreboreda

Dende fai xa máis dunha década o noso cole colabora coas asociacións de Montes de Reboreda e Ventosela. O próximo sábado, esta última, ten organizado na Alameda de Redondela un intercambio de sementes. Aquí vos deixamos o programa con toda a información.

octubre 5, 2011 | Leave a comment  

COMEZAMOS A PRANTAR NA NOSA HORTA

pequesreboreda

Os exploradores este luns andiveron moi liados coa nosa pequena horta, xa que durante o verán e as vacacións medraron moitísimo as herbas malas e agora nos tocaba preparala para a chegada do outono.

Quitamos as herbas secas, regamos, plantamos coles galegas típicas desta tempada, e ata poidemos recoller algúns dos froitos plantados na primavera, como por expemplo as fabas que recollemos grazas a Lucía C.C. e a súa familia, xa que o curso pasado regaláronnos unha chea de sementes.

Mirade que ben o pasan no horto estes pequenos pero grandes labregos.

octubre 2, 2011 | Leave a comment