PEQUESREBOREDA ÚNESE A FAMILIA VOZ NATURA

pequesreboreda

Este é o primeiro ano que imos formar parte do proxecto de Voz Natura e comezamos con moita ilusión e ganas.

Estes primeiros días, despois da incorporación paulatina do alumnado de tres anos, os mestres puxémonos as pilas e comezamos a nosa andanza poñendo a punto a horta escolar. O alumnado que vai participar no proxecto vai ser o de Educación Infantil: OS COCORICOS (3 ANOS), OS WATERS (4 ANOS), OS SÍNEFOS (5 ANOS B), OS EXPLORADORES (5 ANOS A) E OS ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA.

Antes, os mestres afanados cos apeiros de traballo tiveron que darlle unha boa remexida a horta que estaba feita unha selva despois de quedar sen coidados durante o verán.

septiembre 29, 2011 | Leave a comment