A pesca de Galicia.

marafinis

A actividade pesqueira constitúe  un sector fundamental da economía de Galicia, polos numerosos postos de traballo que xera e pola repercusión  do desenvolvemento de industrias como a conserveira, a de productos conxelados e a construcción naval.

A pesca pódese distinguir entre:

-Pesca de altura: dedícase a captura de bacallau, atún (esta especie non é moi recomendable tomala de maneira abusiva, porque ten una gran cantidade de mercurio, xa que estre animal aliméntase do fitoplactón que se encontrá na área donde están os residuos industriais.), crustáceos… Esta pesca dase en lugares moi afastados.

-Pesca de baixura: realízase en zonas do océano Atlántico e do mar Cantábrico, próximas a costa. Adoitase pescar sardiñas, xurelos, congros…

-O marisqueo: pra´tícase nas rías durante a marea baia. Algúns productos son os percebes, nécoras, centolas, ameixas e ostras.

-Cultivos mariños: de moloscos, crustáceos e peixe abastecen durante todo o ano a demanda do mercado.

A pesca ten moitas maneiras de realizarse pero tamén causa algún problemas. En Galicia hai una importante tradición pesqueira ademáis de que ten un relevo pesqueiro apropiado para a existencia de peiraos.

No entanto, o sector pesqueiro presenta problemas como a sobreexplotaíón dos caladoiros e a diminución de pesca neles. Por esta razón e por indicacións da UE, foi necesario reducir o numero de buques. Tamén por acordos internacionais se impuxeron as cotas de capturas e os paros biolóxicos para converter a pesca nunha actividade sustentable.

Como alternativa á pesca estendeuse a acuicultura en Galicia, onde se produce máis do 80% da acuicultura española, dedicada especialmente ao cultivo do mexillón, seguido a gran distanciado rodaballo e das ameixas.

mayo 14, 2014 | Leave a comment  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

Deja un comentario