CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO
Temos na clase un compañeiro o que lle encanta facer fotos e nesta saída fixo un montón para que non se nos quedase atrás ningún detalle.
As familias dos exploradores quixeron darnos unha gran sorpresa cun divertido conto, chamado: “A galiña que quería voar”
Polo que nos pediron axuda para acompañalos nese día no seu gran debut artístico. Os exploradores estaban moi emocionados porque levaban días preparando as máscaras, a máquina para voar, as entradas para ir ver a obra teatral, invitar a todos os compañeiros do ciclo, profes,… Utilizaron diferentes recursos e materiais de refugallo e tentaron traballar de forma cooperativa na elaboración das entradas. Tamén durante varios días ensaiaron coas familias para que resultado final fose marabilloso.
Queredes ver todo o proceso de preparación??? Pois ahí vos deixamos un pequeno adianto.
Os exploradores estiveron traballando arreo para preparar un pequeno conto coas familias. Como a historia desenvolvíase nunha granxa tivemos que preparar máscaras de galos, de porcos, de cabras e ovellas, de coellos, de cabalos e ata….. duns ratiños moi travesos. Para dar forma a estas divertidas máscaras tentamos utilizar diferentes materiales de refugallo, como: platos de usar e tirar, “hueveras”, cartóns do papel hixiénico, tapas, algodón, botóns,…
Mirade que bonitas quedaron ao final…
A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares, para elo empregou todo tipo de materiais de refugallo que podemos atopar ao noso redor e que poden servir como uns verdadeiros instrumentos musicais polos sons que producen. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar.
Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Tratábase do conto: “Os tres porquiños”. Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os porquiños, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo na cheminea. Pasámolo xenial!!!
Cada día o horto dos peques estase a encher con novas plantacións. Nesta ocasión plantamos amorodos porque así dentro dalgunhas semanas, e se o tempo o permite, poderemos degustalos antes de que remate o curso.
Esta soe ser a plantación que máis lles gusta aos peques porque rapidamente poden comprobar e probar as ricas e deliciosas froitas da súa horta que con tanto mimo coidaron durante semanas.
Agora deixámosvos un pequeno vídeo cun novo grupo dos exploradores cos amorodos e dando algúns retoques ao horto para que todo medre moitísimo.
Na nosa a aula temos unha morea de recursos que utilizamos para o estudo das partes e das funcións vitais das plantas. Coa rosa de Xericó comprobamos como reacciona en presencia de auga e como está adaptada ao medio, igual co xacinto de auga que ten as raíces e talos diseñados para poder vivir na auga. Os tulipáns floreceron a tempo para ver as partes da flor e tamén como o talo e a flor detectaban a presencia de luz. O apio sumerxido en auga con tinta serviunos para obsevar como as sustancias suben polo talo e chegan ata as follas….
Deixamos polo momento o estudo do tema das plantas mentras continuan medrando os tomates e mimosas sensitivas que sementamos e cuidamos con moito esmero xunto co resto de plantas.
Clicando aquí podedes ir ao blog do manantial onde tedes un vídeo ilustrativo.
Ao longo deste curso, Os Cocoricos, estivemos investigando cousiñas sobre os trasnos, uns fermosos seres máxicos e mitolóxicos que forman parte da nosa cultura e tradición. Co motivo de afondar na súa forma de vida, decidimos elaborar un casiña para o noso amigo O Trasno.
O feito de levar a cabo esta pequena produción valeunos para tratar máis á fondo a reciclaxe, xa que reutilizamos elementos que ían ir para o lixo, tales como os botes de iogur líquido ou os cartóns da froita.
Tal e como podedes observar, a casiña é un fermoso cogomelo que Os Cocoricos elaboraron con moita ilusión e agarimo. ¡Esperamos que vos guste!
Pouco a pouco vai chegando a primavera e comezamos coas primeiras plantacións. Xa facía unhas semanas que transplantamos os chícharos e xudías que plantamos na aula, a verdade é que prenderon moi ben pero aínda así….. algúns secaron e tivemos que voltar a plantar algúns novos. Tamén aproveitamos para plantar cebolas, xirasois e ata dentro do invernadoiro colocamos algunhas leitugas nun pequeno sementeiro.
Os peques están encantados co traballo do horto e xa parecen todos uns expertos agricultores, da gusto velos coas pás, as sachas, as regadeiras,… Este vídeo é un bo reflexo do traballo destes peques nunha actividade tan motivadora e significativa para tod@s.
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.