Excursión á praia

abraham

O día 26/9/14 o noso colexio dentro do programa de Voz Natura organizou unha saída á praia para recoller o lixo. Os cursos elixidos fomos 5º e 6º de E.P.

Saímos ás 9:30 da mañá e mentras baixábamos a costa facíamos grupos de dous.

Ao chegar ao cruceiro mentres nós, polo cansancio nos sentabamos, os profesores falaban cun policía que máis adiante collería as bolsas cun tractor.

Fixemos oito grupos de catro persoas cada un, eu estaba nun grupo formado por: Luis, Alex e Miguel;  déronnos as bolsas e os guantes e puxémonos a recoller o lixo.

Comezamos a andar ata a praia, e cando chegamos alí tiña un aspecto horrible. Debido ós temporais que azotaron a costa a semana anterior, o mar trouxo moito lixo, e encontrámonos de todo, dende un envase de maionesa chinesa ata a coroa da ofrenda do día do Carme. Vendo aquel panorama fomos conscientes de que todo o que tiramos o mar vai volver a nós dun xeito ou doutro e ademáis perxudicando gravemente o ecosistema, xa que tamén atopamos tres esqueletos de gaivota uns moi preto doutros o que era un pouco espeluznante.

Cando chegamos ás rochas sacamos a merenda da mochila para recuperar as forzas. Enrique, Yosune e eu fomos a un banco onde non daba o sol mentres víamos o tractor recollendo as bolsas de basura que eran tantas que nin tempo nos dou a contalas.

Cando iamos marchar miramos o reloxo, era tarde entón en vez de recoller máis lixo na volta, fomos directos para o colexio.

Cando chegamos ó colexio xa estaban todos os pais e nais esperándonos, contámoslles a experiencia para que tamén fosen partícipes de todo o que aprendemos aquel día e se concienciaran do dano que provocamos ca nosa irresponsabilidade.

LIMPIEZA-PLAYA-12[1]   LIMPIEZA-PLAYA-14[1]

Sergio 6º E.P.

 

 

 

noviembre 26, 2014 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario